Pois sí, case case. O asaltacunas ten a tiro o que sería o seu septimo titulo de liga. Un só punto separa os do duque de levantar de novo unha copa que se lle estabas resistindo dende fai catro tempadas.
Os de mou cumpriron nos seus dous partidos (así coma no kopa do polo onde tamen estan na final) mentres que o rif pinchou no partido máis inesperado, contra o colista e donante Torpedo. Este partido tivo coma espectador de luxo, no propio campo, o entrenador portugués. Sufríu no primeiro tempo, xa que, pese a que o equipo do Pobo levaba a iniciativa e non estaba a sufrir en defensa, non materializaba o seu dominio no marcador e chegouse cun 0-0 o descanso. Seguía a ser un bo resultado para o equipo madrileño, pero Mou non se fiaba. O Rif ten unha pegada descomunal e, coma todos sabemos, lle basta un toque de inspiración dos Romario, Villa, Pato ou Fábregas, por citar algúns, para solucionar un partido atrancado. Máis se cabe contra unha das defensas máis vulnerables da liga.
Pero en torno o minuto sesenta chegou a extase. Unha gran internada de Filipe pola esquerda acabou nun preciso centro que Bican, o de dezaoito rublos, rematou con clase o fondo da rede de Casillas. Mou explotou. Nun xesto pouco elegante correu por toda a banda e tirouse de rodillas o céspede levantando os brazos, o ladiño mesmo do banquillo rifeño. Nunca celebrara un gol dos seus con tanta paixón. Ante a mirada medio atónita medio de desprezo por parte do banquillo chaoui, Mou foi feliz.
O resto do partido foi máis tranquilo para o entrenador luso. Incluso se o Rif empataba era un moi bo resultado. A felicidade sería xa completa cando a cinco minutos do final, nunha contra perfectamente levada polo Torpedo (sí, unha contra, leedes ben), o equipo do pobo puxo o 2-0 final no marcador. Unha derrota final tan xusta coma inesperada que deixaba o equipo de Chaoui moi lonxe do ansiado título.
Sen embargo Mou, non quedou contento con iso. O seguinte partido do asalta era contra o incomparecerte Pollo. Rápidamente o señor Selassie solicitou levar as rendas do equipo presidencial. Ahí levantouse o entrenador luso, firme, negando esa posibilidade. O argumento do rif tiña lóxica, os dous equipos lle quedaba xogar contra o polo e o entrenador rifeño mostrou a sua intención de que ambos partidos fosen un novo duelo directo co entrenador luso. Nembargantes Mou tirou de reglamento. Ese reglamento que usa cando, donde e da maneira que lle convén para puntualizar unha clausula escrita nunha esquina do reglamento. “O Pollo gárdase o dereito de xogar os partidos que sexan rúblicos el mesmo, sempre que haxa posibilidade de xogar outros partidos e cumplir a norma do 70%”. E o Rif – Pollo e un duelo rúblico, cousa que o Asalta Pollo non. O entrenador luso argumentou a tremenda inxustiza que supoñía que o seu partido o dirixise o seu principal rival cousa que el non podería facer. O comité técnico deulle a razón o entrenador madrileño. O partido o xogou o entrenador de Monte Alto. Mou gañara novamente o prepartido e logo, iso si con moito sufrimento, tamen gañou o partido.
Como resumo, nove puntos de ventaxa a falta de nove por xogar. O rif só lle queda apelar a unha victoria suma e a unha derrota suma do Asalta. Un puntiño será suficiente para que se demostre, unha vez máis, que as segundas tempadas de Mou sempre son as mellares.
5 comentarios:
Pois parabéns polo temporadón.
Non me parece grave, nin nada, pero eu non acabo de saber por qué non pode xogar o Rif co Pollo. Para iso somos todos iguais e o partido debería xogalo aquel a quen lle cadre, sexa quen sexa, como os do River.
Pero vaia, que o digo para outra vez e é só a miña opinión. Insisto nos parabéns, vaia máquina de facer puntos e qué elegancia e deportividade.
Por certo, o Torpedo parece empeñado en estragar o interese da LPU tempada tras tempada.
cando fixemos o cuadro da xornada, para k todos xogasemos o mesmo numero de partidos, repartimos os partidos do polo e do river, e cadrou k ese o xogara o mag. Esta este de testemuña.
O do berrinche foi mais cousa de mou, xa sabedes como e
Ademais amenazou ox presentes co seu dedo asesino, e claro, todo deus calou.
Pois daquela é lóxico.
E eses resultados, qué?
levou a folla o rif.
Publicar un comentario