martes, 4 de maio de 2010

Ballack publica o seu novo libro 'Equipo non teño'

(Redacción)

O fútbol tamén é cultura, ou que pensan. E xa que sacamos o tema, Ballack non fica sen facer nada. Eiquí temos o seu novo libro de poesía: 'Equipo non teño', publicado coma sempre pola Editorial Estatal. O seu distanciamento da LPU é tan fondo coma a súa tristura. Non o esquezan cando vaian recoller as súas racións. Aquí teñen unhas liñas de adianto:

'Equipo non teño
Ninguén me quere fichar
E aínda que lle poño empeño
Penso que xa non sei nin chutar'

'Polo Torpedo pasei
Botáronme á lameira
Polo Asalta pasei
Botáronme á lameira
Que hei de facer
para que me deixen xogar na eira?'

'Un can voando no ceo
segundo o modelo de Ptolomeo
Vai cara adiante e vai cara atrás...
non será un paspallás?'

3 comentarios:

cultureta-gafa-pasta dixo...

vou correndo à FNAC...

Os versos prohibidos de Ballack dixo...

Equipo non teño
que máis quixera
eu lle poño empeño
mais vou pra nevera

Equipo non teño
botáronme fora
fichademe cedo
senón volto tola

Equipo non teño
tampouco o quixera
adico o meu tempo
á grande loita obrera

tampouco dixo...

están ben os versos prohibidos, pero o mellor é a última estrofa do publicado no Xornal. Até aí pensei que o seu xenio morrera. Algo de dano tivo que lle facer o seu silencioso paso polo Asalta.

huélcom bac, máiquel