Os combativos rapaces de Clemente acadan os seus primeiros torneos con suor e achéganse á KP15
Nunha serie de triangulares entre os filiais de Torpedo, Shakhtar e Ordem, os Durrutinhos de Javi Clemente confirmaron os bos signos ofrecidos nas primeiras xornadas e confirmaron tamén unha progresión baseada no fútbol ofensivo tradicional do vasco e nunha combatividade da que se botou a faltar durante moitas tempadas en Montreal. Sen dar nunca nada por perdido acadaron a vitoria en 2 triangulares e a 2ª praza noutro, tendo confirmada tamén unha das 2 primeiras prazas no Torneo Sandor Kocsis, que continuaba en desputa ao peche desta edición. Completan así 6 torneos consecutivos sen ceder puntos. Se finalmente foron gañadores tamén nese, agora estarían a compartir liderato cos Trastes, con 3 puntos. De seren segundos, compartirían candidatura co Rif, con 2. Aduriz e Nihat foron efectivos e omnipresentes -a destacar a elevada disponibilidade do turco, algo inusual- pero Semak, inmenso no pase, ou Jovetic, Bilyaletdinho, Fletcher, Evra, Gilberto e Chygrynskyi fixeron tamén importantes aportacións ofensivas. Tymoschyuk, Toraman e Akinfeev, moi correctos atrás, como tamén Rusol e Ocio cando lles tocou saír. Mesmo Iraizoz e Llorente foron correctos nos seus minutos e Miralem Pjanic estivo prudentemente inédito. Aliiev, moi destacado noutras ocasións, estivo levemente apagado e o adestrador terá traballo para recuperar o peso dun dos estandartes do equipo. O xogo dos Durrutinhos, como acontece a outros filiais, comeza a resultar inspirador para o primeiro equipo. O Torpedo Be gañou un torneo cando menos e os Patacas Novas loitaron sen moita sorte, pero case sempre en partidos moi igualados. A competición pitufa arde e ninguén vai regalar nada, pois entramos no tramo final e o premio para o gañador é gordo.
.
3 comentarios:
Noraboa aos Durrutinhos. Parece que a cousa dos filiais anda animada. Boas novas para a WIFA.
Por certo.....A VER ESES INDIVIDUAIS.......Quen falta por mandar os seus? O Puto RIF? jejejeje.....o RIF é coma Telefónica......SIEMPRE JODIENDO, jajajaja.
que que pasou no último torneo!!! o público quere saber
creo que os individuais si podemos colgalos
respecto dos pitufos, sei que h anda a mil rollos e será o último no que pense, pero se pode publicar resultados ou cando menos puntuacións derivadas deses torneos, poderase publicar o estado actual das cousas pitufas
gracias
Publicar un comentario