martes, 25 de maio de 2010

Amauri: 'Teño medo'

(Redacción)

Os rumores que falan da 'retirada' do xogador italo/brasileiro téñeno nun estado emocional inestable, e puidera ser que el mesmo decidira, por propia vontade, por suposto, abandonar o clube. Decidimos achegarnos ó Estadio do Pobo para falares con el tras o adestramento.

- Boas tardes, Amauri, como o leva?
- Moi mal. O rematar a tempada anterior Kenny (Dalglish) desapareceu de súpeto. Dixéronme que marchara a outro clube. Naquel intre pareceume algo normal, mais case está rematada a primeira volta e non o vexo por ningures. Penso que lle aconteceu algo terrible. E agora falan de min.

- Pero está anotando moito, vai a gol por partido...
- Kenny tamén anotaba moitos goles. E agora desapareceu.

- Acougue, oh. Pense que...
- Non, non. Denis Law, Vladic, Puskas, Pelé... a lista é interminable. Onde están? Ninguén se decatou disto? Se xogadores coma eles desapareceron, que farán comigo??

- Déixeme falar. O primeiro, estes rumores son só intoxicación capitalista, polo que sabemos. O segundo, que non estean no clube non quere dicir nada, só iso.
- Si? Pois escoite o que lle digo! Quero ver a Pelé!! Se está vivo que apareza!!

- Non marche, oh, se...Ala aí vai...
- aaaaaaaaaarrrrgh (a voz de Amauri esvaécese polas rúas de Zagreb)

2 comentarios:

getxo dixo...

"Quero ver a Pele" hehehehehehehehehehehe
hehehehehe

h dixo...

probe Myhre.

isso sim que é um drama.