A LPU18 é cuestión finiquitada para moitos candidatos. Outros xa non aspiran á Kunka ou á Kopa do Pollo. Pero para ser campións sen título desta T18 hai aínda uns poucos candidatos. Analicemos a súa situación:
Os mellor colocados son Rif e Shakhtar. Os de Chaoui teñen moitas papeletas para seren subcampións (9 puntos), teñen garantidos 4 -que poderían ser 5- pola Kunka e aínda poden lograr 1 ou 2 se acadan a final da Kopa do Pollo. Temporadón no que acadarán postos de honra en todo e no que non andaron lonxe do triplete, aínda posible nas matemáticas. A situación do Shakhtar é moi parella en LPU (en principio sumará 10) e Kopa do Pollo, onde está emparellado precisamente ao Rif nas semifinais. En Kunka, en troques, aínda o ten todo por demostrar. Se non acada as semifinais, polo menos, dificilmente gañará a tempada. Así, o partido de semifinal kopapoleira entre Shakhtar e Rif é ademais un grande duelo estratéxico pola Tempada. Claro que convén non esquecer que a competición sicótica ten repesca este ano.
Pero aquí non remata todo. Os Túzaros teñen pendente un partido da LPU. Se todo se lles dá ben, poderían acadar mesmo o subcampionato. Ademais, están no ensaio de final da KP, o que os achega bastante a puntuar tamén nesa. Cos 2 puntos sumados na Kunka, poderían chegar a un máximo de 13, que poden ser abondo para un título en solitario ou compartido, sempre que o Shakhtar non avance moito en Kunka. Se gañan a KP e o finalista é Ordem ou Babudos, as súas opcións medrarán moito.
O River está fóra da KP, pero ten situación parella aos Túzaros na LPU. Se é subcampión e logra gañar a Kunka, a tempada tenderá a ser súa, aína que teña que atender a algúns resultados de Shakhtar e Rif.
O Torpedo, parecido ao River: fóra da KP, compite con estes na Kunka. Debe ir a polo prestixioso título que lle falta e facer un grande final de LPU que o achegue ao subcampionato que, cos últimos resultados, deixou de ser unha quimera.
O Pollo non é, de momento, candidato polos seus méritos: acontece que xogou pouco e que as matemáticas lle conceden opcións. Deixar atrás ao Shakhtar en Kunka sería un bo comezo que animaría ás bancadas. Gañar a Kunka e obter o subcampionato LPU (que agora mesmo teñen lonxe) sería, como para o Torpedo, probablemente suficiente.
TIRADA DE DADO
Achégase a fin de tempada e sería bo que alguén tivese a ben tirar o dado do carallo, para permitir que os equipos vaian adiantando a súa planificación de draft. Dito isto, proponse un sistema alternativo ao dado, en base a certas protestas bastante xustificadas:
- O sistema sería como até agora, con clasificación económica por postos nas 3 últimas tempadas e un rublo extra para o campión de Kunka que expira ao remate do seguinte ano.
- No lugar do dado, volveríase aos rivais rúblicos. Cada equipo ten 4 e pon 1 rublo en xogo contra cada un deles nos partidos da casa. Isto é: ao final de tempada, cada equipo terá unha caixa por rivais rúblicos de entre -4 e +4. Isto engádese ao valor anterior (o valor por postos) pero, igual que o rublo de campión de Kunka, non é acumulativo e expira ao final da tempada seguinte, sendo substituído polos novos resultados.
SI: Shakhtar, Ordem, Babudos
NON: Torpedo, MAG
CONVOCATORIA
O Shakhtar reta a Rif e Asalta a ir xogando os seus partidos pendentes ao longo da semana, se teñen un momentiño.
SEDE
Arraiano
ALTAS
Ordem
Babudos
Torpedo
MAG
BAIXAS
-
.
8 comentarios:
em Ginzo votamos que sim. Outra vez há partidos na casa e fora, isso mola.
o Arraiano é sede para esta sexta feira.
já precisar-hei a hora.
Estou dacordo. Pareceme ben a modificación e voto SI.
En canto á asistencia, vou.
Eu voto que non, o dado permite a mobilidade de toda a LPU, e iso mola.
Eu vou
tem bons argumentos o Rapaijk mas eu já votei e não vou mudar a palavra dada.
Voto non
É certo o que di Rapajk. Eu xa o pensara, pero esqueceume explicalo. O movemento no novo sistema viría de facer a media dos movementos por duelos rúblicos da campaña anterior, multiplicado por 2 (xa que a media tende a 0). Isto si sería acumulativo.
En todo caso, a min o dado paréceme aceptable. Como vexades.
Vou
Voto polos duelos rublicos
Publicar un comentario