xoves, 16 de xullo de 2009

Torpedeando: Vitoria contra o Mal II

(Redacción)

Eran preto das seis da tarde cando o famoso e infravalorado Bus do Torpedo saía das vivendas comunais onde o equipo agardaba concentrado a hora do comezo do encontro. Xa tundaran ó Análisis nas semifinais e como case sempre antes dun momento decisivo, parecían imbatibles. E desta volta tamén os ían vencer? O Pobo nunca é quen de gañar nada?. Hai que ter en conta que nesta tempada hai moitas esperanzas postas nas Kopas. Mais iso xa se fixera no primeiro, había que ir un pouco máis alá ou ficar coma eternos segundóns. Máxima emoción no Estadio Neutral, lugar que acolle ás finais de Kopa e Kopa da Liga/Pollo.

O Bus do Torpedo, rotulado por The Painter, claro.

O encontro de semifinais foi un recital dos 'muchachos' cun Salihamidzic reclamando o seu lugar coma o mellor interior dereito de todos e tamén dos que non son todos, e un bloque sólido comandado polo míster que furaba a porta rival coma a punta dun fouciño golpeado por un martelo. Así que, coas máximas expectativas, comeza a final no Estadio Neutral, ateigado de siareiros dos dous clubes.

Dende o primeiro intre de xogo, os nosos dominan o encontro e un moi participativo Poborski, pon en bandexa un balón para que Iaquinta anote o primeiro da noite. O traballo de Chivu foi outra vez, épico, superando ó rival sen dificultade unha e outra vez. Barnes anotou o tanto da tranquilidade, a pase dun inspirado __________.

Sen moito máis que engadir, O Pobo xa ten nas súas vitrinas o seu segundo título de Kopa da Liga.


Os callos, como non, o xogador 12

6 comentarios:

Anónimo dixo...

http://www.gamespot.com/pc/sports/proevolutionsoccer2010/news.html?sid=6213381&mode=previews&om_act=convert&om_clk=previews&tag=previews;title;2

getxo dixo...

Fabuloso. Que crónica! Nunca vira cousa tal.

MAG dixo...

jajajajaj
¿a redaccion do torpedo contratou a un redactor do Hattrick?

jebeWalrus dixo...

Aos callos podes poñer un enlace permanente na dereita pra cando se precisen.

jebeWalrus dixo...

Q capullo ya tiene un formulario para ganar copas!!

getxo dixo...

A ver eses resultados...