
A clasificación económica contempla xa a influencia das apostas ao título de liga e as dos que apostaron polos Babudos na KP.Xa saben que o Asalta é campión de liga, o Shakhtar segundo e o Babudos 3º, entrando ao podio por primeira vez. Moito terá que loitar quen queira a 4ª praza dos Tuzaros. A orde dos postos de cola está por estabelecer, e aínda pode haber certa emoción e revoltas na loita por escapar do posto de "Cu da LPU" desta tempada.
O estado de individuais actualizarase tan pronto como teñamos os datos de Ordem e Rif.
Precisamente o Rif agarda rival na final da Kopa e o MAG nas semifinais a quen sairá do duelo Tuzaros-Pollo. Na Kopa do Ídem, o Shakhtar espera na final do torneo a Asaltacunas ou MAG, único equipo vivo nos dous torneos kopeiros e actual campión da Kopa.
Regulamento
Tras varias conversas sobre o regulamento da liga de pitufos e o asunto de canteiráns, chegouse aos seguintes puntos, por decidir:
1. Posibilidade de ascenso dun equipo pitufo. Isto non relegaría a un equipo A á competición pitufa o primeiro ano. O segundo ano, subiría o novo campión pitufo e baixaría o colista da LPU.
Comentario da secretaría: tras matinar un rato no asunto con axuda dun taquígrafo e moito esforzo, a secretaría detectou os seguintes problemas obvios mesmo para un neno de 5 anos. Así que vaian traendo un:
- A LPU convertiríase nun auténtico curro para o dono do equipo pitufo na LPU.
- No improbable caso de que un equipo LPU baixase, as consecuencias serían espantosas. Aínda que lle fose emprestado ao seu adestrador un equipo pitufo, a súa tempada había ser un auténtico tedio, goleando á desesperada na liga pitufa e sendo vapuleado na LPU ao cargo dun equipo que nin lle vai nin lle vén.
- Outros.
Non: MAG, Shakhtar, Torpedo
2. Como alternativa ao anterior presentouse a seguinte proposta: todos os equipos pitufos participarán na Kopa, engrandecendo brutalmente a competición. Os filiais non poderán coincidir cos seus matrices até os cuartos de final. Polo demais, sorteo aberto. Ademais, o campión da competición pitufa participará tamén na Kopa do Pollo.
Comentario da secretaría: mellor; menos lioso, moi interesante e con premio para o mellor dos pitufos. Ofrece a mesma vantaxe que o outro sistema, fusionar a todos os equipos en competicións oficiais e posibilidade de humillar aos colegas e elimina as desvantaxes.
Si: MAG, Shakhtar, Torpedo
3. Canteiráns. Os canteiráns custarán 6 rublos e os noventas serán máis caros, como se anunciara con anterioridade. Ademais, serán sacados a maiores do plantel (18+1, por exemplo). Poderán xogar tantos partidos como se queira co primeiro equipo. Máis partidos co primeiro equipo incrementan a posibilidade de suba rápida. Os partidos nas Kopas contarán como partidos de primeiro equipo aínda que se desputen cos pitufos. Estas son liñas xerais, pero aínda está por concretar algún aspecto.
Si: MAG, Shakhtar
Abstención: Torpedo
Opinen.
Curiosidades
Debido aos méritos propios e á crecente igualdade na WIFA, o histórico Gloria y Honor vén de se converter no equipo con mellor ratio 'goles en prol/goles en contra' da historia da LPU, non así da WIFA no seu conxunto. Ben polos do Sir.
O Asaltacunas FC destácase no alto do palmarés gracias ás súas 5 ligas fronte a 3, 2, 1, 1, 1, 1 dos seus rivais, e isto malia que non é máis que 4º en puntos por partido, tanto na LPU como como no conxunto de competicións da WIFA, tras Shakhtar, Clash e Rif. Os do Duque amosan unha irregular regulariedade de difícil comparación.
Parabéns aos Trastes Babudos pola vitoria no I Torneo Pequerrechos, torneo inaugural das competicións pitufas. O equipo con peores números históricos da WIFA ten o filial con mellores números históricos da WIFA.
.
3 comentarios:
NON ao ascenso, SI á partipación dos pitufos na Kopa e ABSTENCION para o tema dos canteiráns.
A VER ESES INDIVIDUAIS.......
A VER...
Publicar un comentario