Análise do estado da situación da WIFA. Tras un longo período de parón, provocado pola suma de moitos motivos pero, esencialmente, polas complicacións sistemáticas de comparecencia de Shakhtar, Tuzaros e Ordem. achegámonos por fin á finalización da T16. A LPU16 está rematada e a súa clasificación final, pendente de publicación. Ninguén ignora que o Asaltacunas foi o campión, unha vez máis, pero quizais alguén xa o esquecera. A Kopa presenta este cadro. A Kopa do Pollo, como a LPU, ten os resultados e as clasificacións por actualizar. Pero o cadro restante da mesma é ben sinxelo:
Semifinais
Shakhtar - HSS
Tuzaros - Pollo
O Shakhtar, como limitante habitual nas últmas datas, volve a ofrecerse para concertar cita con representantes de Babudos e HSS ao longo da ponte. A presenza do Torpedo e o CMF sería tamén útil e moi ben recibida. O Shakhtar non propón data nin lugar, pero fará o posible por adaptarse aos propostos polos seus rivais, preferblemente en horario diurno. Tamén se desexa expoñer desde aquí a posibilidade de organizar unha xuntanza estraordinaria, con todos os equipos posibles, antes da fnalización da citada ponte, comezada coas festas kinitas e que concluirá con celebración do asaltacunismo.
En canto conclúa a tempada -modélica no eu momento, caótica e deslabazada no desenlace-, todas as clasificacións serán actualizadas, económica incluída.
A competición pitufa, pola súa banda, presenta o problema de que se bota en falta a publicación dos resultados de, cando menos, un torneo, gañado polos Netos do Rif. Polo demais, hai tempo que require dunha actualización clasificatoria. Como avance, pódese dicir que Bloco, Netos, HSS e Durrutinhos compiten aínda pola cabeza, cos rivais a grande distancia. Crese que o Bloco é o líder, pero ignórase se en solitario.
T17
Con independenza da maioritaria euforia que provocou a lectura inicial do novo convenio, foron xurdindo desde diversas fontes algunhas cuestións que pasamos a expor. Esperamos que queden resoltas o máis pronto posible de tal maneira que, tan pronto remate a T16 e o SUACI fique adaptado ao novo convenio (traballo xa en curso, informan en Monte Alto), poda dar comezo a agardada e prometedora T17.
1) Posibilidade de baixar os equipos a 100 rublos.
Si: MAG
Non: Rif, Torpedo, Asalta
Abstencíon: Tuzaros, Shakhtar
2) Posibilidade de igualar equipos, independente da anterior.
Si: Rif, Shakhtar, MAG
Non: Torpedo
Abstencíon: Asalta, Tuzaros
3) Posibilidade de modificar o sistema económico, se se igualan equipos. Obxectivo: reprimir a acusadísima tendenza, malia as continuas melloras do sistema económico, de que os mellores adestradores conten con moi superiores planteis.
Si: Shakhtar, MAG
Non: Rif, Torpedo
Abstencíon: Asalta, Tuzaros
4) Proposta concreta para o anterior: cada equipo, agás os 3 máis ricos, poderá decidir, a principio de tempada, que porcentaxe de beneficios/perdas por partidos quere que lle sexa aplicado. Isto é: se un equipo sospeita que vai perder moitos cartos, poderá escoller que os seus resultados vaian ao 40%. Deste xeito, se finalmente obtén un balanzo de +5 en partidos, quedaralle reducido a +2. O mesmo no caso de que tivese, como agardaba, perdas, que pasarían de -5 a -2. Evidentemente, pódese votar que si á pregunta 3 e que non a esta.
Si: Shakhtar
Non: Torpedo, Rif, MAG
Abstencíon: Asalta, Tuzaros
5) Posibilidade, en calquera dos casos, de reducir a diferenza entre o clube máis rico e o máis pobre dos 20 rublos actuais a 15.
Si: Rif, Torpedo, MAG
Non: -
Abstencíon: Asalta, Tuzaros, Shakhtar
6) Posibilidade de reducir esa diferenza a 10.
Si: MAG
Non: Torpedo, Rif
Abstencíon: Asalta, Tuzaros, Shakhtar
7) NEW! Valor fixo para os equipos (con ou sen pequenos incentivos por logros)
Si: Asalta, MAG, Torpedo (só se se igualan porque blablabla)
Non: Rif
Abstencíon: Shakhtar
BEN SEI QUE HAI ALGUNHAS PROPOSTAS MÁIS, PERO AGRADECERÍA QUE SE ME LEMBRASEN POR ESCRITO. COMO, POR OUTRA BANDA, PARECE QUE A XENTE COMEZA A POÑER CLÁUSULAS NOS VOTOS QUE DEPENDEN DA CRONOLOXÍA DA VOTACIÓN, IGUAL É MELLOR FALALO. A MIN DÁMEVOS O MESMO, É SÓ UNHA IDEA. EU SIGO CONTANDO VOTOS.
Desculpen as omisións doutras propostas xa feitas e non recollidas no presente documento. Por favor, síntanse convidados a lembrárnolas e tamén a propoñer outras novas, tanto na liña das existentes como en calquera outra. Todas as propostas serán recollidas coa maor puntualidade posible.
Grazas pola súa atención.
Atentamente
A secretaría da WIFA ao completo, de regreso de Honolulú.
.
venres, 8 de outubro de 2010
Como anda a cousa na WIFA?
Etiquetas:
comunicados,
Kopa,
Kopa do Pollo,
pitufos,
Regulamento,
T16,
T17
13 comentarios:
O Shakhtar adebeda ao Torpedo unha cantidade pola copia do convenio colectivo e gostaría de resolver esta cuestión tan pronto como sexa posible.
Bueno a ver:
1- Pareceme ben o de baixar algo os equipos pero 100 rublos creo q e pouco, entre 120 e 130 seria algo mais razonable, pero hay q mirar q tipo de planteis se poderin facer...
2- co de igualar estou dacordo
3- Que beneficio teñen enton
4-Que pasa cos 3 mais ricos?
5-si
6- posiblemente si
Eu co único que estou dacordo é con reducir a diferenza en 15 rublos.
Se queredes igualar eu pasaría do sistema de rublos e deixaría os equipos nun valor estable, 100, 130 ou o que sexa. Se non probablemente imos estar igual en tres tempadas.
Dito isto, por min o deixamos como está agora.
En canto á débeda, pois non sei, se non nos vemos antes, o vindeiro venres á noite, se é que alguén se apunta a viciar.
Eu teño toda a intención de ir o venres próximo e mesmo antes, como dixen. E gustaríame poder resolver o dos cartos antes.
Señor Selassie:
3- ningún. Para que?
4- o que pasa cos 3 + ricos é que non podemos permitirlles que elixan non arriscar os seus cartos e seguir sendo eternamente ricos.
boas.
eu tanto luns coma martes non traballo polo cal non tería problema e, por exemplo, facer unha quedada "especial" o luns pola tarde noite coma se fose un venres pa deixar rematada a tempada 16. Con iso de que o martes e festivo habría posibilidades que se xuntase moita xente.
Con respecto a este tema, y debido al largo parón, pido a todos los compañeros que opinen acerca de "metodos alternativos de finalización". Lo digo más que nada porque, como creo que dijo el túzaros no hace mucho, que iba a estar un poco ilocalizable ultimamente. No se, como digais, pero mientras no este ambas copas están paradas.
Con respecto a los puntos opino lo siguiente:
Con respecto a la bajada de rublos, la mayoría de nosotros (creo que aquí excluyo al rif, je je, lambretas incluidas) no sabemos del todo como va el nuevo pro aunque tiene muy buena pinta. No sabemos si tener el tener estas cantidades de rublos será tan deficitario para el juego colectivo como en la anterior version, y aunque con el anterior juego si era partidario de ello, creo que no era mala idea esperar una temporada con el nuevo para ver como rula.
Con respecto al tema de igualar, pues que qureis que os diga. ¿Cuantas veces van ya? Como dice Rapaij, si cada tres o cuatro ligas vamos a andar con lo mismo, casi mejor hacer que todos los equipos tengan un valor y punto, que no haya rublos así no hay diferencias.
Como dice el secretario, aunque se iguala, pasado un tiempo vuelve a haber diferencias y casi siempre en el mismo sentido. Pues entonces casi mejor que no haya esa posibilidad, todos iguales y para siempre. Mejor eso que no andar teniendo que reestructurar los equipos cada x tiempo.
Todos iguales y que, por ejemplo, el campeon pueda cojer un quinto clásico que no pueda exceder del valor del cuarto que tenía anteriormente. que el que quede último tenga que tener en vez del 20 de banquillo un 22 o que tenga que cojer 19 jugadores, no se.
Pero particularmente, y que nadie se sienta molesto por esto, no es mi intención, para andar teniendo que retocar los equipos cada tres o cuatro años, prefiero que todos tengan el mismo valor y mandar los rublos por el retrete.
Buenas. Sí, yo lo tengo realmente jodido para quedar, pero como creo que ya dije, el día en que REALMENTE se pueda acabar o solucionar algo, si me avisais (mejor por mensajito al teléfono, que casi nunca tengo ordenador), intentaré acudir.
Y en caso de que no pueda, jugad el partido por mi y listo.
Respecto a las votaciones estas me abstengo. Para mi ahora mismo está bastante bien, aunque existan ciertas desigualdades, creo que es asumible y así no andamos con cambios cada dos por tres. Si os apetece resetear a X valor de rublos de los planteles ok, es algo que no viene mal de vez en cuando. Particularmente me da igual que valor se elija.
Respecto a lo que apunta Rapajk y Duque de tener valores fijos de equipo, aunque obviamente es lo mas justo y sencillo, me parece un poco soso. Si vamos a optar por algo así, yo sugiero algo parecido pero con un poco más de gracia:
Todos los equipos valen X (130 rublos por ejemplo). El que gane la liga obtiene 6 rublos más para la siguiente temporada (pero ojo, no acumulables, si la siguiente temporada renueva el titulo seguirá teniendo 136 rublos de plantel, y si no lo hace regresará al valor normal, 130)
El subcampeón lo mismo pero con 4 rublos, el tercero de la liga 2 rublos y el cuarto 1.
Así la diferencia máxima entre dos planteles sería simpre de 6 rublos y por lo menos hay un poco de incentivo por ganar.
Vale, por min quedamos ó luns á tarde para tentar avanzar no tema e, se logo queredes seguir dándolle á noite, vós mesmos, que eu non creo que poida. Polo de agora estamos dispostos Babudos, Asalta e Shakhtar. Sen sede, iso si.
Con respecto ao que dicides, non lembro cando cona se igualaron os equipos e levamos xa 16 tempadas. Pode que, efectivamente, sexa un puro problema meu de memoria, porque eu estou case convencido de que iso non se fixo nunca ou se fixo unha vez e hai moitas, pero moitas Ts.
Non me parecen nada mal as ideas de dar valor fixo aos equipos, por máis que sexan sosas, como di o Diego, o cal é certo. Pero simplifican e son máis xustas. Tamén estou dacordo co Duque en que de momento pode ser cedo para baixar equipos, pois non sabemos se nesta versión é necesario. Abstéñome porque entendo que para baixar equipos non hai porqué ter motivos obxectivos, pode apetecer e punto, pero os xogadores máis lendarios da WIFA son caros, porque sempre xogamos con equipos caros, e dá un pouco de pena deixalos agora á marxe.
En fin, como a maioría das cousas me dan igual, vou argumentar sobre as que non me abstiven:
2) Os equipos están moi desequilibrados e ven versión nova. Sempre os mesmos xogan con peor equipo versión tras versión. Xa toca que teñan un punto de partida igualitario.
3) Para min, de igualarmos os equipos, o ideal sería que o sistema non tendese a facernos a mesma putada cada pouco, polo que eu creo que o trocaría ou modificaría.
4) Esta idea paréceme boa porque permite aos equipos planificarse á vista do seu calendario rúblico, acotar perdas, etc.
Evidentemente, igualar equipos e deixalos dese valor (140, p. ex.) resolve eses problemas. Pero, con respecto a iso, abstéñome porque me resulta, como di Viqui, algo soso. Se sae que si, pois saiu.
1- Si
2- Si
3- Si
4- No
5- Si
6- Si
7- Si (Con ventajas adicionales al ganar las distintas competiciones/trofeos. Ya comentaré alguna idea.)
4-non
6-non
7-nin de coña ( dejo la liga)
Eu estou a favor da 7 no caso de que se igualen equipos, para que non se teñan que igualar outra vez no futuro, coas desfeitas de plantel que ocasionan estas cousas.
Eu tamén penso que é mellor falalo o venres
Publicar un comentario