venres, 5 de febreiro de 2010

Parisano Clash contra o Imposible

Os escoceses dos 7 títulos teñen ante si o grande reto, o reto da Vitoria Suma. Serán sete partidos nos que non poden conceder un simple empate. Sete partidos para facer máis puntos dos que levan até agora. Sete partidos para facer tremer ao Rif. O Rif, dominador absoluto da tempada ligueira até agora. O Rif veloz, o Rif rotundo. O Rif que agarda agachado, como unha das sete pedras do camiño, para rematar o seu fenomenal traballo da tempada. Porque diso se trata, para ambos. De lograr a Segunda LPU para o seu palmarés. De ascender cara o cumio do dominio histórico. E os rifantes de Chaoui, o equipo máis xove da WIFA, poderían estar tranquilos se non fose porque o rival son os tolos de Caldback, eses que, unha vez, e cun so negro, fixeron 50 puntos en 20 partidos. Desfruten do espectáculo.


KOPA

E tamén hoxe, o máis lendario trofeo, a Kopa, que conta con só 4 campións ao longo dos tempos, coñecerá ao seu primeiro finalista da súa 13ª edición. MAG, Clash, Tuzaros e Asalta pelexarán por esta honra, mentres outro deles coñecerá o premio menor de agardar nas semifinais ao vencedor do Shakhtar-Pollo.
.

1 comentario:

Comandante dixo...

Datos dos babudos da derradeira xornada (perdón polo retraso)Todos de Liga:
- Garrincha: 1 asistencia
- M. laudrup: 1 Gol
- Riera: 1 Gol