venres, 26 de outubro de 2007

entrevista ao káiser

o Progresso


sexta 26 de outubro de 2007
Ressumo da segunda época

Handicap

Depois da crise de resultados do OeP na primaira volta (umha victória
e oito derrotas) deu-se por feito que os dias do 'Káiser' rematariam
co fim de temporada. A assembleia da cooperativa falava de profundas
transformaçons tanto no organigrama como no elenco da equipa
excusando-se no regulamento que daquela se estava a discutir na WIFA.

Foi entom quando Franz Beckenbauer deixou de comparecer ante os meios
para centrar-se na recuperaçom classificatória completando 'umha
segunda boa volta' (Reuters). Forom os dez e sete pontos em nove jogos
alem das mudanças no regulamento que venhem de aprovar-se pola WIFA os
que provocarom que a semana passada a assembleia do OeP ratificara ao
clássico Beckenbauer em todos os cargos: vice-presidente, treinador,
capitam e jogador. Ademais parece que se prepara umha homenagem mais
ao 'jogador max-mim' antes de começar a nova época mas isto está sem
confirmar.

Agora que está de feiras Franz volta a falar coa imprensa e prestou-se
a responder as qüestons pendentes:

M.Czalic

10 preguntas a Franz Beckenbauer (Alemaña anos 60, 70, 80, 90... -
Ordem e Progresso):

1. Gosta dos Monty Python?
- Os monty python estam-nos proibidos na Alemanha polo genocídio
provocado pola sua arma de destruçom maciça 'the funniest joke in the
world', cito-o em versom original por precauçom.

2. Que lle pareceu a homenaxe que lle fixeron?
- A intençom é o que conta.

3. Que pensa cando non gaña?
- Antes de jogar no OeP já sabia que nom sempre se pode ganhar.
Algumha vez empatara. Mas nesta equipa estou endurecendo o meu
carácter.

4. É vostede lusista?
- Som prussista.

5. De que equipo será Xefe Absoluto o vindeiro ano?
- Como todo o mundo sabe vou ficar no OeP. Umha equipa que como já
comentei me permite experimentar novas sensaçons neste desporto.

6. Quen é, segundo vostede, o mellor xogador do mundo Will, excluida vuecencia?
- um... Pelé... Quero dizer que esta pergunta quen lha pode responder é o Pelé.

7. O mellor alemán, excluida vuecencia?
- O 'fussball' é um desporto de 11 contra 11. O resto som parvadas.

8. O mellor de OeP, e. v.?
- Na nossa esquadra nom há melhores.

9. A que pensa dedicarse cando deixe o fútbol?
- Hei ocupar-me em intentar ganhar o próximo partido.

10. Que opina de Michael Ballack, o novo Káiser?
- Polo que diz Boban é genial, eu de arte moderna nom entendo.

20 comentarios:

Anónimo dixo...

"No noso equipo non hai mellores". A 'clásica' retranca alemana?
Por certo, Franz vicepresidente? E o presidente quen, Rommel?

! dixo...

a presidencia honorifica para cando gañe algún título. Por certo, ascendeu o Bayern?

Anónimo dixo...

Seica si. Polo que se ve Klose e Toni uníronse ao huntelaarismo, aínda que logo Klose desligouse. Huntelaarizara tanto que precisaba unhas vacacións. Ao mellor Batistuta, Raí, Sócrates, Nihat, Edu e un moi ben pagado Malo Sila son quen de rematar agora o traballo, con axudiñas de Hildebrand ou Niemi.

Anónimo dixo...

Moi boa entrevista ó Kaiser. Si, Klose marchou, concretamente para ningures, prefiriu quedar sen equipo que renovar(!).

E a ver se acougamos un pouco co tema de Mauro Silva, non esquezamos que Fran e mais el teñen o tope salarial.

Anónimo dixo...

La liga va bien, vamos a ganar.

De todas formas, ayer Huntelaar nos deshuntelarizó con uno de sus goles clásicos. Mauro bien en todo: salud, dinero y amor. Nihat es un depresivo con tendencias suicidas, pero marca goles y por eso no lo despedimos sin miramientos. Sócrates (futurible del mejor equipo del mundo), la reostia. Lo mismo podemos decir de Raí y Batistuta (otro Mr. Square).

! dixo...

por certo, hoxe é venres?
quero dicir: hai viciada?

Anónimo dixo...

Penso que é venres a iso das dez, aínda que eu non creo que vaia. En calquera caso xa temos case arranxado o 'affaire' prezos dos xogadores, pero con bastante curro polo medio e por diante. É unha sorte que Swazi e Che se vaian ausentar un par de semanas, iso daranos tempo de preparar o draft. Vémonos. Por certo, iso de fichar a Ruggeri vaivos traer a ira eterna do director do Xornal.

Anónimo dixo...

Por certo, cales son as cores corporativas de OeP?

Anónimo dixo...

Julio César (Conquistador de la Galia), Weah (Gladiador Nubio), y otras piezas se han unido a nuestra liga. El único indiscutible, Malo Sila (Dictador de la República Romana, enemigo de Mario, tio de Julio César).

Anónimo dixo...

Ruggeri?? Vou devolver. O resto paréceme ben

Anónimo dixo...

Hoxe é un pseudo-venres, xa que primeiro hai que ir traballar ó sport. Contra o Valencia, creo.

Anónimo dixo...

Se é contra o Valencia, penso que ides quedar 2-4.
A outra opción, que prefiro desbotar, e que te fixeses do madrí.

Anónimo dixo...

Por certo, Sir Nigel é un propagandista nato. Cando menos mestura a propaganda coa cultura e algo se aprende, aínda que esqueceu falar da 'vida segreda' do sucesor de Traxano.

! dixo...

as cores corporativas?
nada de corporativismo no OeP
preguntas polo uniforme?

Anónimo dixo...

Como ya he comentado sobre su vida secreta, tenía un efebo muy especial. Este efebo tenía como principal característica ser apuesto y gallardo. Alguien de la corte (la mujer?) decidió que ya estaba bien y se produjo la primera víctima del río de la historia del fútbol. El pobre Adriano lo pasó mal (un poco exageradamente, la verdad) y se dió a la bebida y a la contrucción de ciudades en parajes inóspitos. Pero luego se recuperó y siguió marcando goles.

Anónimo dixo...

Oh! Unha jolibudiense historia de superación. Con Tom Hanks no papel de Adriano? De todas maneiras hai que recoñecer que contar a verdade confire estilo.

Anónimo dixo...

Tu mala fé solo es superada por tu ignorancia. Tom Hanks es un nenaza. El protagonista era Charlon Heston.

Anónimo dixo...

zzzzzzzzzz...que emocionante a historia do Adriano este..zzzzzzzz...Avisade cando remate... (Colledes o de 'remate'? HAHAHAHAHA).

Anónimo dixo...

Si empezamos a meternos con personajes históricos, ¿qué es eso de que Vlad tenía una inmobiliaria?

Anónimo dixo...

que inmobiliaria nin que carallo? Vlad o que tiña era un monte