Con este sonoro castelanismo, amplamente empregado no galegofalante Quebec ruso, expresou a organizadora da festa de celebración das 10 tempadas sen LPUs do Shakhtar o seu finxido desgusto polo
X18. Shakhtar 2-0 Túzaros
Arshavin e Arshavin
que deixa aos montrealinos con 11 puntos de vantaxe sobre o Rif, ao que lle restan 4 partidos para concluír a tempada por 3 dos mangostas.
A célebre curmá de Egor Titov, efusiva e etilicamente abrazada ao sempre recto e solemne Maksim Shatskikh, aproveitou para prender lume ás pancartas e bonecos que levaba preparando todo o ano para o grande festexo. Despois estivo un anaco rindo do uzbeco pola súa canadofilia.
Ao ser cuestionada por unha eventual catástrofe matemática que puidese facer aínda necesarias as pancartas, Galia respondeu, simplemente: "me la suda. Se perdemos agora, non se celebra nada". E ofreceu a súa particular crónica da contenda: "Arshavin saiu xa da ducha co dedo no bico e foi mandando calar, un por un, a todos os que se achegaban a felicitalo. Qué parvo é ese rapaz. O primeiro tempo foi a rehostia e Andrei meteu un golazo índose de todos. Na segunda, os vickingos plantaron máis batalla, o partido igualouse e logo non sei qué pasou, porque eu a partir do minuto 60 nunca son quen de lembrar nada". O que pasou foi que Arshavin cazou un rexeitamento tras xogada colectiva e disparou con decisión sobre o corpo de Lloris, que non o esperaba e acabou por metela dentro. O Shakhtar venceu ao campión para superar o 90% de probabilidade de sucedelo. Dez anos despois.
.
4 comentarios:
parabens??
calendario de liga actualizado.
¡¡¡PUTISIMO XAKTAR!!!!
Dios, xa non lembraba o divertido que é gañar a liga.
Publicar un comentario