(Marko Czalic - Montreal)
O novo convenio clubes-xogadores ven de subir os prezos dos xogadores máis ricos, mentres que os pobres seguen como antes. Os xogadores ricos mercarán así máis pares de botas, mesmo máis botas das que precisan, botas douradas, botas de caviar, botas feas..., facendo que suban os prezos até que se fagan inaccesibles para os xogadores pobres. Así, axiña veremos a grandes como Holland, van Buyten, Park, Mitea, Radzinski, Davids, Riise, Hyyppia ou Pieenar xogando con botas vellas ou mesmo rotas, ou incluso con zapatos e sandalias. Isto fará que as diferenzas entre xogadores aumenten, forzando un novo convenio no que se suban os prezos dos xogadores máis caros, de tal xeito que o sector do calzado en xeral experimentará unha suba que deixará literalmente descalzos á maioría de xogadores da Liga. Isto, obviamente, aumentará a diferenza de calidade entre xogadores, o que forzará un novo convenio. Pero ollade, suxos capitalistas: miseria => revoltas => devastación => NOVA ORDE.
Poden ver o meu informe completo en www.rebelion.org.
Posible minidraft invernal
Non hai nin dez segundos que o Shakhtar ven de presentar á WIFA unha proposta para permitir un minidraft no ecuador da liga -que este ano cadra en inverno- en idénticas condicións ao de principio de tempada pero coa condición de que cada equipo poderá incorporar por este procedemento só dous xogadores novos, iso si, dos prezos que queira en función dos xogadores que desbote en dito período.
Klaas Jan Huntelaar
A WIFA ten un novo heroe. Seica Huntelaar anda a facer horas extras, poñendo todo da súa parte para facer que a liga arrinque o antes posible. O espigado dianteiro entrou nas oficinas da WIFA, xa morta a tardiña, na compaña de Jan Johannes Vennegoor of Hesselink. Este último marchou contra a unha e media da mañá, pero disque Klaas Jan ficou até pasadas as tres dándolle á manivela e facendo chollo de oficina. Menudo tipo, o Huntelaar. Quen atopara un para casalo coa filla!
Salvemos o río
Parece que os peixes andan algo esfameados nos últimos tempos.
Isto foi todo polo de agora. En breve teremos un longo informe para os amantes da estatística, no que se incluirán as clasificacións da T1 e T2 e moito máis. Para celebrar o evento é moi probable que Lineker, Davids, Beckenbauer e todos os que algunha vez deixaron unha entrevista sen respostar, sexan executados. Saúdos e Paz a Hostias.
5 comentarios:
Isto do draft a metade da liga non o vexo moi claro, pero bueno igual non é mala idea.
O que si sen dúbida Huntelaar está sendo unha das revelacións da pretempada. Urxe entrevistalo.
É certo, nin se me ocorrera. Pois nada, nada, adiante.
No hay nada como el motor de la economía, con todas sus ruedecillas girando y girando. No importa que venga un nuevo orden, eso al final siempre pasa. La cuestión es aguantar el mayor tiempo posible con éste. Comprad jugadores, cread riqueza...
beckenbauer já tem meia entrevista feita, podo enviar um adianto ou publica-la enteira, em qualquer caso me comprometo a que hoje à noite esteja na redacçom.
por certo que deveriamos confeccionar dumha vez o 'river piss f.c.'
Publicar un comentario