xoves, 5 de xaneiro de 2012

O Campión apreta cara a reválida

Quen o ía dicir: o Torpedo pensa en revalidar a LPU, algo que só logrou Asaltacunas na historia da WIFA. Nun duelo importante para a resolución do campionato, o Estadio do Pobo recibía a visita do líder invicto e... amiguiños! Qué partido fixeron os nosos! Na primeira saída da área propia, xogada de libro: Klose garrinchea e centra de zurda coa súa característica precisión para a cabezada inapelable de Modric. Na segunda -e última- saída da área, xa no segundo tempo, velocísima contra conducida por Ballack e o disparo do artista é desviado a córner por Zubizarreta. O resto do partido foi de claro dominio defensivo do Torpedo, fronte a un Shakhtar que apenas conseguiu rematar 10 veces a gol e, como moito, 8 delas con perigo. Os non-canadianos saíron do campo algo frustrados pola súa inferioridade e, froito desta frustración, puideron escoitarse consignas preparadas no vestiario como "manda carallo", "vaia atraco" e mesmo "menuda merda de xogo", en clara referenza ao propio, supoñemos. Matrícula de honra para os nosos, que despois aínda venceron ao MAG e lideran virtualmente a clasificación con 2,25 puntos por partido (18/8). A liga parece en desputa só con Shakhtar (19/10), Asalta (14/7) e Túzaros (12/6) en espera do agardado debut do Pollo.
.

5 comentarios:

Comandante dixo...

Cona, e logo xa xogastes? Mañá vai haber lio ou que?
Fai tanto que non vou xogar que xa non sei si saberei.

manolo lama dixo...

se vai haber partida maña, k sexa cerquiña. O duke anda un poukiño frustrado xa k primeiro lle petou o ordenador (pero ben petado) despois de k tras probar un simulador de futbol mascherano marcase un gol (si k son aparatos intelixentes, si).
E segundo, k confundido e contrariado polo anterior, o dia seguinte, non se decatara dunha boca de desague moi ben oculta tras un charquiño de auga, e esnaquizara o tobillo.

Moi bo inicio de ano por parte do duke, asi k aproveiten os k poidan maña para k o presi madrileño siga maldicindo este recen estreado 2012.

getxo dixo...

Pois si, meu, bo inicio de ano! Que mellores!

Rapajk dixo...

Parabéns ó duque polo seu comezo de ano!

Grande crónica, moi atinada.

duke dixo...

pois si k e perigoso o torpedo. Para tentar igualar o asalta ten un plan moi bo. Copiar o "dominio defensivo” que tanto caracterizaba o meu equipo.
K llo pregunten o polo na semifinal de kopa da tempada pasada