mércores, 23 de marzo de 2011

T18: Brillante Shakhtar, cercano Rif


Temporadón do Shakhtar de Montreal, que logrou o segundo doblete grande (LPU e KK) da historia da WIFA. Segundo propio, tamén -aínda que o primeiro fora, ademais, pleno, pois aínda non había KP-. Na LPU foi quen de derrotar nos dous partidos a Túzaros, River e Asaltacunas, o que lle permitiu facer as diferenzas co Rif, co que empatou nos duelos directos.

Una derrota contra o Ordem na xornada inicial (2-0) provocou unha veloz reacción táctica, pasando de 3 dianteiros a 2. O equipo non volveu atascarse. O campión fixo un fútbol alegre e ofensivo e contou cunha zaga e un porteiro inesperadamente sólidos. No ataque, Arshavin estivo tan espectacular como versátil; Larsson, moi profesional, rematou cando lle tocou e participou no xogo entre liñas para facilitar as entradas dos compañeiros. Messi, irregular, gañou partidos pola súa conta, deixando algunhas das accións da tempada. Marchará agora nun leve cambio de rubo coa chegada de Rooney. Unha das chaves do equipo foi a cohesión con alternativas que lle proporcionou o seu mediocampo (Toulalan-Park-Xavi) e convén un recordatorio ao 12º xogador do Shakhtar: louvor a KP Boateng, chave en momentos incribles.

Tras gañar a LPU con espléndida puntuación e ceder a opción ao triplete na KP, primeiro ante unha tremenda remontada do puto Rif -rival a todas horas, co que comparte o Shakhtar título de campión da tempada, ademais de gañar tamén, finalmente, a KP- e logo ante unha serísima defensa babuda, o Shakhtar chegou á Kunka con fe e ganas por recuperar o seu título máis apegado. Comezou contra un Pollo en horas moi baixas. Gañou 1-0 nun partido no que, malia perdoar bastante, os de Malmö aspiraron mesmo ao empate. Unha epidemia de disentería colocounos ao borde da inesperada eliminación na volta. Os enfraquecidos xogadores do Shakhtar pelexaron contra un descomunal Zlatan e case sempre saíron perdendo. Pero os mangostas amarráronse ás súas opcións en ataque, cos seus escasos xogadores sans. E así, entre Arshavin e Kevin Prince foron mantendo ao equipo no partido 1-0. 1-1, 2-1, 2-2, 3-2. 3-3. 4-3. Os últimos minutos foron de desesperación, mentres o público do Ägg-cup bramaba polo 5º. Interpúxose o poste nun voleón franco de Miccoli, con Zubizarreta facendo a estatua. O Shakhtar resistiu o peor momento. Outra vez, xa van moitas, quedaba o Pollo no camiño rusista por goles en campo contrario.

A semifinal, contra o rival que máis puntos roubara ao Shakhtar na LPU, o equipo do Pobo, convertérona a calidade e frescura de Arshavin e Larsson nun paseo inesperado, cos seus momentos de estrés, que o Torpedo sempre dá o susto. Por sorte para o Shakhtar, non era o Der.

Finalísima Shakhtar-Rif. Comezou frouxa, foi gañando intensidade e non decepcioou cun dramático final. O grande Park cedeu a Arshvin o primeiro. Pero Romario empatou. Para o Shakhtar sempre foi un inferno gañar ao Rif. Seis vitorias para os non-canadianos en 28 partidos por nove dos seus rivais de Chaoui. Na última xogada do primeiro tempo, Larsson cruzou eficazmente un hábil envío de Bale. Na primeira xogada do segundo tempo, C. Ronaldo marcou un golazo descomunal, desde máis de 30 metros, que ficou fóra do alcance de Malafeev nada máis despegar da bota do luso. Con 2-2, o xogo seguiu de poder a poder. O Shakhtar mantivo a fe nos últimos minutos. Boa xogada, rexeitamento, o balón volta a Kevin Prince, que envía ao corazón da área e o capitán Park acada a vitoria, coa esquerda, na última acción do partido. O Shakhtar é campión e o Presidente, nun xesto que o honra, permitiu a Park continuar indefinidamente nas ringleiras do Shakhtar (tiña un intercambio de cesión por Stankovic). O retorno do capitán espacial non puido ser mellor.

O ANO DO INTERIOR ESQUERDO
; RÉCORDS PARA ARSHAVIN E IVAROV

Pinchar sobre as imaxes é boa idea.



Andrei Arshavin foi o grande trunfador individual da tempada. Gañou todas as clasificacións individuais ofensivas (agás o Dzajic, no que foi segundo e no que Der Saeten foi xusto vencedor). Os seus números nas competicións kopeiras son brutais. Nelas foi mellor que todos en todo.

Este foi tamén o ano de Ivarov, que batiu o lendario récord de Toldo no Given coa espectacular marca de 0,67 goles encaixados por partido. Sorprende enormemente a baixa clasificación do seu equipo tras un traballo defensivo de calado histórico. Formidable Bosingwa, que deixou todo o seu talento primitivo nos primeiros partidos e sentenciou a clasificación, podendo centrase despois no equipo. E o xa mencionado Der Saeten, polo seu primeiro Dzajic, aparte dunha espléndida actuación global e, en particular, nos encontros de LPU contra o Rif.

Pero o xogador da tempada foi o pequeno ruso do Shakhtar. Comezando a maioría de partidos como centrocampista, foi quen de superar por un punto o récord de AT dunha tempada (que pertencía a Stoichkov), con 43, nada menos. Vintetrés goles e 10 pases. Dito doutro xeito, gañou o Shevsebio (xunto a Larsson e Pato) malia que marcou menos goles na LPU que nas kopas. Parabéns ao crack parvo.
.

4 comentarios:

secretario dixo...

Xa sabedes: datos históricos á carta. Individuais e colectivos. Palmarés dun ou outro tipo, clasificación total, só de liga, Clasificación WIFA, historia dos premios individuais, récords, goleadores, etc.

MAG dixo...

yo quiero una completa sin cebolla y un vaso de agua

Anónimo dixo...

Váiseche formar un bolo no estómago. Pide Coca-Cola!

Rapajk dixo...

Si, por sorte para o Shakhtar non era o Der. Moi ben falado. Eses si que eran bos.