(Redacción)
Rematou a liga e por fin temos campión, o Asaltacunas FC, que por mor dun maior 'golaverage' faise co título deixando atrás ó Shaktar de Montreal. Os derradeiros encontros tiveron a tólodos siarerios colgados dos seus transistores, agardando erros do seus rivais. En breve anunciarase a clasificación definitiva e os premios individuais, así coma as votacions para o OIL (Once ideal da Liga).
Hai que dicir que todos estes datos non poden agachar a inxustiza que o fútbol fixo este ano co Torpedo, xa que facendo un fútbol abraiante tense que conformar co penúltimo/último posto (dato sen confirmar).
Por outra banda semella que se vai producir un parón nas competicións de clubes ante os eventos de seleccións que comezarán en breve, dos que por suposto que serán debidamente informados.
2 comentarios:
QUEREMOS A CLASIFICACIÓN.
que tal vai o novo güil?
Vai indo, ten moi boa pinta, pero ainda queda moito por facer.
Publicar un comentario