domingo, 30 de setembro de 2012

Cuestión interesante

NON O ATOPO VIABLE SEN SUACI

Esta páxina ten as fichas de todos os xogadores coa súa valoración global:

http://pesdb.net/pes2013/index.php?sort=Overall_rating&order=d

Habería a opción de cambiar a este sistema de prezos -aínda quedaría a cuestión de cómo facer o troco de moeda, e non é trivial- xa que algunha xente considera que este sistema axusta máis coa realidade. Eu non o sei, claro; pero tería a súa lóxica que fose así, dado que procede do propio xogo. Aínda que non está claro que teña en conta cousas como lesións, condición e tal.

Outro problema: habería a mesma diferenza entre un xogador de 76 e un de 77 que entre un de 98 e un de 99. Coido que o SUACI fai máis diferenza neste sentido, marcando máis distancia entre os caros que entre os baratos.

Pero aínda que habería que decidir un par de cousas. Por exemplo, a polivalencia: se un xogador ten varias posicións con case o mesmo valor, quizais debería custar máis. A min ocórreseme que o xogador que teña cando menos unha posición secundaria na que a súa valoración sexa de ata dous menos que a máxima, daquela valería un punto máis. Por exemplo, se un tipo ten 84 como DC e 82 como ID, daquela o seu prezo pasaría a 85. A outra cousa é que algúns xogadores non teñen de posición principal a mellor. Por exemplo, Mutu, SD, vale 78. Pero se o miras posición por posición, de ID vale 82. Entón, nese caso, o lóxico é que vala 82... pero de súpeto vólvese un pouco máis coñazo -menos inmediato- saber o prezo.

Non analicei toda a problemática a fondo. O tema matemático pode ser unha putada, aínda non o sei.

Botade un ollo e opinade.

Outra cousa: parece que hai interese en aumentar os planteis (a 22 xogadores, por exemplo). A min paréceme boa idea, pero habería que establecer máis limitacións, tipo a do 20% para evitar a polarización cracks-ñordos. E incentivos, tales como facer máis duras lesións e sancións.

Opinade disto tamén.
.

16 comentarios:

MAG dixo...

Hay una columna que es coste de adquisicion... muy interesante, si quitamos la parte de los millones tenemos nuestro sistema de rublos...
Buffon 19, Casillas 16, Julio Cesar 15... tiene buena pinta

MAG dixo...

Cuando entras en la ficha de un jugador hay un link que pone "Search for similar players" y te busca jugadores parecidos... :-)

duke dixo...

A ver k vos parece esto.
Planteis de vinte xogadores, cun valor total do equipo de 1600 puntos non pode haber mais de catro xogadores de media noventa e a diferenca entre o mais caro e o mais barato non pode exceder de 25.

duke dixo...

Con variacions de dez arriba ou abaixo segun clasificacion economica e os doud ultimos poden ter dezanove xogadores.

duke dixo...

Tamen habria k matizar o da regularodade e o delesions se non estivese pendente na valoracion xeral do equipo

getxo dixo...

A ver. Eu coido que, efectivamente, ten razón o Calippo e o único prezo viable de usar é o de adquisición. Problemazo: os clásicos non teñen. Outros problemas: eses prezos varían constantemente, coido.

O prezo por valoración é inviable, para min. Se, por exemplo, temos 1600 puntos, pasar de 91 a 98 é demasiado doado, non se nota na economía do equipo, mentres no SUACI era como pasar de 12 a 20. A traducción a prezo por valoración non é sinxela. Messi xogaría a LPU con total seguridade, mentres que para fichalo co sistema tradicional hai que facer un cacho esforzo. E iso parece lóxico.

getxo dixo...

Teño entendido que este é un futbolista:

http://www.youtube.com/watch?v=8PJfXhYalSQ

duke dixo...

Hay outra opcion.
Que o calippo faga o suaci.
O k si, o teren a traves desa paxina coller "chollos" non seria mala idea aumentar a 20 o numero de xogadores mantendo o valor do ekipo ou ven seguir con 18 pero baixando 10 ou 15 rublos os ekipos.

MAG dixo...

Eu voto por 20 xogadores ou 22 incluso.

Tamen voto porque o Calippo faga o Suaci, pero que alguen lle pase o edit.bin de PC. E que se foda.

getxo dixo...

A min váleme o seguinte:

- Quedamos co suaci

- Plantel de 20 non me importaría que fosen 22, pero igual é tontería se non hai máis incentivos).

- Mantemos que os sete máis baratos teñen que sumar o 20%, co cal xa estamos limitando todo bastante, pois son 7 de vinte e non de 18.

-Mantemos valor de equipos e duplicamos as sancións (as lesións tamén?)

- Se a alguén se lle ocorre algún incentivo extra para que os banquillos collan protagonismo... por exemplo, e isto é un pouco agresivo, que un xogador branco non poida xogar máis de 45 minutos.

- Moi ben feito, o Celta: Orellana, 66. Aspas, 65!! E Bellvís, 77. Xenial.

Rapajk dixo...

Estoy dacordo co que di getxo, puntualizando:

- Plantel de 20.

- Eu duplicaría as lesións e sancións. Por exemplo 2 encontros por dobre cartón e 3 por vermello directo.
As lesións 2 encontros as normais e 5 as graves.
Penso que é suficiente incentivo para o banco.


Medidas como por exemplo que os xogadores en branco non xoguen máis de 45 minutos non me convencen demasiado.

Se queredes pódense meter eventos como que se un xogador non xoga nunca se poida cabrear e marchar do equipo ou algo así.

Rapajk dixo...

O de facer unha táboa de eventos, para tirar cada dous encontros ou así a min tenme graza. Aínda non a pensei, pero por exemplo:

1. Xogador non dispoñible por compromiso internacional. 1D20 para saber o xogador

2. Mancado nun adestramento. O mesmo, 1D20.

3. Bronca no vestiario. non podes poñer a xogar a dous xogadores en concreto á vez.

etc

O que non se me ocorre agora mesmo é algún positivo, que tamén os debería haber. E neutros do tipo "Non pasa nada".

Comandante dixo...

Coño, vamos a hacer un juego de rol del PES.....jejeje. A mí lo de aumentar plantillas me mola. Creo que 20 es un buen número. En cuanto a lo de usar o no esa web o el SUACI....al final todo va a depender de las ganas y el tiempo que Rubén tenga para hacerlo. Si podemos seguir con el SUACI, creo que es lo ideal, dado que establece esas diferencias entre jugadores de similar valor en el juego pero que tienen características distintas (por ejemplo el tema del cuerpo, aunque ahora ya no parece ni mucho menos tan importante). Si a Rubén se le hace mucho, no le sale de los huevos o lo que sea, habrá que adaptarse a la otra opción. Pero en ese caso yo pasaría de liarnos. Es decir, buscamos un cambio de moneda (tomando como ejemplo algún jugador que nos parezca que está ajustado a precio en ambos sitios) y no nos volvemos locos....si todos conocemos las reglas todos podemos adaptarnos a ellas....Pero vuelvo a decir que si podemos usar el SUACI me mola. En cuanto a lo de las tiradas....tiene su coña, pero no sé hasta que punto va a resultar operativo en el día a día....podriamos hacer una prueba piloto....

getxo dixo...

Pois a min mólame o das tiradas, o PES-rol.

Coido que deixaría o vermello directo en dous partidos, porque coñecida é a arbitrariedade dos árbitros cos cartóns. Pero se preferides 3, váleme.

OK ao das lesións.

Volvendo aos dados, os eventos positivos poderían ser:

1. Limpeza de baixas
2. Limpeza só de lesións (curou antes)
3. Limpeza só de cartóns (recurso favorable)

Creo que o faría deste xeito:

1D20

1 = 3 mancados / internacionais
2-3 = 2 m/i
4-5-6 = 1 m/i
7 = bronca entre compañeiros
8-18 = nada
19 = limpar lesións
20 = limpar sancións

E logo tírase 1D20 para ver qué xogadores están implicados.

Algo así.

getxo dixo...

E, como di o Comandante, unha proba piloto, a ver qué tal.

Por outra banda, o do SUACI, evidentemente é se o Calippo o fai. Pero as outras opcións son de moi mal levar. Non pola traducción do sistema de prezos, que é pensala e decidila, senón porque o resultado empeora moito o que temos.

Na proposta do duke, semella que a diferenza entre Messi e Armero, ou entre Messi e Nani é completamente desprezable. Para o caso, en torno ao equivalente a un rublo actual. Pero iso non é culpa do duke, senón do numeriño que sae en valoración.

Na proposta por custo de adquisición, os prezos son aceptables (malia que estás suxeito aos caprichos e modas da xente -Muniain infichable, por exemplo-). Os prezos varían, e iso tampouco importa demasiado. Pero si que ten dous defectos grandes:

- Os prezos varían en rango; quen agora vale 29, pasaría a valer 100. Isto non só pode deixar xogadores fóra de alcance, senón que desgracia todo o sistema económico, incluíndo cousas como o 20%, etc. E habería que elixir entre variar a cantidade de rublos cada ano, parir un sistema ao ano, ou ficar cos mesmos rublos e ter equipos cada vez peores.

- O tema clásicos, que non saen nas buscas nin teñen custo de adquisición. Habería que ilos buscar directamente e sacar o prezo de xogadores similares. Pódese facer, pero.

getxo dixo...

Ah! Outra cousa: a quen non lle guste o SUACI, que roube máis.

Non pode estarse un queixando do prezo de Puyol ou Gallas e non roubalo.

Se o tipo que o ten non o blinda, ese estase a rir de ti. Parecemos monxas.

Así que, se che molesta un prezo, tes solución.

A min, por exemplo, e advirto como ao descoido, hai algún que comeza a me molestar, e por máis dun rublo.