luns, 30 de xaneiro de 2012

Crónica da xornada

Nos partidos desputados este venres, non sei o que pasou. Pero semella que algúns gañaron partidos e outros tiveron unha xornada algo peor, con certas doses de mala sorte das que deron cumprida queixa. Houbo algúns balóns ao poste que o equipo atacante considerou que deberían ter sido contados como goles, mentres o defensor opinou que tampouco foron tan claros e os esqueceu despois dun anaco. En varios partidos houbo mala sorte, con derrota para o quipo que tirou máis, ou máis por dentro, ou tivo máis posesión. O ambiente foi bo e a entrada, aceptable.

Lidera agora o Torpedo, que non fixo abondo para amañar a súa leve desvantaxe, pero si para conservar opcións. Ségueo o Shakhtar, polo de agora o mellor colocado, e tamén Asalta e Túzaros; estes últimos, malia amosárense algo irregulares, confirmaron favoritismo e entran no cuarteto que optará á LPU. O resto, non. O Ordem acabou, mellorando un pouco.



Na Kunka non pasou nada. Pero, na Kopa do Pollo, a súa competición preferida, os Túzaros arrasaron un grupo difícil e xa son o segundo semifinalista.

Por certo. Alguén levou para a súa publicación as putas follas das kopas da T23. Porque JODER XA.
.

4 comentarios:

analista dixo...

curioso, o lider e o unico dos catro aspirantes k non depende de si mesmo.
Shaktar, asalta e tuzaros, o teren partidos pendesntes entre si, non necesitan de terceiros para gañar.

Maksim Shatskikh dixo...

Si. Eu espero que Asalta e Túzaros empaten os seus dous partidos, que están moi igualados. Sería o máis xusto.

un fan do mirandes dixo...

por xustiza deportiva, o ekipo con menos presuposto, deberia gañar. VAMOS ASALTA

duke dixo...

ALÉ MIRANDÉS.