martes, 30 de setembro de 2008

Tulipáns adulterados

(Marko Czalic - Montreal)
Ollo! Moito ollo! Ponllo no ollo! Menos mal que anda Czalic por aquí... Segundo este grande reporteiro, unha mafia holandesa de ex-representantes de xogadores -profesión ilegal desde o primeiro acordo dos convenios- podería levar un par de tempadas falsificando documentos, estatísticas e softwares procedentes de Holanda con destino WIFA coa finalidade de incrementar o valor oficial dos seus ex-representados. Todos os xogadores holandeses -particularmente os máis contemporáneos- están agora baixo sospeita, aínda poderían ter quedado fóra de xogo nesta perversa estratexia urdida polos malvados intermediarios. En efecto, son os supostos beneficiarios do pase, pero ao non se teren apercibido da súa posición, poderían ser doadamente obxecto de chantaxe despois de consolidar os seus beneficios durante un certo período, situación da que non poderían saír sen ver a súa imaxe pública seriamente danada. Os ex-representantes estarían a perseguir, como obxectivo secundario, conquistar o mundo. Aínda que tamén podería ser que os propios xogadores, ou algúns deles, estivesen implicados. E mesmo pode que en realidade non pase nada, xa saben o que ocorre co xornalismo de investigación. Pero hai datos que non cadran, e aquí está Czalic para contárllelo.
Así que, xa saben. Revisen o seu plantel e, se dan cun holandés, examíneno con lupa. Palabra de Czalic.

sábado, 27 de setembro de 2008

O Clash lisca cara o éxito

(Marko Czalic - Montreal)
Sen concesións e cun ritmo infernal heroicamente sostido por algúns opoñentes en certos momentos da competición, os partisanos comezan a aburrir a unha LPU7 que puido ter sido emocionante. Só Gloria y Honor, a importante distancia xa, pode manter algunha expectativa sen necesidade de apelar a un absurdo matemático. Os escoceses están a ser un martelo-pesadelo de puntos e tiranizan a liga co ritmo de puntos dos mellores anos de Asaltacunas FC. Por Montreal, na casa dos seus eternos rivais, as cousas andan tan revoltas como sempre, aínda que o mal rollo marchou canda Andriy Shevchenko e todo o mundo simula ser feliz. Aínda quedan moitas cousas por dilucidar nesta LPU, onde cada posto e cada rublo é loitado como unha vida. E ademais agárdanos como grande colofón final a resolución da K7. Pero non nos adiantemos tanto. O Clash aínda non é campión. Desfrutemos do fragor dos combates, no entanto.
X12. Shakhtar - Asaltacunas
Un grande clásico levemente devaluado entre os dous clubes de historial máis brillante da WIFA. As 'Smorgas Titov', desta volta con Putinka no canto do Smirnoff, levaron por diante a Park e Rosicky mentres a grada tentaba dilucidar por que todos os amigos de Egor son centrocampistas. Os ducados presentábanse sen Javi Navarro, que comparecía no xulgado por tentativa de homicidio á hora do encontro. O partido foi de doada lectura. O Shakhtar saiu a dominar e combinar cara o gol. Asaltacunas, a destruir e contragolpear con continuas entradas de Humberto por banda dereita. Os madrileños tiveron máis éxito co seu plan. Un Berti algo 'tocado' non era nin sombra dos xogadores aos que debía suplir e a fluidez no xogo local viuse resentida. A incorporación de bonhof ao centro do campo facilitou as salvaxes entradas de Humberto polo carril esquerdo da defensa montrealina e a estratexia visitante non por agardada resultou menos exitosa. Preto do final do primeiro período, Lúcio cabeceou un centro ao que non chegara Torres, no que despois petou o balón para volver dar en Lúcio e significar o 0-1. Comezou o segundo tempo, Puskas chutou como un animal e Jääskeläinen non puido atallar. Joaquín acadou a porta baleira o 0-2 e de Asaltacunas non se volveu saber en ataque agás por algún fóra de xogo de Torres en envíos desde campo propio. Shatskikh entrou por un paupérrimo Berti e o Shakhtar dispúxose a morrer coas botas postas. Unha sensacional combinación dos rusistas a 12' do final supuxo o 1-2 cando Gilberto Silva rematou con vantaxe o pase final de Azutkin. Na última xogada do encontro, con todo case decidido, Maldini amosou toda a veteranía e toda a clase que atesora e, tras recibir un balón á saída do saque de recanto quebrou dentro da área a un defensor, fixo oco para o disparo e axustou xunto ao pau malia a boa estirada de Acuña (2-2). O empate non impediu que os locais se afundisen na loita pola liga, pero deu algo de xustiza ao resultado.
X17. Shakhtar - Pollo
E nada, chegou o grande día, o partido máis agardado en Montreal. A visita do clube preferido das bancadas do Durruti. O único equipo en dúas tempadas que conseguiu rublos a costa do Shakhtar. En loita pola 3ª praza (na que leva vantaxe o Torpedo, polo de agora), o Pollo dominou o xogo con claridade no inicio e do dominio xordeu o gol de Ljungberg. Coa desvantaxe conseguiu o Shakhtar equilibrar o partido sobre o terreo, se ben non no marcador. Cando comezou o segundo tempo, Zlatan, que xa errara as súas, atinou por fin coa porta e os de Montreal se vían de novo na mesma situación. Levantar un 0-2 para deter a sangría. Unha sangría que deixou de ser metafórica cando o exército de taladores visitante atinou a enviar a Emlyn Hughes á enfemería. Até tres cartóns viron os suecos como premio ao seu fútbol 'entusiasta'. Unha boa xogada dos locais contra a media hora rematou cun pase de Koller a Hleb, que fixo o 1-2 con habilidade. Despois chegaron os mellores minutos dos negroavermellados e, no último suspiro, Maier enviou incriblemente a córner o trallazo cruzado de Rosicky desde case o vértice da área pequena. O Pollo defendeu ben a sucesión de córners e marchou cos tres puntos.












CLASIFICACIÓN LPU7

X

G

E

P

F

C

P

D

R

1

Partisano Clash

14

11

1

2

30

12

34

18

3,0

2

Gloria y Honor

15

8

4

3

25

14

28

11

1,5

3

Torpedo Zagreb

16

7

5

4

35

23

26

12

3,0

4

Pollo FC

16

7

4

5

31

32

25

-1

-3,0

5

Shakhtar de Montreal

15

7

3

5

26

23

24

3

-4,5

6

Asaltacunas FC

16

4

7

5

21

21

19

0

-1,5

7

Swazilandia BP

16

3

5

8

17

22

14

-5

-3,0

8

Análisis Matemático

14

3

4

7

15

25

13

-10

-4,5

9

Tuzaros de Reiquiabic

15

3

4

8

19

34

13

-15

-4,5

10

Ordem e Progresso

10

3

2

5

12

18

11

-6

0,0

11

Che Marx ltd

13

2

5

6

15

22

11

-7

-1,5
















LIGA



SE


DZ

1

Eusebio

14

Stoichkov

12

2

Boniek

13

Van Persie

6

3

Drogba

13

Bozsik

5

4

Vladic

12

Schneider

5

5

Zlatan

11

Batistuta

4

6

Koller

10

Boniek

4

7

Larsson

10

Eusebio

4

8

Milla

7

Hleb

4

9

Puskas

7

Milla

4

10

Kanoute

6

Edu

3

11

Shevchenko

6

Jerkovic

3

11

Torres

6

Koller

3

11



Ljungberg

3

11



Park

3

11



Ribery

3







AT TOTAL

AT

ENCAIXADOS

GV



(PTOS)



1

Eusebio

26

Toldo

12

2

Boniek

25

Given

14

3

Stoichkov

22

Cech

18

4

Vladic

21

Acuña

21

5

Koller

20

Castro

22

6

Park

19

Julio César

22

7

Milla

16

Banks

23

8

Zlatan

16

Niemi

23

9

Drogba

15

De G. / Taff.

25

10

Hleb

15

Maier

32

11

Batistuta

14

Pagliuca

34










TOTAL



G


P

1

Vladic

17

Stoichkov

12

2

Eusebio

16

Van Persie

7

3

Boniek

15

Bozsik

6

4

Drogba

15

Park

6

5

Koller

14

Schneider

6

6

Zlatan

12

Boniek

5

7

Larsson

11

Eusebio

5

8

Puskas

9

Titov

5

9

Milla

8

Batistuta

4

10

Torres

8

Hleb

4

11

Hleb

7

Jerkovic

4

11

Park

7

Milla

4

11



Ribery

4






Como ven, hoxe incluímos como novidade a listaxe de goleadores e pasadores totais da tempada. As clasificacións de primitivismo e cartóns amarelos quedan para outra ocasión, cando se produzan nelas variacións de interese respecto do xa publicado.
Novo convenio colectivo
Onte foi asinado o novo convenio colectivo do sector, que deu por resultado a existencia de xogadores de 22 rublos. Todos lembrarán as consecuencias no sector zapateiril dos xogadores de 6 rublos... Pois imaxinen como sentou isto... Jarda Simr vén de declarar que a el non o fode nin dios e que, se é necesario, sacará o coiro para as súas botas novas dos seus irmáns pequenos. Sen comentarios. Análise en profundidade en http://www.rebelion.org/zapateros-joyeros-y-su-relación-con-el-judaísmo, polo inmenso Marko Czalic.
En base a este novo convenio, publícase o estado de contas actual dos clubes da WIFA, traducidas xa ao novo sistema de prezos.




Caixa

Final

Asalta

3

3

Clash

3

3

Gloria

2

2

Ordem

0

0

Che

-2

0

Análisis

-7

0

Torpedo

0

-2

Shakhtar

-3

-3

Pollo

-4

-4

Swazi

-4

-4

Tuzaros

-5

-5




Lendo entre líneas o convenio chegamos tamén á conclusión de que, con toda probabilidade, a vindeira tempada voltarase ao sistema de +2/-2.
12 equipos?
Estamos outra vez de cisma na WIFA. A posible entrada dun 12º equipo participante está a xerar as clásicas polémicas que ás veces xorden espontáneamente da nada e outras con nimias excusas. Veremos en que conclúe a votación.
'Sume usted mismo'
A WIFA, cun eslogan castelanista, insta aos seus membros a calcular por si mesmos o novo valor dos seus planteis e remitilo a:
Cuartel Xeral Itinerante da WIFA, Rúa WIFA, s/n, C.P. 1, Tron