domingo, 6 de xuño de 2010

Tudor, moi satisfeito co traballo dos rapaces

(Redacción)

Igor Tudor, adestrador do filial filoxermánico do Torpedo Zagreb, Der Torpeden, compareceu en rolda de presa trala vitoria dos seus xogadores por 2-0 no encontro da Kopa do Pollo contra o At. Moraleja.

'Preparamos moi ben o encontro. As fichaxes de Frings e Olic e a incorporación de SuperSchneider coma o meu segundo adestrador deron moi bo resultado. Así coma hai pouco dixen deles que andaban no póla, agora debo comentar que estiveron extraordinarios. Esta semana traballamos moito a defensa, e nótase, Pletikosa, Robert Kovac e Gálasek, con Reuter por diante, foron un auténtico muro. Aínda non encaixamos gol ningún en competición oficial.'

Ante a pregunta sobre as posibilidades do conxunto de alcanzares a vindeira rolda, mantívose cauto: 'Lembren que non dependemos de nós, tense que dar un resultado favorable no encontro que resta por xogar do grupo, mais si podo afirmar que temos boas opcións'.

Non quixo facer mención á mala xornada do primeiro equipo. Nin contestar ós rumores que o sitúan a el mesmo coma o adestrador do Torpedo para o vindeiro ano. 'O único que sei é que eiquí aínda queda traballo por facer'. 'Estamos vivos nesta competición e aínda non comezou a Kopa. Non teño tempo a andar pensando no vindeiro ano'.

Torsten Frings e Ivica Olic recibiron unha ovación cando saíron ó campo para xogares por vez primeira co Der Torpeden. 'Son da casa. Moi ben fichado, si señor', dicía un siareiro que levaba unha camiseta co número de Bystrov. Outros declararon 'Cun filial que xoga así, eu vou deixar de ir ós encontros do primeiro equipo'. 'Estes rapaces si que saben de que vai o fútbol', declarou outro.

Estes ánimos contrastan coas facianas que mostraban o descontento entre os xogadores do primeiro equipo. Boniek saíu ó paso: 'Pensaba que tiñamos opcións de ir pola LPU mais esta xornada amosounos que aínda queda moito por facer antes de aspirar a nada. E si, teño certa envexa do noso filial... Eles manexan moito mellor os encontros. Hai moito que mellorar".

1 comentario:

Un seareiro anónimo dixo...

Que vergoña, tirando os cartos do Pobo. Somos comunistas para isto? Somos comunistas? Mirade para eses rapaces, que dá gloria velos e por culpa dos outros o meu cartón de racionamento vén agora con un "-2" ben grande escrito enriba. E todo para que? Parecemos ianquis, mesmamente. Sen ánimo de criticar, eh? Que ninguén se alporice.