martes, 1 de xuño de 2010

O Shakhtar e os Babudos tocan fondo mentres o Asalta se une á pelexa


Tremendo o rendemento dos do Duque en LPU nas 4 últimas tempadas. Todo vai ben para os 4 primeiros, moito terán que pensar o resto, agás o Moraleja, que aínda pode coller o rumbo axeitado. A segunda volta caerá de contado sobre todos nós.

KOPA

A Kopa estreou o seu novo formato kunka cun duelo espectacular entre os Babudos e os Durrutinhos, pitufos do Shakhtar. Unha loita sen cuartel, moi ben desputada polo equipo pequeno e dignamente resolta polo grande nunha emocionante prórroga do partido de volta. As individualidades de Che (cun eslalon estratosférico), Cisse (sobre todo nun remate brutal á escadra) e, por riba de todos, Wayne Rooney -autor de 3 goles incluíndo o decisivo e de dúas violentas patadas- superaron in extremis o magnífico traballo colectivo dos de Clemente, tremendamente lastrados polas baixas no ataque no encontro decisivo. A bravura de Semak, Yeste, Chygrynskyi, Iraizoz, Aduriz, Aliiev, Fletcher e todos os seus compañeiros non foi suficiente para dar a grande sorpresa. Pero outros conseguirano. Confiemos nos pitufos e no seu desafío colectivo de eliminar, cando menos, a un gárgamel. Os Babudos poden estar contentos. Tiveron recursos e temple abondo para superar unha situación difícil, pasar rolda, sumar outro punto na clasificación WIFA e achegarse un pouco ao soño da Kopa.

KOPA DO POLLO - APOSTAS

Chegou o momento das apostas. E son moi interesantes. Observen:

Finalista: Tuzaros (1 KP)

Semifinalista: Babudos (sen títulos)

Grupo cuartos: Ordem, Der Torpeden e Moraleja (todos sen títulos). Ordem e Torpeden empataron 0-0 no partido inaugural do grupo.

Así que xa saben. O bono conservador é claro: 0,5 polos Tuzaros. Para quen queira participar.

polo Tuzaros: Tuzaros (0,5)
polo Babudos: Shakhtar (0,5)

INDIVIDUAIS



PITUFOS

Actualización da clasificación pitufa

1. HSS +6
2. Sexy Team +5
3. Netos +2
4. Moralejitos 0
5-6. Der e Pitinhos -1
7-8. Durrutinhos e Che Marx -2
9. Kinitos -3
10. CMF -4

Moi ben o Moraleja B, para seren debutantes.

DRAFT

Sigan avanzando nos descartes, no posible.

Polo momento:

Babudos non draftean
Shakhtar desbota a VALERY KARPIN (9 rublos)
MAG a ALAN SHEARER (13)
Tuzaros a Javier Zanetti (11)
Asalta non desbota
Torpedo a Valeri Bojinov (3)

.

3 comentarios:

duque dixo...

nun mini torneo de tres disputado o irense todos, a HSS gañou 3-0 os kinitos, kinitos e der torpeden empataron a uns e HSS e der torpeden empataron a 2.

Con estes resultados HSS campion, Der torpeden segundo e kinitos terceiros.

Falta tamen os datos do torneo anterior entre moitos que gañou o HSS

getxo dixo...

E o nome do Torneo, que? Publíqueno. Con nome, fotos e datos. Cona.

staatsekretär dixo...

os dados do "Asanovic" será publicado num par de dias.