A unha vitoria estaba o Shakhtar de poñer as cousas clariñas de verdade, e a vitoria parece que era precisamente esa, no reino de Justin Bieber. Vencer aos Túzaros significaba deixalos a 10 puntos (con dous partidos menos os londinenses); ou igualar ao Torpedo con dous partidos de marxe para superalo. Ou deixar a 8 (con tres partidos) aos do Duke.
Bueno, o partido empezou máis ou menos, así coma quen, e nestas Llorrente ve a Larsson, total e tontamente libre de marca, e o sueco pica sobre Lloris e gol. O primeiro tempo transcorre tranquilo, domina o Shakhtar pero non chega. Incomodamente, nos derradeiros vinte minutos, os flordelotos reclaman o seu dereito a participar. O Shakhtar non está preparado para unha ofensiva tan guei e pasa un mal anaco co cu ben a cuberto. Iso si, non poden evitar encaixar o tanto do animal de Batistuta nun córner. Para alivio rusista, chega o descanso. O segundo tempo é outra cousa, e os non-canadianos saen xogando mellor, chegando máis que no primeiro tempo. Pero agora os ex-victorianos (isabelinos, agora? ou xustinianos?) xa se engancharon ao partido, así que vemos un xogo algo máis aberto. Ataca o Shakhtar e o espectacular centro tras boa xogada pola dereita, é rematado en chilena perfectamente ortodoxa por Fernando Llorente ao mesmísimo centro do poste. Ese era o 1-2 e, para quen o sabe, o Shakhtar xa comezou a perder. Moi poucos minutos despois, o 2-1 chega pero, cómo? Centro, cabezada ao pau... ah, pero esta vez o balón cae nos pés de Anelka, o eterno negro de aluguer londinense. Vai o Shakhtar a se render á alemana cando, de súpeto, un pase optimista pero espléndido de Nedved fende toda a zaga e chega a Larsson, que bate a Lloris. O partido está no aramio. En moi pouco tempo, Batistuta fará algunha animalada. Balón longo desde a esquerda, control orientado de espuela a un tempo que gaña por corpo ao defensa; entra na área polo límite esquerdo da mediaúa facendo unha diagonal cara fóra; ten que frear e xirar; lévalle un crto tempo, pero coloca ben o corpo para tapar a chgada de Gallas; e alí, no sitio, conecta un fungueirolo á escadra. Unha merda, a verdade. Ben puido non entrar. O Shakhtar busca o empate, pero non chega.
Total, partido interesante entre rivais directos e candidatos ao título. O Shakhtar non fixo un grande partido e iso é un problema no momento decisivo da tempada. Os Túzaros, ben, nun partido que era de vida ou morte para eles.
Nun plano teórico, a cousa está tremendamente igualada, arriba:
O Campión, o Torpedo, lidera, con 31/16 e 1,94 puntos por partido. Este resultado reavivou ben as súas opcións.
O Shakhtar (28/14) e o Túzaros (24/12) puxéronse agora en media inglesa.
Un chisco máis abaixo, o Asalta (23/12), que leva 1,92 puntos por partido, en empate técnico co líder.
O resto van camiño de ficar ben lonxe.
.
7 comentarios:
asi, asi, todos ben xuntiños. Non recordo un final de tempada con catro equipos en so oito decimas de puntos por partido.
Moito ollo as diferenzas de goles que poden ser determinantes, non so para determinar o gañador, senon para segundo, tercer e cuarto posto, k valen pasta.
Merda de diferenza de goles. Isto nos pasa por ver ao Werder nos ratos de lecer.
por certo, acabo de mirar os cruces entre equipos e o meu equipo pode convertirse en xuiz da liga.
O túzaros, Torpedo e Shaktar non teñen xa partidos entre si.
Nembargantes o Asalta quédalle un partido co Shaktar, outro co Torpedo e os dous co Túzaros.
Os integrantes do equipo madrileño non contan, debido o duro calendario que lles keda, con quedar campión. Nembargantes xa foron mercar unha toga, xa que, dependendo dos seus resultados, darán ou quitarán o título a algún equipo
Non. O campión, sexa quen sexa, conseguirá o título el so.
Incluído o caso de que sexa Asaltacunas, opción que agora mesmo considero do 25%.
getxo, e unha forma de falar. Para k eu lle de un titulo a alguen implicaria k me deixase gañar, e iso, evidentemente, non o vou facer.
Cando me refiro a k serei xuiz, refirome non tanto o k faga eu, senon o k fagan os demais.
O k keira gañar, non debe pinchar contra o asalta. Se un pincha e os outros non, terá moito perdido, ainda k non todo
Xa home, xa o sei. Que era só por foder!
Publicar un comentario