mércores, 25 de marzo de 2009

Torpedeando: Iaquinta fala do bó comezo na liga

(Redacción)

Tras unha decepcionante aínda esperanzadora (na segunda volta) T9, o noso clube comeza arrasando na liga, con espectaculares números nos catro primeiros encontros desputados. O siareiro medio, acostumado xa á irregularidade do conxunto, prefire non botar foguetes polo de agora, mais tamén recoñece que desfrutou do xogo do Torpedo estes días. Noutra ocasión falaremos en profundidade con este singular personaxe, xa que hoxe temos conncosco ó 'quiler' italiano Vincezo Iaquinta.

Bos días.
Moi bos.

Bueno, parece que dende a chegada de Dzajic&Czalic isto vai para mellor. Cóntenos un pouco como traballan.
A verdade é que son moi profesionais. Xa sei que son un recén chegado, mais penso que o seu esquema táctico devolveu a escadra ás súas orixes, e ben que nos vai. Hai quen di que non se falan, mais non é certo.

E vostede, por qué fichou polo Torpedo? É dicir: Puskás, Pelé, van Nistelrooy, Luca Toni, Klose, Law, Kanouté... a listaxe de dianteiros de clase mundial que remataron no río Torpedil é interminable;Non teme que lle suceda o mesmo?
É o que me motivou a vir aquí. A min non me vai iso de facerme cun posto de titular e saber que vou ficar aí ata que me retire. Sonche de emocións fortes! Saber que en calquera momento podo ir ó río faime sentir vivo. Antes xogaba á ruleta rusa, e agora xa ve.

Curioso. Bótelle collóns, canto tardarán en botalo?
Mmmm...penso que estarei en Zagreb unha tempada máis.

Que diferenza hai, para vostede, entre a escadra do ano pasado e esta?
Non hai tanta. O que pasa é que por unha vez se planificaron ben as cousas. O equipo da segunda volta só perdeu dous encontros, estaba claro que a liña a seguir era boa, só precisaba un par de reforzos. Teño que destacar, entre os reforzos, a Zambrotta. E o retorno de Stankovic foi fundamental.

Boniek non fala dende que dimitiu coma adestrador. Ten trato con el? Sabe como anda?
Aínda que xa non é o adestrador, no campo é o que manda en nós, e a ver quen lle di que non... No referente a como anda, rematou a T9 moi descontento cos seus goles anotados. Moi poucos para o que el se esixe. E semella que tomou nota.

Xa che digo, non para de chuzar! Nin vostede tampouco, e Barnes, ás veces, lembra ó mellor Dzajic...
Creo que tanto Marko coma Dragan falaron moito con Barnes, e lle diron moitos consellos para mellorar o seu xogo. Á vista está.

Nada máis, parabéns e que siga a racha.
Graciñas, iso é o que agardamos todos.

1 comentario:

getxo dixo...

Si, que fale o siareiro medio. Queremos saber!