A Kopa do Pollo é a competición máis recente da WIFA, aínda que na presente tempada acadaba xa a súa novena edición. Unha competición impredicible, de KOs directos, da que é doado quedarse fóra sen terse sentido dentro aínda. A súa historia está plagada de curiosidades. A historia das súas finais comezou na T5 cun sorprendente 4-0 do Pollo de Zlatan e Koller a un por entón intratable P. Clash; aquel resultado, amais de dar nome popular á competición, arruinou unha moi prometedora tempada dos escoceses e constituiu o primeiro título para os suecos, equipo máis admirado e seguido do mundo, como é ben sabido. E, desde entón, porén, pese a se ter proclamado mesmo campión da LPU, o Pollo non volveu acadar sequera as semifinais desta competición que xa lles é maldita. Catro edicións inauditas seguiron á inicial:
O campión da LPU5, o españolizado Asaltacunas FC, gañou a KP6 completando o seu palmarés no tocante a títulos e ademais conseguiu posteriormente, e na mesma tempada, o doblete de Kopas.
O campión da LPU6, o Shakhtar de Titov e Koller, gañou a KP7 completando o seu palmarés no tocante a títulos e ademais conseguiu posteriormente, e na mesma tempada, o doblete de Kopas.
O campión da LPU7, o equipo récord P. Clash, gañou a KP8 completando o seu palmarés no tocante a títulos e ademais conseguiu posteriormente, e na mesma tempada, o doblete de Kopas.
O campión da K8 e KP8, o recuncador P. Clash, gañou a KP9 e ademais conseguiu posteriormente, e na mesma tempada, outro doblete de Kopas. Pero iso non foi todo: gañou ambas por 1-0 ao histórico Análisis Matemático e ambas con gol dun imberbe e debutante Milos Djuric, ídolo para sempre da bancada de Caldback.
O sino da Kopa do Pollo cambiou na T10, onde xa non supuxo doblete. Cambiou ou, máis ben, recuncou á orixe nunha edición moi especial. O segundo plan quinquenal concluía en Zagreb e, por fin, o noso clube, un dos mellores equipos, en números, da WIFA, erguía tras 10 tempadas de traballo o primeiro trofeo para o Pobo.
E na T11, recuncou o Torpedo anunciando aos catro ventos que aquel ano por fin, xa si, erguerían o título de campións de Liga.
Celebracións intensas en Zagreb; lamentablemente, carecemos de información gráfica das celebracións do resto de camipións enlistadosE atopouno despois dunha mala primeira volta, despois de dúas tempadas con 3 subcampionatos e dun longo período sen atopar a súa idiosincrasia e o seu xogo. En vista de como andaban as cousas -futbolistas adocenados, algo de desgana, poboación decaída, exceso de alcolismo no plantel e na cidade de Montreal, decadencia- houbo unha xuntanza e tomáronse decisións. Había que volver coller os picos. Custou desenredar da botella a máis dun. Decidiuse que virían Maier e Gallas, comprometidos coa idea de devolver ao equipo o espírito perdido. E comprometéronse a rematar a tempada do mellor xeito posible, como punto de partida, mesmo se algúns seguían resultando inservibles. E así Hleb, Shevchenko -moito aprendeu sobre colectividade en Sierra Maestra-, Karpin, Gourcuff, Frank Sobotka e Thuram, para sorpresa de todos, foron quen de tirar do resto.
O Shakhtar vencera por 3-1 ao Ordem no primeiro partido do grupo. O empate 1-1 salvado ante un Pollo que tomara vantaxe serviu para ver o peche do grupo con tensión pero con confianza. O Pollo tomou vantaxe tamén ante o Ordem pero chegou aos minutos finais con diferenza insuficiente a os galegos remataron por empatar o encontro, asegurando o pase dos rusistas ás semifinais, onde agardaba o temible Rif.
E chegou o partido heroico ante aqueles que vapulearan aos montrealinos en liga e que viaxaban comodamente no cumio. Que partido serio do Shakhtar, que concentración defensiva! Diego López gañou o duelo de porteiros a Buffon con accións espectaculares como a que recolle a fotografía.
E despois, os mangostas aproveitaron, xa na segunda parte, un avance de Hleb por banda dereita. O seu grande centro a Shevchenko, titular por cuestión de fe, foi perseguido por tres defensores e o ucraíno decidiu peitear cara o segundo pau onde Mutu, libre, marcaba en prancha. Continuou pelexando o Shakhtar e aguantou até que no desconto do desconto Ignashevich anotaba, nun barullo, un novo gol, totalmente ornamental. O Shakhtar era finalista.
E tocou final repetida ante os Tuzaros da Viqui, tamén de irregular xeira en liga. E volveu ser titular Shevchenko, que ben gañara o posto, cando menos para este torneo. E alí apareceu para recoller un pase de Gourcuff e anotar un bo gol.
Shevchenko xa non é quen foi, o dianteiro que marcaba porque si, con independencia de todo. Agora ten clase e ten recursos, pero está moito máis limitado fisicamente. E así e todo, cando Lucho logrou empatar o encontro cun bo chut no segundo tempo, o ucraíno deu en recordar tempos mozos. Rematou ao primeiro toque un servizo de Mutu no punto de penalti e a intervención dun defensor provocou sobre Cech o dramático efecto que poden ver recollido baixo estas liñas.
Tras resistir cunha boa presión as saídas dun rival atrapallado polo balbordo dos seareiros pollís inexplicablemente desprazados á final, o Shakhtar ergueu por fin un novo título, o noveno. O título que o pon de novo á fronte da Historia das Kopas e como equipo numericamente máis laureado. Pero, sobre todo, o título que debe facer ao Shakhtar e ás xentes de Montreal rexurdir cara a loita eterna. LOITA DE CLASES!!


.







4 comentarios:
Felicidades por la victoria.
Por cierto, Hleb en esa foto está casi al mismo nivel de petaculos psicópata que C. Ronaldo.
Interesante hallazgo para los ojeadores del Túzaros.
Gracias. Bueno, a foto está coidadosamente escollida polo asunto da camisola do Shakhtar e tal. Pero andas moi ben de percepción. Se queres documentarte e aprofundar na psicopatía de Hleb, velaquí unha ligazón de interese de hai xa unhas tempadas. Abonda con ler o cuestionario, realmente:
http://torpedozagreb.blogspot.com/2008/08/10-preguntas-aliaksandr-palavi-hleb.html
O rapaz nunca estivo ben de todo, a verdade. Pero dá un estraño rendemento. Igual cho trocaba por Park.
¡Joder, que asco da o Shaktar este!
NON, ASCO NON, DA NOJO, MUXO NOJO.
Publicar un comentario