luns, 27 de xullo de 2009

Espíritu Matt Holland

Nunha hora (17:00, pódese seguir mediante o sistema C.S.N.X. -cando saia no xornal), o Partisano visita londres para afrontar o partido de volta da súa primeira rolda na kopa. no medio da súa tempada máis nefasta (eliminado en primeira ronda na kopa do pollo e penultimo na liga, sendo o equipo máis caro por primeira vez na súa historia), o clash ten que facer a lo menos tres golos para poder remontar o 1-3 co que o túzaros xelou o inferno na súa última visita. na penúltima, o subordinados de vicky fixeron 5 golos nun partido espectacular (3-5). O túzaros lidera ademais a liga, ainda que semella un espellismo xa que rematou os seus partidos.
O golo de Stoichkov nos minutos finais da ida da algo, ou moita esperanza ao aficionados anarkistas. moita, porque, de feito, 78000 viaxaron ata londres para facerse cunha entrada, ou colarense no estadio, ou ben roubar algunhas xoias no museo do clube para comprar pinturas; ben é certo que a distancia dende as shetlands non é moita se a comparamos coa de outros desplazamentos...

U A Avanti TuTTo P Clash!!


é o grito de guerra



Richard Bolelavsky, dende o fondo onde xa estan a chegar os ultras partisanos, esperando a milagre, para p clash news

Ningún comentario: