martes, 23 de outubro de 2007

Crónicas, entrevistas, informes, rumores e moito máis

(Marko Czalic - Montreal)


O acontecido en Montreal no mes que seguiu á consecución da Kopa -primeiro título na historia do Shakhtar- fronte ao Torpedo, co inesquecible e absurdo hat-trick de Shevchenko nos últimos 25 minutos de partido, será lembrado como o período da constatación do tópico de que os habitantes desta cidade non saben cando parar (e Adriano tampouco). Hai unha semana todo rematou cando as principais destilerías escocesas, único subsector do gremio dos alcoholizadores que aínda non o fixera, anunciaron que deixaban de enviar mercadoría a todo Canadá (por certo, a que veu Adriano, sendo do G&H) até dentro dun ano coa intención de manter o seu mercado no resto do mundo, que empezaba a se resentir coa escaseza.

Neste período de tempo aconteceu de todo no aspecto deportivo, segundo puido saber este xenial cronista consultando as hemerotecas doutros países tras acordar esta mañá en lugar e compaña inomeables e, por vez primeira, sen síntomas de resaca.

Polo visto Asaltacunas seguiu coa súa excelente xeira en liga, destacando as súas vitorias sobre os seus perseguidores máis próximos (5-1 sobre Análisis, 1-0 sobre Shakhtar con gol de Gullit en partido díficil de crer), pero deixou unha porta aberta con dúas derrotas inesperadas, as primeiras en liga: 0-1 ante Swazilandia en partido nada africano por parte dos negros, que antepuxeron a seriedade no xogo a calquera outro aspecto, e sonoro 3-2 ante o glorioso Torpedo nun impactante partido con aportacións estelares de Boniek e Weah e formidable aparición final de Manoel Rui Costa. Este partido, correspondente á xornada 17, deixa a Asaltacunas 1º con 1 partido por xogar, Shakhtar 2º con 2 por xogar e Análisis 3º con 3 por diante. P. Clash é 4º e será xuiz e parte nas posicións cabeceiras da liga: X16 Análisis-P. Clash, X17 P. Clash-Shakhtar, un derby anarquista con contas pendentes e moita historia. A última xornada depara uns interesantísimos Torpedo-Shakhtar e Che Marx-Asaltacunas no día dos transistores i-pod.

Pero todos sabemos que isto a poucos interesa. O verdadeiro interese de xogadores, seareiros, directivos e xornalistas fica xa centrado no inminente draft que ha rachar os corazóns de varios mánagers e os dentes dalgúns outros. Lista de Chollos:


-Pollo FC: Rooney, C. Ronaldo, Davids, Ljungberg, Zlatan, Larsson, Lampard, Platini, Roberto Carlos.

-Torpedo de Zagreb: Boniek, Ballack, Mitea, Dzajic.

-Asaltacunas FC: Buffon, Anglés, Hleb, Odonkor, Weah.

-Análisis Matemático: Medio equipo, con Terry, Rosicky, Bozsik, Bican (por moito que custe 5), etc.

-Gloria y Honor: Schmeikel (pai), Hyypia, Stam, Paris Hilton, Carew.

-Shakhtar de Montreal: Este clube ficha erroneamente, polo que carece de chollos, exceptuando quizais Alan Moore.

-Swazilandia: Pienaar, Milla, Nefertiti, Winnie Mandela.

-P. Clash: Yeste, Bakunin.

-Che Marx: Riise, Henry Ford, José Luis, Kubrick, Best.

-Ordem e Progresso: Messi, Brian, 66 asesinos sabuceos, Cech.

Como se ve, facer amigos é a grande prioridade deste redactor. Ademais, dando signos da súa audacia unha vez máis, o Sr. Czalic informa dun posible boicot ao draft de parte de certos equipos. En torno a un 90% destes, segundo se puido descubrir, poderían preferir manter o seu plantel de cara á vindeira tempada.




10 preguntas a Nicolae Mitea (Romenia - Torpedo de Zagreb):

1. Boas, señor Mitea. Que tal Ballack?

Ben, é unha peza chave no conxunto.

2. Que opina das súas cualidades artísticas?

Son tan destacables coma o seu fútbol.

3. Non estou seguro de entendelo. Podería ser máis claro?

O que quero dicir é que é tan bo futbolista coma taxidermista.

4. Gracias, en calquera caso. Como lle vai a Ballack?

Penso que ben, segundo comentou no vestiario onte anda a preparar o seu primeiro traballo musical "Traizón no borde da área. Overtura IV". De calquera xeito non é doado saber o que lle anda na cebeza.

5. Seica na última visita a Cornwall tivo vostede un encontro inesperado. Podería falarnos deste tema?

Non hai moito que dicir despois de que o "Bocazas" ese largara. Simplemente tratamos de combati-lo capitalismo, e ás veces empregamos as suas mesmas tácticas para que fastidie máis.

6. Que hai da súa posible marcha a Asaltacunas xunto con Michael Ballack?

Non tal. Non sei que fará Ballack mais eu penso ficar aquí, xa que segundo parece son o adestrador.

7. Sabía vostede que se chamaba Nicolae?

Quen?, Ballack? non tiña idea. É curioso, non semella un nome alemán. Aún diría máis, soa romanés. Eso explicaría cousas.

8. Ten hora?

Coma diría Banks "E por qué o quere saber?"

9. Esta é a penúltima, non si?

Será. A min o de contar nunca se me deu moi ben. Nunca chego alén do dez, imaxine os problemas que teño para facer unha aliñación, ou cando reviso as contas do clube.

10. Desexa engadir algo máis?

Si, que agardo ser titular nos encontros que restan por xogar. Xa sei que hai moita competencia, mais penso esforzarme ó máximo para que o adestrador conte comigo.

Marko Czalic non descansa. Hoxe xuntamos a Davids con Strangelove e achegámoslles o seguinte cuestionario, do que agardamos respostas:




10 preguntas a Edgar Davids (Non-Holanda - Pollo FC) e Strangelove, el Negro (Gloria & Honor):

NOTA: El señor Strangelove, el negro, nos ha mirado tras leer el cuestionario. Su interpelación ha sido tan amable que hemos accedido a traducir el susodicho cuestionario al castellano.

1. En un choque entre ambos a toda velocidad y suponiendo que formulo la pregunta a mi otro interlocutor, qué contestaría si le pregunto quién perdería?

2. Se llevan ustedes bien?

3. Es cierto que son padre e hijo?

4. Jugará Davids en G&H el año próximo?

5. Piensan ganar títulos la próxima temporada?

Bien, 5x2=10. Cuestionario finalizado. Además se acerca la hora de comer y yo no tengo hambre (por lo de la resaca y tal), pero a lo mejor soy el único, así que chao. Ha sido un placer.

Como grande exclusiva mundial e glorioso peche desta megaactualización do estado de cousas no planeta WIFA, falamos con Franz Beckenbauer.




10 preguntas a Franz Beckenbauer (Alemaña anos 60, 70, 80, 90... - Ordem e Progresso):

1. Gosta dos Monty Python?

2. Que lle pareceu a homenaxe que lle fixeron?

3. Que pensa cando non gaña?

4. É vostede lusista?

5. De que equipo será Xefe Absoluto o vindeiro ano?

6. Quen é, segundo vostede, o mellor xogador do mundo Will, excluida vuecencia?

7. O mellor alemán, excluida vuecencia?

8. O mellor de OeP, e. v.?

9. A que pensa dedicarse cando deixe o fútbol?

10. Que opina de Michael Ballack, o novo Káiser?




Isto foi todo dende o niño anarquista de Montreal. O seguinte tomo, por Nadal.

Ningún comentario: