xoves, 31 de marzo de 2011

Clasificacións

Poderíase criticar o título argumentando que só é unha, pero aquí os sacamos de dúbidas. As individuais non se publican esta vez para non saturar, pois no esencial son semellantes. Gattuso comparte o liderado do Dzajic co tal Cesc. Seedorf manda no Primitivo. E o propio Seedorf e Abidal acumulan 2 cartóns amarelos.

Tocante á Clasificación Económica, este ano é felizmente interactiva. Queren saber cantos rublos están a gañar ou perder? Pois vaian á CE de principio de tempada e identifiquen rivais rúblicos. Logo vaian a calendario e busquen os seus partidos na casa. Miren os resultados, e sumen. É fácil e divertido!

E NON DEIXEN DE LER A CRONICAZA BABUDA DA NOTICIA ANTERIOR.
.

1 comentario:

duke dixo...

yo mañana voy donde me digais a defender el liderato a partir d la una k curro d tardes