Despois dun longuísimo parón, o Shakhtar tornou heroicamente ás competicións oficiais da WIFA. Primeiro para confrontar -tras superar nun grupo doado a Rif, Asaltacunas, Torpedo e Pollo- ao temible HSS nas semifinais da KP16. Co estadio ateigado, os pitufos do Asaltacunas plantaron unha sólida e solidaria defensa de 5, con 2 ou 3 axudantes na liña de destrución e dúas balas arriba. O Shakhtar controlou o xogo sen criterio, como tendo esquecido en qué consistía o invento. Ao longo do partido, os quebequeses dispuxeron dalgunhas ocasións máis que o rival, o cal resulta moi meritorio considerando as diferenzas de calidade entre uns e outros. No minuto 90 o marcador sinalaba un xusto 0-0 que a piques estivo de quebrar, poucos minutos antes, o dianteiro Luque, do HSS, que nunha acción vertixinosa controlou e enviou un terrible disparo ao poste, desde longa distancia. A prórroga discorreu máis ou menos igual, co dominio tan épico como tímido do Shakhtar. Até que, no derradeiro minuto, un erro en cadea da defensa non-canadiana acompañou a decididísima internada hispánica por banda esquerda: man a man, disparo axustado, gol case cantado e man salvadora de Yashin. Penaltis. E Shevchenko tirou fóra, pero Yashin detivo o seguinte. Así que a cousa, mal que ben, chegou con 3-3 ao quinto, cando Stankovic apuntou con decisión ao corpo de Palop, algo descentrado, e atinoulle. O porteiro, así e todo, botouse cara atrás ao recibir o impacto, rexeitando o esférico cara atrás e cara arriba e logrando o gol. Empatou o HSS, marcou Yaya Toure o 5-4 e o seguinte penalti foi fóra. Así, o Shakhtar facía historia ao vencer con dramatismo ao esixente HSS. Os de Montreal suman 16 finais en 16 tempadas e, cando menos por iso, poden estar contentos.
Despois chegaron os Babudos na eliminatoria de oitavos de final da Kunka. O Durruti presentaba un bo aspecto e o xogo foi algo máis vivo e interesante. Viuse a varios xogadores correr co balón, nunha e noutra dirección, distancias medias de 70 metros a uns 60 km/h. Nunha desas, Stoichkov chuzou. Despois Garrincha fixo algo parecido, apoiándose en Rooney. O segundo tempo dominouno máis ben o Shakhtar, que encaixou o gol da derrota nunha contra letal nos intres finais. 1-2. Tocaba remontar en Sierra Maestra, e Stoichkov chuzou dous goles nos primeiros 15 minutos (o segundo, todo hai que dicilo, de fermosa factura colectiva). A partir de aí, os Babudos dominaron e crearon ocasións infructosas durante os seguintes 45 minutos e, cando xa chegaban á desesperación, unha contra estúpida do Shakhtar rematou no 0-3 que case decidía definitivamente o duelo. Outro gol tonto de Stoichkov e un máis normal para rematar, puxeron fin a unha eliminatoria que concluiu con 18 disparos a gol por bando e o lóxico resultado de 6 a 2.
O Shakhtar está imparable, iso está claro. Ou, cando menos, é un supervivinte, afirmación totalmente vantaxista á vista dos resultados. Porque outras veces perde e non sobrevive.
.
13 comentarios:
Desculpas por deixar as fichas dos partidos atrás. Agradecerase publicación. Deséxase lembrar que hai, cando menos, un torneo pitufo por publicar; crese que en Chaoui (puto Rif).
É importante recuperar o ritmo da burocracia pouco a pouco. Gracias.
Garrincha ven con condición 2 e "Mágico" con 4
¿COMOOOOOOOOOOOOOOOOOORRRRRRRRRRRR?
ESO NO PUEDE SER Y ADEMÁS ES IMPOSIBLE. Solicito una votación para subirle la condición a Garrincha hasta 5, que es la que tiene en la versión anterior (creo recordar), o al menos hasta 4. Por supuesto mi voto es SI a esta medida.
En cuanto al tema de Mágico.....y cuantos rublos puede valer? Creo que el amigo González tiene ganas de volver a ver la Playa Girón y pasear de nuevo por las calles de Santiago, ascender los cerros de la Sierra Maestra, etc. etc. etc....
Hai máis cousas discutibles, por exemplo, Matthaus só trae a posición de MP mais vén no once inicial de Alemaña clásica coma o líbero. Faltan MC,CCD E LIB.
Acougue, comandante, que haberá tempo de falar. A ficha de Gerd Müller tamén ten un par de detalles chungos. Entroutros.
Segundo vaia mirando, informarei.
E na versión nova tamén vos vou romper o cu.
Por certo, sigo a deberlle pasta a Rapajk. Vergogna!
Deixade estar aos xogadores tranquilos, oh!
Por certo, cómo lle vai ao SUACI?
puto shakhtar
Case está feito un arquivo de opcións con tódolos nomes ben, só deben faltar uns 30, máis ou menos.
En canto aos xogadores, o de Matthaus por exemplo vese que é un erro. Non só porque efectivamente xogaba nesas posicións (de MP comezou a xogar cando foi para a Italia, nunca xogara nesa posición, na primeira etapa no Bayer xogaba de CC, cando voltou pasou a CCD e nos derradeiros era o líbero), se non porque noutras versións si que viña ben.
O de Garrincha outro tanto,de onde sacan agora que era un xogador irregular?. Trae pouca resistencia (70) co que si podo estar dacordo. De Pelé non falo, agora perdeu precisión de disparo(95), entre outras cousas. 1274 goles, oíches.
E de Gerd, a ver se nos decatamos que ter un estilo 'tosco' non quere dicir que non saber controlar o balón(68) nin pasar(sesentas varios).
De todo isto, ás probas me remito.
Pois eu véxoo todo bastante ben.
Falando un pouco en serio, por min esperamos a corrixir esas movidas, por mera cuestión práctica. Se finalmente os suaciboys logran extraer os datos directamente do arquivo editar datos, sería un choio en xeral: planteis sempre actualizados, coherencia permanente entre fichas suaci e fichas will, un único suaci...
Se queredes facer propostas de modificación, a miña suxestión -obviamente, por poder, podedes facer o que vos dea a gana- é que as fagades completas unha vez que o SUACI estea funcionando. Podédelas preparar agora e vótanse en canto teñamos todos acceso ás fichas. Eu aviso, simplemente, de que o meu voto favorable pode depender de algo tan smple como que se poida extraer o suaci do arquivo de opcións.
Puto CHAKTAR¡ hehehe
ESO, PUTO XAKTAR!!!!!
Por certo, xa teño todos os clasicos desbloqueados, se queredes mirar algun.....
Publicar un comentario