por Igor Czalic
Ao final, tras tanto troco de uniforme -por ano, por tempada, por tempada de tempada, de entre tempada, de noite, de sábado, de kopa...-, tanto riso, tanta burla e tanta incomprensión, Vicky resolveu un antigo problema da WIFA xusto antes de embarcar para as ben gañadas vacacións. O estamento arbitral empecinábase en sacar a casaca vermella cada vez que lle tocaba asubiar ao Shakhtar e algúns clubes expresaran xa as súas queixas. Desde Montreal, opostos a un cambio drástico de cores, tomáranse medidas correctoras como mudar o pantalón vermello polo negro da equipaxe histórica orixinal. Mesmo se expresara a disposición a empregar a segunda equipaxe nos duelos ante aqueles clubes que se considerasen particularmente agraviados pola circunstancia. E, desde logo, fixérase chegar ao colectivo de colexiados queixa por esta actitude incomprensible. Pero o devandito colectivo, decote tan mirado para outras cousas, expresara con rotundidade que non vía razón para empregar outra cor, dado que "nosotros lo distinguimos todo perfectamente".
E entón chegou Vicky que, nunha conversa informal, declaraba: "...azul cielo preciosos, con ribetes dorados y negros pálidos, no como esos brutos del norte con uniformes (por favor, pero de qué son esas camisetas, ¿de lana?) sin atisbo de elegancia, nada fashion. Y luego que no me extraña nada, nadita que los pobres árbitros -que van horribles también, qué quieres que te diga- se líen, porque las cosas hechas sin gusto confunden y tal, o sea, por ejemplo, a quién se le ocurre usar en las costuras hilo negro en lugar de hilo rojo, ¿no? Y tengo una idea súper, pero de verdad, para nuestro escudito del año que viene. Es muy divertido, lo de tener un escudito...".
Á seguinte semana, Vicky enviou un donativo de camisetas igualiñas mais con fío vermello, a Montreal. Os xogadores, algo bébedos, vestíronas. En principio, só pola coña. Santo remedio. O árbitro do amigable Shakhtar-Tuzaros exclamou "coño, ahora van de rojo" e escolleu para esa cita una casaca amarela. To live to see.
.
2 comentarios:
Vou poñer algo para q se vea un comentario porq a verdade e q a quien lle vai interesar esta noticia
Pois a ti e bastante, porque as anteriores non as comentaches. Ao final, o das 'marujas': "no, no, por dios, yo la prensa rosa no la leo, pero la Vicky esa es una zorra".
Publicar un comentario