sábado, 24 de xullo de 2010

Regulamento e burocracia

Sen ánimo de querer pisar a excelente noticia anterior, velaquí o xeito en que van mudar a burocracia e o regulamento. Sempre que teñan dúbidas, consulten a categoría de Burocracia ou Regulamento na hemeroteca do Xornal. Se teñen calquera queixa ao respecto de calquera particular, fagan contraproposta nos vindeiros días e votarase.

DRAFTS

Os drafts comezarán tan pronto como remate unha tempada.

Os descartes e blindaxes daranse antes das 12 da noite do martes inmediatamente posterior ao remate da tempada. Se a tempada remata un luns ou un martes, adiarase ao martes seguinte a entrega de descartes, sempre que non haxa acordo unánime en contra. Evidentemente é legal adiantarse a este prazo. Os descartes publicaranse todos á vez.

As fichaxes daranse antes das 12 da noite do xoves. Obviamente é posible, tamén neste caso, entregalos antes da data límite e mesmo á vez que os descartes. A orde de fichaxes no draft será a inversa da tradicional.

Non entregar os descartes antes das 12 do martes implica non poder participar no draft até o remate do mesmo, non poder facer uso dos descartes dos demais nin roubar. Se máis dun equipo se atopa nesas circunstancias, entenderanse entre eles e darán o resultado conxunto dos seus drafts na data que queiran, non podendo debutar até entón. Se alguén dá os descartes despois do xoves, non poderá draftear agás se ten que baixar, caso no que, de novo, non poderá roubar nin usar descartes doutros.

Non se avisará de ningún destes prazos por ningún medio que non sexa o propio Xornal e nin sequera isto será esixible. Simplemente a tempada remata e comeza o draft.

O draft invernal será como até agora, pero sen respectar escrupulosamente os turnos. Se alguén fai esperar, perde o turno e vai despois.

RERROUBOS

Os rerroubos ou recuperación de xogadores non contarán como roubos, aínda que se pagarán como tales e terán idéntico funcionamento.

BUROCRACIA

Ao remate de cada draft, cada equipo recibirá un excel que deberá cubrir co seu plantel actualizado, ordeando aos xogadores con prezo decrecente e en orde alfabética en caso de empate. Indicará, ademais, cales deles están blindados. Os nomes dos clásicos irán en letras maiúsculas. Deberá entregarse antes dunha semana de competición ou os restantes planteis serán publicados e os xogadores dos clubes que non o teñan entregado constarán como libres, a todos os efectos, nos dous drafts seguintes (invernal e de final de tempada).

Despois de cada xornada de WIFA, un equipo levará todas as fichas dos partidos -incluídas as competicións pitufas- e deberá publicalas antes das 12 do luns. Cada día ou fracción de retraso suporá a perda dun rublo -sen previo aviso de ningunha clase- para o equipo encargado; rublos que perderá con respecto ao seu posto teórico no draft da tempada seguinte, pero non nas sucesivas, senón volve acumular a sanción. Despois da publicación de resultados terá dous días máis (caso de facerse esta en prazo ou antes, até o mércores ás 12) para publicar os individuais de todos os equipos, con idénticas sancións para as posibles demoras. Se unha xornada é particularmente longa, dous equipos poderán asumir o reparto do choio, contándolles como unha semana completa de traballo.

A orde será esta:

Rif
MAG
Pollo
Asalta
Tuzaros
Babudos
Torpedo

Se un equipo non estivo presente na xornada, o seu turno pasará ao seguinte e ficará pendente para a súa seguinte aparición. Se un equipo non pode asumir o seu traballo na semana que lle toca deberá acordar con outro o intercambio de responsabilidades. Ningunha destas eventualidades alterará a orde do seguinte ciclo, que volverá ser a suprascrita.

Ordem e Shakhtar non figuran no reparto porque asumirán tarefas diferentes.

O Shakhtar comprométese a enviar as clasificacións ligueiras e económicas nos dous días seguintes á publicación de resultados, con sanción dun rublo por cada día de demora. O mesmo coas individuais, contando os días a partir da publicación destas. Se as publicacións se adiantan aos seus prazos, o Shakhtar poderá publicar igualmente até o mércores ás 12 e até o venres ás 12, respectivamente. Ademais, por motivos de actualización da base de datos, quedará escluído destas obrigas na primeira semana de competición de cada tempada.

O Ordem fará e publicará calendario ligueiro na semana do draft, levará conta dos cadros kopeiros e da clasificación pitufa cada semana e cubrirá as eventuais dificultades do Shakhtar asumindo as sancións correspondentes chegado o caso.

Será posible solicitar exención de sanción en casos excepcionais. De feito, esta exención darase por feita nas citadas circunstancias, sempre que sexan moi obvias.

De xogarse algunha mini-xornada en período estraño, un dos xogadores responsabilizarase de pasar os datos, sen que iso o exima do seu turno usual de traballo.

Se existe algunha dúbida, se percibe algunha omisión total ou parcial, incoherencia ou desacordo co antedito, por favor informen.

Gracias.
O aturullado secretario.

1 comentario:

Fan Enloquecido dixo...

Viva el rosa !!!!