martes, 26 de xaneiro de 2010

Por fin temos datos individuais; saiba quen fixo que

Pois aí teñen unha clasificación de goleadores ben innovadora, e unha clasificación de pases tan clásica que xa fede, pero vaia, que haberá de todo e os tradicionalistas seguro que han estar satisfeitos. Tocante ás patadas, parabéns a todos pola leve melloría, cun fermoso Cum Laude para o grande Alves, malia que logo estraga o seu prometedor primitivismo coa manía de asistir a compañeiros. Novas averiguacións fanno chegar á conclusión de que a liga tornou homosexual ou ben os árbitros están insensibilizados. Moi preto do final da campaña, dificilimente se acada o 50% de cartóns da T12. O Given, por outra banda, non fai ningunha xustiza a Sepp Maier, porque o rapaz, individualmente, leva unha estupenda media de 1,12 e ocuparía o segundo lugar se non fose porque o premio se concede aos clubes. Preman na imaxe para vela ampliada.
Compre mencionar tamén a outros xogadores humildes que non aparecen nestas listaxes pero que teñen tamén o seu mérito. Trátase de Zbigniew (O Roxo, El Polaco) Boniek, cos seus 3 goles e o seu pase, do grande Michael Ballack, polas súas varias asistencias (2) e a súa absolutamente nula aportación cultural. Unha organización sen identificar está a crear unha plataforma para a liberación do artista ou, cando menos, para esixir ao Duque que lle permita expresar a súa arte. E gracias ao propio Duque queremos lembrar tamén a excelente tempada do único futbolista mozambiqueño que pasou pola WIFA na súa historia: Eusébio, 2 goles nunha soa tempada. É bo non esquecer nunca aos humildes.

O Primitivo e o AT coméntanse sos. Haberá emoción até o final, con múltiples candidatos, se ben Baggio e Porculio teñen a vantaxe de seguiren vivos na Kopa e os candidatos escoceses, amais diso, contan con 7 partidos ligueiros pendentes.

3 comentarios:

h dixo...

é mui curioso o de van Bronckhorst porque joga mui pouco, deveu sair a cartom por partido. Em qualquer caso jogando tam pouco pode-se-lhe dar por cumprida a sançom em qualquer dos jogos nos que nom participou depois de estar sancionado. E se nom é igual para a T14 nom jogara o primeiro e já esta.

duque dixo...

no se nos olviden de otro jugador que esta a realizar una temporada digna de sus habilidades.
El "tonto" alias eusebio lleva la nada despreciable cifra de dos goles en todo el campeonato.

getxo dixo...

Joé... agora mesmo vai á noticia, de cabeza. Gracias.