martes, 3 de abril de 2012

A LPU25 honra á WIFA

Imposible apostar con certeza por un campión; e aínda máis despois da última xornada. O Torpedo saltou de 14 en 8 a 29 en 15, completando unha xornada excelente. O Shakhtar só alcanzou a facer aceptable a súa, pasando de 19 en 9 a 27 en 14, coa seguinte graza engadida: aparte de vencer ao Rif por 3-1 no derradeiro partido, nos 4 primeiros conseguiu un único gol e recibiu tamén unicamente un. O equipo máis goleador e exhuberante da WIFA está preto de gañar un Given (sic) sen que se comprenda moi ben a conto de que vén o cambio. O certo é que o Shakhtar continúa atacando, ou tentándoo. Pero os números cambiaron moito e a transición vense dando desde hai anos. Os partidos do Shakhtar son agora os partidos con menos goles da LPU. En moi boa parte, porque os dianteiros non canadianos non lle atinan a un mamut a 4 metros. Pero, tamén, porque a solidariedade defensiva do equipo mudou espectacularmente. O estilo, en troques, non tanto.

En fin, partidazos entre Shakhtar e Torpedo, rematados ambos en 0-1. Tomou Nedved a súa antepenúltima vinganza cun fusilamento aproveitando a cesión de calcaño de Stankovic. O Shakhtar chegara máis e gañou o partido. No Durruti, na continuación do evento, Nedved atinou coa escadra, coa parte de madeira da mesma, e tras algunha outra oportunidade, Dalglish anotou para os visitantes. Arshavin, tocado, saiu desde a banda tras ser atendido, roubou o balón, combinou, subiu como un raio, probablemente drogado, recibiu e rematou fóra. E volveuno facer na xogada seguinte. No segundo tempo, o xogo equilibrouse, pero non o resultado. Preto do final, Larsson mandou alta unha cabezada que semellaba un gol seguro. O Torpedo tomaba o mando, pero cedería parte da súa vantaxe tras un interesante 2-3 ante o River de Alan Moore. A fin da xornada deixou aos equipos do duelo eslavo tremendamente igualados na cabeza.

Claro que, para os apostantes, o seu sería o Asalta; o equipo que busca a décima. Certo que o teñen un chisco máis difícil, cos seus 23 en 13. Non son os mellor colocados. Pero os choromicas do Duque son os mellores apañando títulos, LPUs en particular, e adoitan volverse especialmente eficientes cando teñen opcións ao final das ligas. Os seus números son aínda bos, partidos quedan poucos e os rivais algo están fallando. Dúas vitorias igualaríanos co líder. O Torpedo-Asalta preséntase decisivo nunha LPU tan igualada como a actual.

Pero aquí non acaba a cousa. O Pollo presenta 19 en 12. Pequenas opcións, si. Pero o Pollo pode facer o que lle dea a gana, e cando queira. Así que xa veremos. Desta volta, está a facer un Apertura practicamente perfecto.

E máis: no sorteo de desgrazas entre Túzaros e Rif, os de Justin foron os afortunados. Contan cun excelente plantel e superaron a xornada como equipo comunal cun salientable 10 en 6. Isto dalles serias opcións, unha vez que o lexítimo adestrador tome o mando. Se acadan unha boa xeira, loitarán pola LPU con toda certeza. E será interesante de ver. Son os únicos que dependen de si mesmos.

O Rif, en troques, cedeu constantemente pola mínima, varias veces ao remate dos partidos, e concluiu con 4 en 6, merecendo algo máis. Outra LPU tirada polos de Chaoui, non sendo que se animen á Vitoria Suma. Ou non tanto: se enganchan 6 vitorias seguidas, serán tan candidato como o que máis.

Polo demais, o Werder levantouse, seguiu dando espectáculo goleador con Cubillas, Agüero e a súa zaga notablemente amable. Demasiado como para aspirar a algo, por máis que ninguén entenda que un equipo que fai o máis difícil, atacar con solvencia, tire tan descoidadamente as súas opcións. Xornada amable para eles, que lles permite subir un pouco, demasiado tarde.

O Ordem, en sentido oposto; incomprensible afundimento do equipo que asinou o mellor arranque do campionato, e que o respaldaba con bo fútbol. Semella que non é posible darlle moitas voltas. Non é a primeira vez que lles sucede isto, pero esta vez foi esaxerado: pasaron de ser o mellor equipo da liga a ser o peor sen suceso algún no medio. A este, cando menos, quédanlle as kopas.

O River desquitouse dun mal ano cun par de resultados espectaculares ante os de arriba.

Os Babudos non apareceron, pero un bo final de campaña aínda podería darlles dereito a un dos postos brancos da liga, os que non suman nin restan. Tamén vivos nas kopas.
.

5 comentarios:

o que manda dixo...

bagg eso de que o chaktar e o torpedo foron grandes partidos menuda mentira, o realmente apaixonante foi o o magsuaci pollo. iso si que foi un partido de poder a poder como din na teleboina. se bos portades farei a cronica o que pasa e que xa non me acordo do bo que foi.

getxo dixo...

faina Pollo! Por favor!

duke dixo...

ondia, aki zurranche ainda sen estar presente e sen asistir a xornada.
O asalta trankilo, durmindo na sua casa, e ala, os choromicas do duke... En fin. Somos un pesadelo ainda sen aparecer e tendo o ekipo mais barato.

Non somos tan feos para dar tanto medo, ou polo menos eso creo cando nos miramos o espello

duke dixo...

pero bueno, nos ao noso, k este ano, tal e como van as cousas, dame a min k van ser as kopas

getxo dixo...

Hehe, non vira os comentarios, Duke. Pois si, aquí zúrranche vaias ou non. Mira se non ao Rif. Pero xa sabes que ese é o prezo por gañar tanto. Vén nos estatutos wíficos.

En calquera caso, a intención era vacilar máis que zurrar. Agora ben: o teu último comentario semella que xustifica as palabras... iso de "iremos polas kopas" xa o escoitei nalgún sitio... seguido dunha boa xeira de trunfos consecutivos en liga. Non me fío nada. Veremos o que pasa.