Pois o Torpedo gañou a Kunka, si señor. Hai que foderse, pero fíxoo. E xa ten todos os títulos, agás a recente Superkopa. Non somos nada. Camiñou polo aramio na semifinal ante o Shakhtar e contou cun colega en Neuer, e cun gran Dalglish, na final contra o meritorio River. Loor ao Pobo! E ao Partido.
A Kopa do Pollo foi para Asaltacunas, que grazas a este título convírtese no equipo máis laureado da historia da WIFA, con 18 trofeus en total (ou así). Derrotou a uns desafortunados Babudos, que na final pagaron a sorte coa que contaran para eliminar aos Túzaros. Unha risa, iso: o Asalta está sempre no lugar indicado, cando che remata a sorte. Virtude ducal.
E a Superkopa completou o palmarés do Shakhtar, cun 4-1 sobre Asaltacunas que pecha un 15-3 no global da tempada, para indignación de Maksim Shatskikh: "Estamos ata as pelotas de dúas cousas: de perdermos ligas por menos de 3 puntos -e van 7- por culpa dos Babudos e de que gañar ao Asalta non sirva para gañar a liga, porque eles gañan todo o demais. Eu, persoalmente, rompo relacións cos restantes clubes ata que esta tendenza se revirta minimamente. Ou, se non, que nos deixen gañar tamén a nós. Gracias. Chao. Iso."
Ah, si. E a LPU. Que o Asaltacunas gañou por 9ª vez, realizando un espectacular tramo final de competición, que o levou ao máis alto vitoria a vitoria, cun par de empates por aí soltos. Mediu moi ben, como sempre, e soubo ser máis sólido que os seus rivais de verbena. O equipo gañador dos gañadores, o campión milimétrico, constante, poderoso e eficaz.
Os ducais arrasaron individualmente, como corresponde a un equipo con ideas tan claras e estruturadas: Cech (19/18), Given; Eto'o (14), Shevsebio; Weah, Dzajic (11) e AT (34). Honra ao Rif, que logrou o Primitivo desde a casa, cun sobrio Naybet (9).
Dignos finais de tempada en liga de Pollo (4º, 29) e Rif (6º, 25).
Capítulo aparte merecen os Túzaros de Reiquiabic. Tendo en conta o brutal esforzo e o inxente traballo que custou aos restantes adestradores da WIFA deixalos sen opción a ningún título, un dá en pensar que estaban a facer unha formidable tempada. Mesmo se diría que é un pouco máis que raro que marchen de baleiro. Custou máis aló das 4 da mañá asegurarse de que non gañarían nada, e iso que o rendemento foi pésimo. Sempre nos quedará a dúbida de se era este un equipo destinado á lenda.
Saúdos a Ordem e MAG.
Así que toca draft. A poñerse. Creo que o levaba Viqui, non? Pois Justin Biever non pode. Tócalle a outro. Que lea as normas que deu Viqui no seu día, que as faga súas e que as impoña. E que avise de prazos e tal. É rollo seu. Gracias a todos os voluntarios. Lamentablemente, só un poderá levar a honra de organizalo. Adiante!
.
7 comentarios:
Saudos Marko.
Fagome cargo do draft.
O Ordem, esta temporada, em liga, não perdeu contra o Asalta.
Isto é para deixar as cousas claras, não por que nos importe que os putos chorões do Shakhtar rompam relações co nosso simpático clube.
15-3 no global. Tremendamente certo. Dato completamente obxetivo e irrefutable.
Pero no partido da segunda volta entre ambos, no k se xogaban os callos, empate a cero, o cal facia depender de si mesmo o asalta e depender dos resultados dos madrileños ó xactar.
Calculado, sí, milimétrico, tamén.
Deixe de botarlle as culpas os demais e preguntese pork se marcamos 15 goles en catro partidos, no importante, marcamos cero.
Eso non kita k o felicitemos pola grande e xusta victoria na supercopa, con paliza gorda incluida.
caso contrario o do tuzaros (unha pena rematar asi unha tempada k merecia un título) foi a do polo.
Cuarto "pese a k" o presi non xogou ningun partido, obtendo 0,5 rublos de bonificacion pola boa tempada.
A ver se a solucion e k o presi só faga ficha.......
OK, MAG. Ti mandas. Dá prazos e tal.
Polo demais, jejejeje. Joer...
Ás veces penso que hai quen toma isto por un xornal de verdade, con cronistas independentes. O cal, por certo, non tería nada que ver cun Xornal de verdade. Agora que lembro, houbo incluso un campión de LPU que solicitou que lle fixesen a crónica do seu título. Pois nada, se é así: de nada por sacarvos en prensa, a vós e aos vosos éxitos.
Polo demais, aínda que de risas, respondo respectuosamente: non sería a primeira vez que che gaño os dous partidos e perdo a liga. Nin sería tampouco a segunda. E non sei se a terceira. Incluso creo que sucedeu unha vez á inversa, non hai tanto. E mesmo o ano pasado gañei os dous partidos ao Torpedo, e tampouco me abondou. Isto todo dígoo en prol do absurdo e en contra do todopoderosismo de ser calculador. Ás veces só se suma máis porque si, independentemente de que se perdan as "grandes batallas estratéxicas".
Por outra banda, todos os partidos que xogamos eran importantes e decisivos, incluíndo finais. A min o 0-0 víñame guai nese partido, visto cómo se planteou. O único que non podía facer era perdelo. Non entro máis ao trapo, que enredo moito, mais: xa contabas que os partidos contra os Túzaros os ía xogar sen Justin? Porque se é así, elevo o ton das miñas louvas no artigo.
Que, por certo, semella que che pareceron poucas, estrañamente.
Polo demais, eu abondo fago, que quedei segundo na LPU. Outra vez. E ao final ata caeu un título. É dicir, que fago o que podo e me divirto.
Van Gaal, que di Shatskikh que non abonda, que co Shakhtar fixestes os mesmos puntos, si, pero que logo o chimpastes da KP e non ao Asalta. E que iso é agravio comparativo. Pero que, en calquera caso, a seguir por ese rumbo en anos vindeiros, que outros aínda son peores.
MAG, que di Marko que non, que non, que saúdos para ti.
je je je.
Entra o trapo, joder. Eu tratando de facer un punto pelota, ou mellor dito, un hostias como panes, e nada.
A ver, sendo sinceiro, o maior sorprendido de gañar a liga son eu. O meu favorito era o tuzaros. Unha vez mais, a sorte ducal fixo k justin non puidese entrenar o ekipo de reikiavic.
O titulo non foi outra cousa k unha mistura de importantes doses de sorte e aproveitar o cento dez por cento certos automatismos k controlo. O porcentaxe dun ou outro factor, cada ken k poña o numero k crea mais axeitado. Particularmente poria un cincuenta cincuenta.
Publicar un comentario