luns, 26 de marzo de 2012

O Pobo celebra a Kunka da tempada pasada e a eliminación do equipo este ano

Dalglish, que outra vez máis libra de marchar ao río.

O Torpedo fíxose coa Kunka da T24 por vez primeira. Na final ante o River, o amigo Neuer e Dalglish foron deerminantes. O escocés rematou con moita clase unha tempada moi frouxa no aspecto individual. "Xoguei fatal todo o ano, pero na final da Kunka non", dixo ós xornalistas.

Por outra banda o plantel está moi emocionado ó non ter que xogar xa ningún encontro das copas. "Caemos tanto na do Pollo coma na Kunka, así que podemos centrarnos la Liga."- Asanovic dixit- "Penso que podemos facer unha boa tempada. De momento a cousa non comezou mal. Das novas fichaxes, Malouda está aportando bastante e Schneider non. Un dos dous marchará o ano que ven. Aínda non decidín cal deles."

2 comentarios:

getxo dixo...

Viva o Torpedo. Magníficas novas. Pobre Malouda, é unha mágoa! Pero o Pobo é esixente!

duke dixo...

pobre malouda. Xa sabemos ken se vaimir. Se cundes, xa sbes o k che pasa no torpedo