mércores, 4 de abril de 2012

O Torpedo, líder


(Redacción)

Boa xornada para a escadra so Pobo, que a falta de poucas xornadas para o remate da liga, mantén o seu primeiro posto, e con serias opcións a facerse coa súa terceira LPU. Asanovic declarou aos medios (estatais) que "É moi sinxelo. Nós estamos arriba. Por un principio físico bastante sinxelo, a presión é para que están abaixo". Sobre as actuacións individuais: "Todos están xogando moi ben. Só quero destacar que Dalglish este ano si que está facendo das súas. Pero o mesmo que Boniek, Vidic, Malouda, Schneider (semella que xa se adaptou), Boban, Corluka, Johnson...Todos". "Tivemos moi mala sorte contra o River pero bueno, o importante son os tres encontros que restan. Non miremos ao pasado".

Dalglish, que xa deixou de xogar coma un truño

4 comentarios:

getxo dixo...

Semella que o Torpedo entendeu por fin a movida dos puntos. Sucédelle o mesmo que antes, pero á inversa.

duke dixo...

sinto discrepar co da presion.
Para min os k teñen a presion son os que teñen o titulo preto, moi preto, case k nas suas mans. Cando dependes dos demais, non tes presion pork sabes k por moi ben k o fagas non depende de ti. Dedícaste a xogar, intentar gañar e punto. Se de rebote che cae algo, millor, pero sabes k dependes dos erros do rival.

Polo contrario, se vas lider, si tes a presion de k podes perder algo k o acaricias cas mans. Certo é ke é unha ventaxe depender de si mesmi, pero esa ventaxe convírtese en esixencia, pork se o final non gañas o fracaso sera dobre.

Por eso creo k a presion está sen dúbida no tellado do torpedo (lider real) e do xactar (lider virtual).

duke dixo...

o digo por experiencia. Notei mais presion indo lider k terceiro dependendo dos rivais

getxo dixo...

Aí, aí: o Torpedo presenta un debate baseado nas leis da física e o Asalta tenta refutar tirando dunha rama interesada da experiencia.

OK, eu só participarei para dicir:

- O Torpedo ten a presión porque é o líder.
- O Asalta, porque todo o mundo espera que gañe, como sempre. É o campión e, ademais, o único equipo para o que non gañar é un fracaso.
- Os Túzaros, teñen a terrible presión de seren os únicos que dependen de si mesmos.
- O Pollo, a de ter que remontar e ter un monte de seareiros pendentes.
- O Rif, tamén a de ter que remontar e tamén a de desquitarse de 4 subcampionatos recentes.
- Outros equipos teñen a terrible presión de non poder xa, matematicamente, acadar a LPU.

O Shakhtar vive tranquilo. Quédanlle poucos partidos. Non depende de si mesmo. Non vai líder. Non defende título. Ninguén agarda deles máis que un segundo posto traxicómico. E os seus seareiros están borrachos. E o feito de que poida gañar o Given cúbreo todo dunha fina capa de surrealismo e humor que deixa en segundo plano calquera fazaña bélica ou guerra sicolóxica.

Xa está, xa traspasei á presión aos demais. Son moi malvado. Que pase o seguinte. Tócalles aos Túzaros.

Isto vai de cabeza ao guión de Hostias como panes.

Pollo! Fainos a crónica prometida! E gaña outra superkopa ou... ou eu qué sei... a liga!