Dezanove equipos -todos os equipos da WIFA e todos os pitufos agás os Durrutinhos- con verdadeira fame de fútbol citaranse hoxe no ARRAIANO ÁS DEZ E MEDIA para unha brutal xornada de LPU, Kopa e Kopa do Pollo. Setenta e dous partidos restan aínda para definir os títulos. A pretempada farase longa para quen remate hoxe coas súas obrigas. Pero é pouco probable. Moito partido de dios. Esta T15 terá vida despois de hoxe. Sobre todo se a xente se anima a tundar ao Rif.
.
2 comentarios:
todo mentiras
é verdade!
Publicar un comentario