xoves, 28 de xaneiro de 2010
Historia en pedazos
A publicación de clasificacións históricas ficou abandonada desde hai algún tempo neste Xornal. Os motivos son varios. Van desde o feito de que a secretaría se ve desbordada de traballo no período entre tempadas até o de que a saturación de datos no citado período resulta tal que datos de máxima importancia pasan sen pena nin gloria polos ollos dos lectores, pasando polo feito non pouco importante de que desque deixaron de publicarse, nin un so lector as reclamou. Para paliar esta carencia de datos e concederlles o beneficio da singulariedade, o Xornal vén de decidir que irá publicando estes datos cando lle cadre e de maneira aleatoria. Admítense, iso si, peticións, e serán atendidas. Cóntase co aliciente de que se admitirán peticións de clasificacións nunca publicadas, como as de ratio de goles encaixados ou ratio de puntos en Kopa, por exemplo. Vostedes deciden. Velaquí, como entrante, a sempre espectacular clasificación de chuzadores históricos:
2 comentarios:
Molaba coñecer tamén os datos dos asistentes neses goles :D
Stoichkov leva 3000 e logo supoño que Dzajic con 250 ou así e logo o resto, jejeje
E o Vladic ese que sae sempre nas listaxes de goleadores quen é?
Publicar un comentario