Dzajic para Dzajic, todo un retorno, e van 4 por 7 de Stoichkov e 2 de Garrincha, máximo pasador da tempada. Os récords neste eido seguen sendo de Hristo, que deu unha vez 21 pases, todos en liga. No global, 151 para o búlgaro, 73 o serbio, 65 o lisiado, xa terceiro.
Stoichkov quedou a un tanto do récord nunha tempada (Koller) e é o 11º xogador que remata unha con máis goles que ninguén. Shevchenko logrouno 5 veces e outros 10 xogadores, unha cada un. E ningún era Zlatan.
Buffon outra vez e van 6, por 4 de Toldo e 3 de Schmeichel. O italiano agora ordemado conserva, porén, o seu estratosférico récord partisano de 0,7.
Pepe foi o máis básico, pero a historia continúa a manter a Carragher como ídolo máximo neste terreo.
A un punto do récord, outra vez, quedou Hristo no AT. Pero este era xa seu. Catro veces foi o mellor atacante e outras catro o seu grande rival, agora axente libre, Eusébio. Dous premios destes levaron Koller e Weah; Shevchenko, Torres, Mutu e Villa, un.
E o demais xa o saben. En dar con continuidade o grande mestre é Abidal, que acumula 20 cartóns amarelos e non leva aínda tanto na WIFA, o máis cimmerio é Carragher con 7 caaveiras vermellas nos tacos e Kolo Toure continúa, despois de tanto tempo, como líder dos suicidas, con 6 autogoles.
E xa saben que se queren algo de historia, trabállase máis ou menos á carta. Por exemplo, velaquí teñen -a pedimento desde Xinzo- o AT e PP históricos e máis o palmarés, única clasificación na que fomos quen de atopar ao Ordem de último absoluto.
E tamén, a solicitude dun fan de Marko, o acumulado de premios individuais por clubes:
11 comentarios:
Material que se pode proporcionar:
- Máximos goleadores históricos (totais, só liga ou só kopas)
- Máximos pasadores
- AT histórico
- Primitivo histórico
- CA hist.
- CV hist.
- PP hist.
- Palmarés dos xogadores (ordeado por títulos, ligas ou kopas)
- Palmarés historico dos clubes da WIFA
- Clasificación WIFA
- Clasificación WIFA ponderada
- Clasificación histórica (total, liga ou kopas; ordeada por puntos totais ou por media de puntos)
- Clasficación por goles en prol, por goles en contra, por suma dos anteriores ou por ratio
- Cadro resumo dos postos de cada equipo en liga, coa evolución ao longo das tempadas
- Cadro de finais kopeiras
- Igual algo máis pero non sei o que
Ah, si:
- Cadro resumo de premios individuais (ordeados por clube ou por xogador)
- Información personalizada dun xogador (datos globais da súa carreira até unha data concreta e postos que ocupa nas clasificacións)
por favor, publica a do AT histórico.
e xa postos o PP histórico tamén.
e algunha clasificación WIFA ou histórica, na que aparezan todos os clubes e o Ordem sexa o último, mesmo por trás do efimero Matto Grosso.
evidentemente cando queiras ou poidas.
Moi boas. Sería posible coñecer os datos de premios individuais totais de cada plantel? Cantos Dzajic, Shevsebios, Givens e demais gañou cada un?
Graciñas
pois mira que tardou o rollo.depois de tanto rollo para que siga xogando no pollo e mira e o maximo goleador pois se o final do tipo vale os 19 rublos eses.espero que siga a xeira pa ano que falta fara e non mo van roubar o tiro eu o rio que pra eso son o presi.
por certo, muito obrigado.
Claro, Amauri gañou e Shevsebio. Iso o explica todo.
Ah, si?
El Swazi se metio 19 goles en propia puerta, como minimo...
Deberia cambiar el nombre a Monte Alto Suiciders...
HAHAHA, que animal. E aínda non lle afectan moito os cambios de versión. O MAG debe ser un dos equipos que máis goles meteu ao MAG, historicamente.
Publicar un comentario