mércores, 28 de abril de 2010

INFORMACIÓN ÚTIL PARA DRAFT


O Rif pasou de 8º a 5º e rematará entre 4º, se adianta aos Tuzaros e 6º se perde co MAG o único partido que queda desta LPU -que ademais é rúblico, só para os locais de Selassie-. O Pollo confirmouse como único equipo non competitivo desta liga. Que fará na vindeira? Polo de agora, os 4 equipos mencionados poden arranxar o ano cun trunfo na prestixiosa Kopa.

Unha Kopa con este cadro: Pollo-Tuzaros, gañador-MAG, gañador-Rif.

Se pasa o Pollo non haberá máis duelos rúblicos na Kopa, exceptuando o coñecido rublo en xogo na final. Se pasa o Tuzaros, todo o que siga será rúblico, se ben un hipotético MAG-Rif só o sería para os de Chaoui.

As apostas pola Kopa están así:

polo Rif: Asalta (1); Babudos (0'5); Rif (0'5); Tuzaros (0'5); Ordem (0'5)
polo Tuzaros: Shakhtar (1)
polo MAG: MAG (0'5)

Se con todo isto son quen de calcularen os posibles valores finais dos seus equipos, pronto se dará a saída para o draft. Váiano mandando.
.

4 comentarios:

o que manda dixo...

eu xa mandei o meu fun o primeiro

getxo dixo...

Esa ilóxica resultou demasiado lóxica. Alguén está suplantando ao Presidente?

o que manda dixo...

bueno si eso esta de moda o de suplantar pero son o que te o poder como dixen eu xa o enviei haber si vamos os demais acabando para poder empezar canto antes.

getxo dixo...

Ah. Pois parabéns, esta vez liáchesme. E por certo, vas vir esta semana?