domingo, 23 de maio de 2010

Enquisa: como se autoinmolará o Torpedo?

Tras un interesante primeiro tramo da LPU15, o Torpedo rolda os postos de cabeza novamente, por fin, e semella que todo apunta a unha tempada exitosa e mesmo, de conservar a solidez e o sentidiño, poderiamos falar dunha 2ª LPU -con permiso de Rif e Pollo- para os nosos, o que transformaría ao clube nun grande de pleno dereito ao ubicalo 3º no palmarés. Amauri, ademais, fichado por cuestións meramente deportivas a mediados da T14, está a ser chave na grande tempada do equipo do Pobo e acumula un gol por partido (8/8) no torneo ligueiro. Por se todo isto fose pouco, o clube arrasa no eido económico, situado nun +5 de escasos precedentes na súa historia.

Así que a pregunta para os nosos lectores ante a proximidade do minidraft está clara: como a cagará o Torpedo? Poden votar na enquisa á marxe dereita do xornal. Si, voltan as enquisas.

5 comentarios:

getxo dixo...

e)

h dixo...

tambén tenho outro inquérito.

quantos rublos vai pagar o Pollo por nom passar os dados ao secretário a tempo?

a- de 20 a 30 rublos

b- mais

getxo dixo...

Estívenlle dando voltas á enquisa de h e vou responder que "a", pero sen telas todas comigo.

getxo dixo...

Sospeito que o silencio de Rapajk a respecto da enquisa débese a que considera que todas as opcións son boas e a que pensa permitir que decidamos por el.

Comandante dixo...

Que volte Puskas¡
Quen cona é o Amauri ese? Os nosos precisan dun home con carisma....que mova masas....(a primeira a súa, que chegou a estar ben grandiño) e o de que marque....iso no fondo non é tan importante. Mentres estea o Polako.....non vai haber problema.

Por outra banda, en canto ao tema do Pollo.....eu penso que sodes un pouco esaxerados......entre 20 e 30 rublos......non ha de ser pra tanto ho¡
O que vai pasar é que o Presi vai perder sobre 4 ou 5 rublos por esa razón, mais como é o Presi e fai o que lle peta, pois derogará a norma en cuestión, ou emitirá un Decreto Lei con efecto retroactivo para os equipos con carisma e un dianteiro nado en algún país do Norte e con nome cuase impronunciabel e listo.....
Ou simplesmente fará CUA...a e calar a boca todo dios.