Marko Czalic - Montreal
De volta ao curro e de volta por Montreal, atendendo a algúns asuntos vencellados coa anunciada demisión de Gagarin (gañe ou non o Given, estivo demasiado preto) e coas cábalas sucesorias e tácticas do Shakhtar, o Xornal do Pobo encárgame unha reportaxa sobe os finalistas da T25. Un superclase non pode dar sinais de vida sen que lle caia unha morea de papeleo na cabeza.
As finais apreséntanse moi interesantes, a verdade: Asalta-Ordem na Kunka e Asalta-Babudos na Kopa do Pollo. Dazanove títulos contra cero e contra un, respectivamente, vén sendo como a opulencia contra a fame e a malnutrición, tamén respectivamente. E daquí parte do grande interese dramático deste duplo David contra Goliat. A tempada en xeral foi e é emocionante. A LPU en mans do Torpedo, en foto-finish co Shakhtar, pero aínda sen decidir agardando por fazañas de Asalta ou Rif. Non se inclúen na reportaxe os finalistas da Superkopa: o Torpedo ten agarrado o Apertura por unha orella, pero o Pollo pódeo privar con dúas vitorias consecutivas. Semellante o caso do Clausura, co Shakhtar que agarda vinganza a modo de spareggio moral cos de Zagreb, mentres o Asalta precisa dúas vitorias con goles para facer pleno de finais.
10 preguntas ao Comandante, líder ideolóxico do babudismoContactamos con Ernesto telefonicamente, mentres tenta espallar a revolución entre os samurais. Conta que estará de volta para o partido. A factura, como agardabamos, sae nun pico. Paga o Xornal, claro.
O Che Guevara, visitando o Xapón
1) Ola, Comandante. Qué tal Xapón?
Resposta:
この国の帝国資本主義は大きくものの、ラテンアメリカの人類に影響を与える ....ejem, desculpe, con isto de que ando por Xapón xa se me liaban os idiomas. Pois o certo é que Xapón e un pequeno gran país, cheo de xaponeses que andan a facer o mal co seu Yen ao longo do mundo. De feito eu mesmo fago uso de dita moeda, xa que teño a hipoteca en Yenes dende hai tempo. E non vexa como suben ultimamente.....maldito Capitalismo. Pero loitaremos ate a victoria.
2) E o resto? Mal, eh?
R: Mentres un só home sigua sofrindo a opresión Capitalista do mundo occidentalizado, mentres un pobo teña que pasar fame a costa de que os seus governantes sexan cadanseu máis e máis rico, nunca poderemos dicir que as cousas van ben. Mais no tema deportivo, comezamos algo frouxos, con varias derrotas, pola mínima principalmente, que minaron un chisco a moral da tropa. Menos mal que estaba o camarada Fidel pra arengar aos nosos rapaces e a proba está nos derradeiros encontros desputados. A última xornada 6 victorias e soamente unha derrota. Mágoa que esa derrota serviu pra botarnos da Kunka, pero en fin.
3) Por qué non contan xa con Cocu?
R: Nos últimos anos o Capitalismo Empresarial ven de virar a súa atención ás minorías representativas do noso mundo, e o certo e que tivemos un tenso debate na asembleia de hai tres tempadas entre os defensores do canibalismo de Cocu e os siareiros do "plantapinismo" de Linekker (xa sabe, por aquel lamentable espectaculo do Mundial de Italia 90). Ao final decidiuse en asembleia facer unha loita entre ambas faccións. Xa saben que Cocu acabou por papar case enteiriño a Gary, mais os "plantapinistas", logo de perder ao seu lider, xuntaron a tropa no Cerro do Ñordo (antes se chamaba Cerro da Pataca, mais logo desta loita cambiamoslle o nome) e fixeron forza todos á vez pra soterrar baixo un mar de merda (literalmente) aos caníbales. O certo e que foi un espectáculo lamentable, mais tácticamente unha magnífica demostración do poder da unión das pequenas merdiñas de todos e cada un.
4) Asaltacunas gañoulles a final o ano pasado. Apetece máis gañar o título o vingarse?
R: sen dúbida apetece máis gañar, principalmente porque iso leva implícito a vinganza. Mire señor Czalic, os que loitamos a diario por vivir e por facer que os demais vivan non nos debemos centrar en vinganzas que xeren máis dor, senón en acadar pra todos os pobos e todos os homes e mulleres unha liberdade que moitos non desfrutan. Por exemplo, falando do Asaltacunas, non loitaremos contra eles só pola Kopa do Polo (que tamén) senón por liberar da opresión do Duke a tantos e tantos pequenos que pensan que é normal que che mole Miley Cirius, ou a tantos e tantos negros grandotes que pensan que é normal que os teñan encerrados nunha xaula ate o día do partido (vexase Balotelli ou Carew). Todos eles son seres humáns, e como tal merecen todo o noso respecto e a nosa loita pola súa liberdade. E polo ben da mente dos nosos fillos, que no teñan que seguir escoitando a Hanna Montana e compañía.
5) Qué opina das declaracións atribuídas a membros do Asaltacunas segundo as cales "déjate de coñas, para mí el favorito es el Babudos, te lo digo en serio"?
R: home, sen dúbida somos os favoritos. Os favoritos pra levar unha malleira, segundo moitos. Mais este ano xa empatamos en Sierra Maestra e gañamas en Madrid na LPU, así que nunca se sabe. A ver se o Capitán Miguel Laudrup e o Tenente "melaPELE" (chamámoslle así cariñosamente) son quen de dar todo na final e levarnos ATE A VICTORIA SEMPRE.
6) Qué falta para ver ao equipo consistentemente arriba?
R: Pois penso que esta tempada estamos a dar moitos pasos na boa dirección. Comezamos un chisco dubitativos principalmente por dúas razóns. A primeira e que comezamos apostando por un 3-4-3 que non resultou. Tiñamos un ataque poderoso, mais na retagarda sempre nos pillaban. E a segunda razón e que por culpa do Shakhtar, que no noso afán de hermanar pobos foi invitado a facer a primeira aliñación do noso plantel esta tempada (algo así coma a primeira pedra pero con máis ansia), mais resulta que en lugar de hermanar pobos estes viñeron a se vingar das 18 ou 19 ligas que lles levamos fodidas.
7) Por qué esta querencia tan especial pola Kopa do Pollo?
R: Supoño que porque logo de tantas noites ao raso en Sierra Maestra, comendo herbiñas e pouco máis, cando agarramos "chicha" non a soltamos nin de broma. Proben vostedes a chamarlle á LPU a Liga da Churrascada unida e xa verán, xa.
8) Pensou en facerse vegán? Agora é moi de rebeldes.
R: Iso de facerse vegán, máis que de rebeldes é de mamalóns. Onde estea un bo Chuletón de Boi á grella.....iso si, cunhas pataquiñas pra acompañar.
9) Quen adestra ao equipo?
R: Como ben sabe, as decisións do plantel se toman en Asamblea ReBolucionaria entre os diferentes integrantes da mesma, mais se me pregunta quen fai as aliñacións, temos a Bican de responsable principal. Algo sabe o rapaz este de futbol, si señor.
10) Fáganos tremer: adiante algo do draft.
R: Pois mire vostede, adiantolle que xa que parece que atopamos un plantel de garantías e que non habemos ter que baixar moitos rublos, coido que non haberá moita cousa no draft, máis aló da posibilidade, que sempre está, de deixarnos timar por algún asqueroso capitalista como pode ser o Asaltacunas. Mais todo se verá.
Moitas gracias, Comandante. E sorte, que falta lle fará en xeral.
Máis problemas tivemos para contactar co Duke e con Louis Van Gaal, sen que estean moi claras as razóns. Agardamos ter respostas deles axiña, pero a noticia tiña que saír xa ou as finais se xogarían antes e logo non cobro. Por falar un chisco en positivo destes dous singulares personaxes, as súas secretarias foron todo amabilidade, servicialidade e eficiencia. Gracias.
10 preguntas ao Duke, dono do clube máis poderoso do mundo
1) Vostede prognosticou o ascenso do Torpedo e este ano declarou que ía polas copas, e aínda conta con algúns outros acertos. Aínda que en todos os casos eran técnicas para quitarse presión e tentar aparecer ao final da LPU por sorpresa, atinou en todo. A pregunta: por qué non ten un programa deses das 3 da mañá?
2) Cal é o segredo do Asaltacunas para apañar tantos títulos e a qué se debe, en particular, o éxito destas últimos catro tempadas (nas que conseguiu, como mínimo, un doblete en cada unha)?
3) Como recoñecido analista, cómo explica que equipos como o seu, o Rif ou o MAG pasasen a xogar os partidos con máis goles, mentres Shakhtar e Torpedo, por exemplo, promedian marcadores curtos?
4) Atópase ante dúas novas finais. Gañando unha, o clube erguerá o seu 20º trofeu. A pregunta é: quen adestra ao Asaltacunas? Non o lembro.
5) Nas finais kopeiras desta tempada, o Asalta, o equipo con máis títulos, enfróntase aos Babudos, o equipo con menos títulos, e ao Ordem, o equipo sen títulos. Considérase favorito nalgunha?
6) Comprendo. Teña un pano. Qué partido espera na final da Kunka, ante os arraianos? Son un equipo que se lles dá especialmente ben...
7) Con qué animal se identifica máis? Cun cowboy fascista ou cun crego activo?
8) Repítese a final da KP24 ante os Babudos, que acadaron o seu único título nesta competición. Tendo en conta que practican o comunismo empresarial, espéraos moi vingativos?
9) Cal é o burato máis pequeno polo que lle colle?
10) Diga a verdade. Leva días planeando cómo gañar esta LPU, non si?
10 preguntas (retocadas) a Louis Van Gaal, adestrador da estraña amalgama italo-neerlandesa con belgas da Limia
1) É vostede homosexual?
2) Se non é así, cómo se explica que envíe un comunicado de non resposta en troques da resposta?
3) Se é así, a súa voda foi unha tapadeira?
4) Seguindo coa última posibilidade, por qué? Non parece demasiado interesante.

Louis en 1982, na súa voda cunha amiga de súa nai
5) Como esta última opción semella a máis viable, comprería preguntar se está preparando a final para gañala ou preguntándose cómo vai chorar na derrota.
6) O dos italo-holandeses é por facerse o interesante ou para quitarse presión?
7) Se perde esta final, suicidarase?
8) É lóxico. Ten medo aos crocodilos?
9) Claro, aos de Lacoste non, iso xa o imaxinaba... sabe que se fai tan raro como estrañamente apropiado imaxinalo nun tugurio de ambiente?
10) Para cando un hetero aos mandos do Ordem? Os Túzaros acúsanos de intrusismo...
.