sábado, 16 de outubro de 2010

Fazaña e inxustiza

Chegou o valente Shakhtar a Zagreb para o confrontar ao Der Torpeden, orgulloso e eufórico vencedor do Che Marx na prórroga dos oitavos de final. E, nunha actuación moi meritoria, obtivo un xusto 0-2 gracias a Stoichkov e Shevchenko que mesmo chegou a facer aos rusistas pensar nas semifinais. Máis cando, chegando ao descanso do encontro de volta, no Durruti das desgracias, Yaya Toure atopou un oco para Mutu, que tivo o tino de superar a Pletikosa para establecer o 1-0, 3-0 no global. Pero a alegría dura pouco na casa do feble. Malia que os mangostas probaron e probaron a Pleti ao longo do partido (7 paradas do xigante croata, algunhas incribles) o segundo tempo comezou con gol de Yaya Toure na propia porta aos poucos minutos. O marfileño adiantouse a Yashin, Skrtel e Gallas nunha xogada sen participación croata. A partir de aí notáronse as diferenzas de calidade: seguinte chegada e golazo de vaselina de Crouch. Na próxima, impresionante volea de zurda de Pellisier. Con 1-3 e Mboma de organizador-pasador, o Der amarraba o pase e o Shakhtar volcouse con heroísmo sobre o inexpugnable Pletikosa, xerándose unha contra da que non saíron indemnes ao atopar Pellisier un rexeitamento na área para anotar o 1-4 definitivo. Media hora e tres oportunidades de gol abondaron ao Der para facer 4 tantos e desfacer as ilusións dun Shakhtar que chegou a pensar na clasificación. O fútbol é cruel e a moeda cae sempre do mesmo lado, como se fose un xogo trucado.

Montreal xa soña coa milagre na final da Kopa do Pollo, último encontro da tempada. Mentres, os sorrisos no bando de Zagreb quedaron xiados ao coñecer que o seu rival en semifinais será o Couto Mixto Fútbol. Para un peixe grande, sempre aparece un maior.
.

2 comentarios:

h dixo...

quanto cariRma, uns petufos na final.

Rapajk dixo...

o capital está perdido! o pobo á final! ánimo muchachos!