(Redacción)
Igor Tudor, o adestrador de Der Torpeden, o filoxermánico equipo 'b' do equipo 'a', arremeteu en rolda de prensa contra os seus xogadores polos recentes resultados nos torneos de pitufos.
'Dan noxo!' - comezou - 'Subíronse á póla. Non sei quen se pensan que son por xogares un encontro oficial da WIFA. Teño ben clariño quen son os culpables. Aí van os seus nomes e o que opino deles:
- Lukovic: Este desgraciado tomounos por parvos. Semellaba ter boas condicións para o fútbol, mais é un fodido túnel. Temos un lateral esquerdo que é un túnel, señores. Os rivais escachan coa risa cando o encaran. Vaia unha vergonza. Ese non volver vestir as cores do noso clube.
- Pellisier: Está na póla. Cos rumores de que ía subir ó primeiro equipo e tal e agora non da unha. O seu rendemento só se pode cualificar de miserable. Que espabile ou poño a Torghelle no seu lugar.
- Scholl: Clásico alemán? Á merda. De que vai?. En teoría sabe pasar e moitas cousas máis. E no campo aínda andamos a agardar por el. Ten un pé e medio fóra.
- Bystrov: Xenial coma suplente na tempada anterior. Doulle confianza, póñoo de titular e decide ir durmir. Dígolle o mesmo que a Pellisiser.
- Fran: Non sabe centrar. Dame igual o que faga nos adestramentos, nos encontros non sabe. E xa pode ir aprendendo. Iso si, o rapaz raseando o balón é un artista. Ata que lle dea a un pau(Crouch) a cincuenta metros que non me volva falar. Ou agora só sabe xogar ó Indoor ese?
- Pranjic: Outro ó que se lle deu por durmir. Ollo que co fas.
- Subasic: Non xogou ningún encontro, mais menudo truño de porteiro.
- Igor Tudor: Arrepiante. Xogas co Asalta e o Rif e te 'sorprenden' á contra? Pero ti a que andas, ás noces? Que clase de tácticas usas. Que pasa, non es quen de atopar solucións cando hai algún problema?
Mais tamén hai algúns que a pesares dalgún erro puntual, seguen a bo nivel:
- Robert Kovac e Galasek: Moi ben os dous. Un erro puntual non tapa os excelentes encontros que xogan dende hau moito tempo.
- Pletikosa: Este segue tan seguro coma o anterior. Nos goles que lle marcaron non puido facer nada.
- Crouch: O que lle chegou en condicións o chuzou. Ben, rapaz.
- Reuter: Un coloso. Que animal.
Logo hai outros andan moi preto dunha listaxe ou da outra, coma Schneider ou Ivanovic.
Que saiban todos que aquí non andamos con parvadas. Non penso ter piedade dos que non se poñan as pilas.'
Acto seguido, e sen admitir preguntas dos xornalistas, marchou e comezou a bater nunha porta, mancándose o nocello e tendo que ser atendido polos servizos médicos do clube.
3 comentarios:
os meus grandes coñecementos tácticos e técnicos sobre este xogo, unidos ao meu elevado salario e ao meu fabuloso dominio da lingua, como corresponde á miña profesión, danme para emitir o seguinte veredicto: menudo tarugo!
Cos últimos movements do mercado, que se os cabróns do A levan a Evra, que se nos mandan a Zyryanov, que se temos algo máis de pasta, que se Yeste queda libre, isto é o que decidín para este ano:
Del Horno por Evra
Zyryanov por Pjanic
Yeste por Jovetic
Así:
Plantel durrutinho:
Porteiros:
Akinfeev (6)
Iraizoz (1)
Defensas:
Chygrynsky (7)
Toraman (4)
Rusol (2)
Ocio (2)
Fletcher (5)
del Horno (3)
Medios:
Gilberto Silva (7)
Tymoschyuk (5)
Semak (5)
Yeste (5)
Zyryanov (4)
Aliiev (4)
Bilyaletdinov (3)
Dianteiros:
Nihat (4)
Aduriz (6)
Llorente (3)
haber un que tarda pero ala ahi van:
dani alves:2 goles
eusebio:2 goles , 1 pase
miccoli:1 gol , 1 pase
tigana:1 gol
zlatan:5 goles , 2 pases
kopa do pollo:
elano:1 gol
Publicar un comentario