Por fin! O Xornal do Pobo non deixa de avanzar. Esta innovación coincide de xeito absolutamente casual cun período no que o Torpedo está a gañar un título grande cada ano. Premendo en "Datos históricos" poderase acceder ao palmarés histórico actualizado da WIFA, ademais do historial de todas as finais kopeiras, podios ligueiros, podios da tempada, recompilación de títulos e algúns datos máis.
Se non o podedes ver, lembrade que podedes facelo accedendo á conta wifapuntoinfo.
Ollo co que editamos neste arquivo. De boas a primeiras, é só para tocarlle levemente ao final de cada tempada.
Por certo, aínda faltan algúns equipos por meteren os seus individuais kopeiros no arquivo de WIFA-T23. Canto antes, por favor. Velaquí a ligazón á noticia que contén os datos.
.
2 comentarios:
Menudo curro, si señor. Moi bo traballo tio. Noraboa.
Danke. Desas cousas que estaban feitas pero non había xeito de publicar, ata agora.
Publicar un comentario