xoves, 13 de setembro de 2012

Convocatoria para rematar a tempada (Urxente)

Pois iso, que para a semana que vén xa está aquí a nova versión.

SEDE

Ofrécese o Estadio do Pobo, a partires das 20:00. Traede unha plai.

ALTAS
Torpedo
Ordem
Babudos
Pollo
River

BAIXAS

13 comentarios:

h dixo...

se queredes tamén está o arraiano-lima ou como se dea en chamar.

eu vou e levo a alguén.

Comandante dixo...

Eu non teño partidos xa, pero se hai quedada vou, ainda que sexa por vervos, carallo.

o que manda dixo...

eu estou na coruña e ainda que non teño partidos, se ahi quedada digo o mesmo que o comandante polo menos para ver os pollos como andan.

getxo dixo...

Eu aínda non o sei, así que de primeiras son baixa. Apetecer, apetéceme bastante, aínda que vervos desde logo xoga en contra porque, claro, é unha mariconada.

Evidentemente, podedes xogarme todos os partidos (creo que a estas alturas, poderíanselle xogar a tododiós); mesmo algún da T30, se procede. Iso si: gañade.

getxo dixo...

Por certo, o duque xa reservou o 2013, a 37,45. Se lle podemos pagar hoxe, mellor. Cantos somos para pagar? Eu poño.

MAG dixo...

Eu vou dende a Coruña.
Tamen vou volver a durmir a Coruña, así que levo a quen faga falta.

Eu poño para o 2013. En xaneiro vaime ben. XD

Comandante dixo...

Daquela no Estadio do Pobo? Algúen pode dar a dirección e/ou indicacións pra chegar? Eu vou dende Coruña, por se algúen precisa que o leven.

Comandante dixo...

Por certo, xa caeriades na conta, pero no estadio do pobo non creo que haxa Plays, non?

Rif dixo...

Eu son baixa, que maña estou de maña

Rapajk dixo...

Traede unha plai, si. E a pasta do Pollo da plai comunal!, así xa lle fago a transferencia hoxe

Rapajk dixo...

O enderezo, por se a queredes buscar no google maps ese, é Praciña do Conde portal 3C, 1ºD. Calquera cousa, me chamades. Recomendo aparquedes fronte ao Concello,hai sitio e a praza está xusto detrás (do Concello).

h dixo...

vale, eu poño para o xogo.

de feito teño que falar con el para coller un para a minha ps.

eu vou e levo a comunal, se é preciso tamén podo levar a minha.

avisai-me!

h dixo...

faltan os cartos tuzaros para pagarlle a plei ao presidente.

O resto xa os levo eu tamén.