(Marko Czalic - Montreal)
Preparados todos. Este venres comeza, unha vez máis, o maior espectáculo do mundo. Ás veces, amarrada ás súas permanentes liortas internas, mesmo a WIFA perde o camiño. Pero a maxia desta organización é ver como medra nos períodos de entreguerras, como froito e produto do perpetuo breinstormin. A maxia non está no circo, a maxia non está nos bestiarios (sic). A maxia está nos campos de fútbol, cando o fútbol é fútbol. Esta tempada de imposible prognóstico habemos desfrutar como nunca dos acertos e das accións incribles (positivas), porque ambas serán menos numerosas, se atendemos á agresiva campaña promocional da WIFA. E habemos desfrutar do xogo colectivo, porque existirá. Non queda marxe para a rendición. Non hai invencibilidade matemática, non hai absurdos físicos, non hai cansanzo nin descanso e ninguén poderá relaxarse ou perder a esperanza. Este é o comezo da era do enxeño, da era da clase, da era da táctica, da era do toque, da era da loita aberta, da era da forza. É a volta ao Carisma, ao seu xerme. Continúa a apaixoante historia da WIFA. QUE GAÑE O MELLOR!
Ano de fundación: 2007
Procedencia: Madrid
Presidente/Dono: Duque de Feria
Adestrador: (o duque na sombra)
Alcumes: Asalta; pedofáns
Posición WIFA: 1º, 58 puntos
Palmarés: 3 LPUs, 1 Kopa
Ideoloxía: Moi Españolista con tendenza ao arribismo
Seareiros: Pedófilos frustrados, Pedófilos de éxito, Españois españolistas e Seareiros do que gaña
Idioma: Castelán
Estilo de xogo: Físico, contragolpe
Táctica característica: 5-3-2
Puntos fortes: Solideza, velocidade na transición e grande capacidade de definición
Puntos febles: Xa non posúe o mellor plantel
Mellor posición LPU: 1º, 36 puntos
Peor posición LPU: 4º, 21 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 2,28/1,48/1,54máx
Máximo goleador: 79º Xabi Alonso, 3
Máximo pasador: 71º Xabi Alonso, 2
Mellor AT: 77º Xabi Alonso, 7
A Estrela: Humberto (España)
Outros homes chave: Cañizares, Fernando Torres, Zalayeta
Asaltacunas FC lidera o palmarés da WIFA, ademais de ser o líder histórico da LPU. E, desde a T5, lidera tamén a clasificación WIFA. Pouco se pode dicir a priori -algo que, polo demais, é extensible este ano aos demais conxuntos- das súas posibilidades. Ninguén perdeu tanto potencial teórico como Asaltacunas nesta catártica transición. Weah, Gullit, Rijkaard, Maradona, Buffon e Puyol deixan paso a Zalayeta, dous extraordinarios futbolistas vascos e un numeroso grupo de ilusionados futbolistas (e outros) españois, encabezados polo canteirán Humberto, a monstrosa estrela do equipo, un futbolista total cun físico privilexiado que será fundamental na contención. E isto non é pouco nun clube que, atendendo aos nosos hábiles informadores, conserva en excelente estado a súa idiosincrasia sobre o terreo de xogo: busca a impenetrabilidade e unha fulgurante saída do balón, controlando os mecanismos segredos que marcan o camiño ao gol en liña recta. Si, dá grima. Si, é malvado. Non, non ten carisma. Pero a historia fala. Asaltacunas FC é o mellor.
Ano de fundación: 2006
Procedencia: Londres? Nova Iorque? Nottingham?
Presidente/Dono: Sir Nigel
Adestrador: Strangelove, el Negro
Alcumes: G$H; Gloria; os do Sir; Ladróns; Roubapolos
Posición WIFA: 3º, 53 puntos
Palmarés: 2 veces Subcampión da LPU e 1 Kopa
Ideoloxía: Poder
Seareiros: O G&H non precisa seareiros, pero moitas persoas o son, xa por ignorancia, xa por pura maldade, aínda que ultimamente se detectou un importante crecemento no interese por este clube entre trols, orcos e outras bestas con máis tamaño que cerebro e destreza
Idioma: Español
Estilo de xogo: Directo, Físico (e fisiolóxico se é preciso)
Táctica característica: 4-4-2
Puntos fortes: Defensa, Regulariedade
Puntos febles: Resísteselle a LPU
Mellor posición LPU: 2º, 30 puntos
Peor posición LPU: 6º, 21 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 2,02/1,39mín/1,42
Máximo goleador: 30º John Carew, 18
Máximo pasador: 55º Javier Zanetti, 3
Mellor AT: 41º John Carew, 22
A Estrela: Javier Zanetti (Arxentina)
Outros homes chave: Given, Friedrich, Barbarez
O Sir aproveitou uns trocos normativos cos que nega ter relación para facer algo que desexaba hai tempo. Limpar. Agobiado pola falla de mercado e a posibilidade de perder e non recuperar xogadores de garantías, pospuxo os seus planos de ultraviolencia até que o vento, "por si mesmo", decidise soprar en prol. E parece que o momento chegou. Gloria y Honor, "el equipo de todos", dá en ser o único capaz de poñer sobre o campo un once que chegue á tonelada métrica (literalmente) o que, por outra banda, é moi do agrado do adestrador. O reto do Gloria é acadar a supremacía e non debe fixar outro obxectivo. Cada vez máis preto de dominar a LPU e cun título, unha espectacular K5 (no goleador), por fin no peto, segue a ser porén o equipo con peor ratio títulos/méritos. O éxito parece ao seu alcance e acadalo sendo fiel ao seu xeito destrutivo de concebir a humanidade é a maior aspiración deste xefe supremo da manipulación e os contratos temporais -que frecuentemente duran menos do previsto. Seguramente terá máis probabilidade de éxito agora que non conta con adictos nos postos chave. Pero, se foron quen de aprender algo de porqué estiveron tan preto da liga e nunca a acadaron, evitarán perder os 4 primeiros partidos. Veremos que opina Valdano.
Ano de fundación: 2006
Procedencia: Zagreb
Presidente/Dono: Rapajk
Adestrador: Zbigniew Boniek
Alcumes: O equipo do Pobo; Muchachos
Posición WIFA: 5º, 40 puntos
Palmarés: 3º da LPU e Subcampión de Kopa
Ideoloxía: Comunismo radical ortodoxo
Seareiros: O Pobo, fundamentalmente o de Zagreb
Idioma: Galego
Estilo de xogo: Ofensivo, de toque e toque e...
Táctica característica: 4-3-3
Puntos fortes: Posesión de balón e Xogo ofensivo
Puntos febles: Contención
Mellor posición LPU: 3º, 24 puntos
Peor posición LPU: 9º, 15 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 1,84/1,83/1,01
Máximo goleador: 9º Zbigniew -'O Roxo', 'El Polaco'- Boniek, 44
Máximo pasador: 7º Zbigniew -'O Roxo', 'El Polaco'- Boniek, 22
Mellor AT: 6º Zbigniew -'O Roxo', 'El Polaco'- Boniek, 88
A Estrela: Zbigniew -'O Roxo', 'El Polaco'- Boniek (Polonia)
Outros homes chave: Banks, Kaladze, van Bommel, Vladic
O Torpedo rematou terceiro a LPU5, aí é nada. Pero por riba de todo amosou que só a asunción dun papel secundario derivado de numerosas tempadas de quintopostismo o arredaron de metas máis ambiciosas. É certo que estivo soamente discreto nas Kopas, que usualmente permiten ver ao noso clube no mellor nivel, pero os partidos xogados ante os máis grandes da LPU, en particular o encontro de 2ª volta ante o campión, foron do melloriño que se viu na última tempada de fútbol-circo. Así, agora, mantendo a aposta polo carisma pero aumentando a querencia polos da casa, asumindo o éxito no troco de dirección técnica, na que a man de ferro de Boniek fixo de todo menos tremer, o Torpedo debe afrontar un reto que aprazou por demasiado tempo e consagrarse entre os grandes, algo que se verá probablemente favorecido pola nova normativa. Marcharon Dzajic e Ballack, si; mais a marcha do primeiro resultou boa para o conxunto, mentres a do segundo é unha perda irreparable; pero fóra do campo. Así e todo, os seareiros temen que a política de fichaxes siga coma sempre, pois todo parece indicar que estes dous extraordinarios e innecesarios futbolistas encabezan a axenda de incorporacións torpedís. Alén disto, o Torpedo debe aínda mellorar algo máis no apartado defensivo, para o que, dado o seu inherente estilo de xogo, vaille ser de grande utilidade a vella e coñecida máxima do sabio galego: "Hai que rematar as xogadas".
Ano de fundación: 2007
Procedencia: Malmö
Presidente/Dono: O Presidente
Adestrador: O Presidente
Alcumes: Pollos; Suecos
Posición WIFA: 6º, 38 puntos
Palmarés: 2 veces Cuarto da LPU, Semifinalista de Kopa e 1 Kopa do Pollo
Ideoloxía: Carisma, Zlatanismo
Seareiros: Habitantes do Universo
Idioma: Propio
Estilo de xogo: Ofensivo, de toque
Táctica característica: 3-5-2
Puntos fortes: Carisma e Xogo ofensivo
Puntos febles: Definición e Regulariedade
Mellor posición LPU: 4º, 25 puntos
Peor posición LPU: 7º, 19 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 1,72/1,71/1,01
Máximo goleador: 4º Zlatan 'Frekle Kid' Ibrahimovic, 59
Máximo pasador: 13º Zlatan 'Frekle Kid' Ibrahimovic, 13
Mellor AT: 7º Zlatan 'Frekle Kid' Ibrahimovic, 85
A Estrela: Zlatan 'Frekle Kid' Ibrahimovic (Suecia)
Outros homes chave: Maier, Mellberg, Davids, Bozsik
É imposible describir o deleite que percorreu o mundo cando Henrik Larsson ergueu o primeiro trofeu da historia dos de Malmö. Polo demais o equipo e todo o que o arrodea son igualmente indescriptibles no seu conxunto. O clube do Presidente completou unha excelente primeira volta e fíxonos soñar que, esta vez si, deran o paso adiante definitivo. Pero a tremenda competitividade da LPU obriga a manter ao equipo en liña ascendente ao longo da tempada para seguir nos primeiros postos até o final, e esta é a principal eiva do equipo máis admirado nas granxas avícolas e fóra delas: a regulariedade. Finalmente foi fiel á súa tradición e afundiuse como unha pedra na segunda metade da competición. Non sabemos porqué acontece isto sistematicamente, non atopamos explicación a que o mesmo equipo sexa quen de dar o máximo e o mínimo nivel dunha competición, non sabemos que pensan, como deciden e por que actúan como actúan. E por iso os adoramos. Nada faría máis feliz ao mundo que cantar para o Pollo FC un dos títulos grandes, pero os pasos que debe dar para conseguilo son un misterio. Polo momento, comezaron a tempada gañando carisma -xa non colle máis- e simpatías ao ser o primeiro equipo da historia vítima dun roubo. Shay 'Booble-Flash' Given foi secuestrado polas forzas do mal. O equipo do presi prepara a vinganza para o campo e, entrementres, xuntou un plantel que representa unha volta ás esencias máis do que ningún outro. Que o Carisma sexa con vós.
Ano de fundación: 2007
Procedencia: Mbabane
Presidente/Dono: Como é usual en África, o Rei xa non é o mesmo que o ano pasado e, en realidade, non queda claro se segue a haber rei, dado o ambiente de troco de sistema político Adestrador: Seica non tiveron tempo de pensar diso. Hanse decatar en calquera momento
Alcumes: Negros; Negrinos
Posición WIFA: 8º, 22 puntos
Palmarés: 3 veces oitavo na LPU e 2 veces cuartofinalista da Kopa
Ideoloxía: Racistas monárquicos
Seareiros: Negros en xeral, Brancos masoquistas, Nacionalistas minoritarios e Hippies despistados
Idioma: Castelán
Estilo de xogo: Ordeado
Táctica característica: 4-4-2
Puntos fortes: Fútbol combinativo
Puntos febles: Mentalidade
Mellor posición LPU: 5º, 22 puntos
Peor posición LPU: 10º, 12 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 1,33/1,95/0,68
Máximo goleador: 25º Ube Ubembe, 21
Máximo pasador: 23º Kalusha Bwalya, 9
Mellor AT: 30º Kalusha Bwalya, 33
A Estrela: Ube Ubembe (Gana)
Outros homes chave: Julio Cesar, Tressor, Savicevic
Ante o agardado pero inesperado éxito proporcional que supuxo a actuación suacilandesa na presente tempada baixo o reinado de Pele, pobo e gobernantes reaccionaron, conxuntamente por unha vez, montando unha revolución que permita, na medida do posible, revertir esta tendenza. O desembarco de até catro xogadores montenegrinos no equipo dará uns froitos que son de todo imprevisibles, aparte do obvio (a desertización poboacional de Montenegro). O equipo tivo a virtude de fortalecer o seu xogo de ataque ao longo da T5, na que mesmo se chegou a postular como candidato ao título -claro que todo resultou ser unha especie de broma. O problema estivo en dous puntos: non foi quen de manter a fortaleza defensiva que o caracterizaba e, sobre todo, veuse abaixo en determinados momentos, algo habitual nun clube que en ocasións bota en falta unha mentalidade máis constante. Poderá axudar nisto a masiva chegada de balcánicos? O debut na LPU dun histórico da era pre-WIFA como Mijatovic marcará un fito no inicio desta T6. Veremos que dá de si o equipo menos informado que se viu nunca por aquí. Ei, Negros! Trátase de gañar! Que é unha competición, hostia!
Ano de fundación: 2007
Procedencia: Montreal
Presidente/Dono: Non Adestradores: Alan Moore e Xabier Clemente
Alcumes: Shakhtar; Mineiros; Rusos
Posición WIFA: 2º, 57 puntos
Palmarés: 1 LPU e 2 Kopas
Ideoloxía: Anarquismo de postal tendente ao caos
Seareiros: O etílico pobo de Montreal, Ursula K. Leguin, Fernán Gómez e outros do estilo. E Rusos.
Idioma: Galego
Estilo de xogo: Ofensivo
Táctica característica: 3-5-2
Puntos fortes: Ataque
Puntos febles: Son moi rusos
Mellor posición LPU: 1º, 35 puntos
Peor posición LPU: 7º, 24 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 2,39máx/1,64/1,46
Máximo goleador: 8º Jan Koller, 49
Máximo pasador: 9º Jan Koller, 17
Mellor AT: 8º Jan Koller, 83
A Estrela: Paolo Maldini (Italia)
Outros homes chave: Lucio, Bonhof, Park
O equipo de Montreal representa o caso máis claro de afundimento dos que se coñecen na LPU. Desque acadara a supremacía histórica na T3, tempada do único 'doblete' da historia WIFA, non volveu ser o mesmo, absorbido polos peores vicios da automolación e pola idiosincrasia do absurdo. Dúas tempadas seguidas sendo punteiro en goal-average ou xeiras de vitorias consecutivas como 4-0 7-0 5-0 non impediron que ficase confinado ás últimas posicións da táboa. Nin sequera o retorno de Shevchenko abondou. Potemk necesitaba unhas vacacións e Alan Moore, despois de abandonar o seu castelo tras observar durante 3 tempadas ao equipo na súa bola de cristal, asumiu o mando técnico. Decidiu chegado o momento de apostar pola defensa pola vía mística e, tras contactar co seu amigo da infancia, Clemente, encargoulle a este a faceta da constución de xogo e ataque. Ante a falla de recursos para coroar unha excelente liña defensiva cun bo porteiro, coméntase que Moore secuestrou a Antti Niemi e creou un Gólem feito á imaxe deste. Veremos que dá de si a inmersión do xenio do descoñecido que, encarnando a un novo Nemo, toma os mandos deste caótico submarino. Será quen de o emerxer? O papel táctico de Clemente na ofensiva será determinante.
Ano de fundación: 2007
Procedencia: Caldback, Illas Shetland
Presidente/Dono: -
Adestrador: Cabarcos
Alcumes: P. Clash; Partisanos
Posición WIFA: 4º, 49 puntos
Palmarés: Subcampión da LPU, 1 Kopa, Subcampión da Kopa do Pollo
Ideoloxía: Anarkismo visceral con tendenza a unha orde violenta
Seareiros: Escoceses con dor de cabeza, Punkis do mundo e Traballadores da Siderurxia
Idioma: Chairego
Estilo de xogo: Presión, Intensidade, Velocidade
Táctica característica: 4-4-2
Puntos fortes: Presión, Intensidade
Puntos febles: Inferioridade numérica, Regulariedade
Mellor posición LPU: 2º, 31 puntos
Peor posición LPU: 7º, 19 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 1,69/1,54/1,10
Máximo goleador: 15º Hristo Stoichkov e Dimitar Berbatov, 28
Máximo pasador: 2º Hristo Stoichkov, 41
Mellor AT: 4º Hristo Stoichkov, 97
A Estrela: Hristo Stoichkov (Bulgaria)
Outros homes chave: Toldo, Carragher, Falcao
Contra todo prognóstico, cando todo parecía indicar que o eterno rival do Shakhtar se sumara en pleno dereito á lista de favoritos máximos a todos os títulos, e despois dun fulgurante inicio que así o confirmaba, os homes de Cabarcos asinaron a peor actuación da súa historia. A derrota na final da Kopa do Pollo supuxo un golpe demasiado duro para estes incansables loitadores aos que hai que recoñecerlles un mérito espectacular: bateron a Asaltacunas FC, con sangue, tesón e un fútbol serio e de calidade, en cada un dos 3 enfrontamentos que lles tocou dirimir ao longo da tempada. Agora deben camiña en paralelo aos seus rivais na busca por recuperar un lugar predominante nas competicións WIFA e, coñecéndoos, farano a base de asfixia propia e sangue alleo.
Ano de fundación: 2007
Procedencia: Xinzo da Limia
Presidente/Dono: Asemblea
Adestrador: Dino Zoff
Alcumes: Ordem; OeP; Arraianos
Posición WIFA: 7º, 29 puntos
Palmarés: Sexto da LPU e 2 veces Semifinalista de Kopa
Ideoloxía: Comunismo radical heterodoxo
Seareiros: Gremio de bruxas, Reintegracionistas, Comunistas idealistas, Ex-Amantes do B
Idioma: Galego posmoderno
Estilo de xogo: Combinativo
Táctica característica: 4-3-3
Puntos fortes: Xogo ofensivo
Puntos febles: Regulariedade e Contención
Mellor posición LPU: 6º, 25 puntos
Peor posición LPU: 8º, 12 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 1,57/2,15/0,73
Máximo goleador: 23º Dennis Bergkamp, 22
Máximo pasador: 18º Dennis Bergkamp, 12
Mellor AT: 21º Dennis Bergkamp, 46
A Estrela: Peter Cech (República Checa)
Outros homes chave: Cannavaro (F), Cocu, Tardelli
Outra das decepcións da tempada, malia que lle restan dous partidos por desputar. Pero isto, lonxe de ser algo bo, case é negativo: non mellorarán a oitava posición (o seu peor rexistro) e mesmo poderían ser últimos por vez primeira. Un equipo que, ademais, perde ao seu eterno estandarte, Franz Beckenbauer. Pero, ei, non se preocupen por eles. Ademais do seu gusto polo bo fútbol e a súa febleza defensiva a estes fronteirizos caracterízaos a súa sona de tirar hábil proveito dos trocos regulamentarios. Apoiados desde a sombra polo gremio de bruxas foron quen de xuntar, unha vez máis, un dos mellores planteis. Cohesionado e italianizado, coas garantías que isto concede, o equipo liderado por Cech e Bergkamp ten a obriga de incrementar tanto como poida as súas ambicións. Un equipo perigoso. Palabra de Czalic.
Ano de fundación: 2007
Procedencia: Sierra Maestra
Presidente/Dono: Un complexo (cada vez máis) entramado de comandancias asume a xerencia deste clube
Adestrador: Josef 'Pepi' Bican
Alcumes: Babudos; A Besta Dormente
Posición WIFA: 10º, 14 puntos
Palmarés: 3 veces noveno na LPU e 4 veces cuartofinalista da Kopa
Ideoloxía: Comunismo empresarial - Comunismo privado
Seareiros: O pobo de Cuba, a Latinoamérica bolivariana, Rapaces con camisetas e José Coronado
Idioma: A BERROS
Estilo de xogo: Directo, Bandas
Táctica característica: 4-3-3
Puntos fortes: Contragolpe, Henry e Bican
Puntos febles: Posesión do balón, Ataque
Mellor posición LPU: 9º, 13 puntos
Peor posición LPU: 10º, 6 puntos
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: 0,97mín/2,52máx/0,38mín
Máximo goleador: 12º Thierry Henry, 30
Máximo pasador: 27º Josef 'Pepi' Bican, 8
Mellor AT: 23º Josef 'Pepi' Bican, 43
A Estrela: Josef 'Pepi' Bican (Austria - Checoslovaquia)
Outros homes chave: Ernesto, Ashley Cole, Toninho Cerezo
Malia ter rematado xa a competición, Che Marx, un dos clubes que máis (e maiores) estrelas conserva cara a T6, aínda ten a opción de rematar a T5 cun récord positivo. Como xa se dixo, unha dobre derrota de OeP conduciríaos, por primeira vez, ao 8º lugar da clasificación. Pero isto non sería casual. Che Marx foi quen de superar os seus momentos máis baixos para completar unha tempada máis que digna, con importantes vitorias sobre equipos de elevado ránking e, ante todo, uns permanentes desexos de mellora unidos a actos sempre nesa dirección. Estamos ante unha das máis vellas ameazas latentes da WIFA, que pode voltear cara arriba os seus cementos en calquera momento. O segredo da ameaza de Che Marx é sinxelo: en calquera circunstancia conta cun potentísimo arsenal, o que fai temible para todos o momento en que atope por fin o diapasón do seu xogo.
Ano de fundación: 2008
Procedencia: ?
Presidente/Dono: ?
Adestrador: ?
Alcumes: Sexy Shit; Sexy Sheep; Túzaros de Reykjavyk; O equipo sen nome; Maricas
Posición WIFA: Non
Palmarés: Non
Ideoloxía: Glamourosa
Seareiros: Lectores de Cosmopolitan
Idioma: Con acento capitalino
Estilo de xogo: Descoñecido
Táctica característica: Non
Puntos fortes: O plantel máis valorado
Puntos febles: Inexperiencia
Mellor posición LPU: -
Peor posición LPU: -
Goles por partido - a prol/en contra/ratio: -/-/-
Máximo goleador: 28º Clarence Seedorf, 19
Máximo pasador: 10º Clarence Seedorf, 15
Mellor AT: 19º Clarence Seedorf, 49
A Estrela: Clarence Seedorf (Holanda)
Outros homes chave: Van der Sar, Thuram, Verón, Pires
Velaquí o maior segredo. O décimo equipo da WIFA, algo así como o 'quinto Beatle'. Se Análisis era Pete Best, agora debemos estar ante Sutcliffe. Coa pasividade algo despistada dos demais equipos, os 'sen-nome' xuntaron o plantel máis potente da T6 con vistas á súa estrea. En principio non contan nos prognósticos, pero un equipo con históricos como Van der Vaart, Kahn, Campbell ou Maniche e que, ademais, ten unhas maneiras taaan afectadas (e a Beckham) é de todo menos de fiar. Non os vemos xogar, non coñecemos o seu organigrama nin ideoloxía e, por todo isto, alédamonos de que o Torpedo os esquive na estrea.
Unha estrea que SI! POR FIN! XA ESTÁ AQUÍ! Benvidos á Tempada 6 da WIFA. UnbeFUCKINGlieveble.
NOTA: Os datos en vermello fican pendentes de confirmación ou rectificación ao remate dos partidos aprazados da T5