venres, 23 de maio de 2025

Sorpresa no Draft de inverno - Dzajic entra coma adestrador, volta Dalglish e Pelé ao río

 

 (Redacción)

 

 O Comité Para Ver Como Melloramos No Clausura (C.P.V.C.M.N.C) decidiu no derradeiro intre do Draft mandar todo á merda e que facía falta un novo dianteiro. Con ese xogador, chega Dragan Dzajic, capitán histórico do clube, que adestrará ao equipo balcánico. Mitea voltará ao equipo médico e Boniek seguirá correndo polo terreo do xogo.

Sen máis temos aquí ao novo dianteiro do Torpedo... "Sir"  Kenny Dalsligh! 

 

Sr. Dalglish, non foi sen tempo!

Ah... non hai coma o fogar, sabe? Aínda que no río tratábanme ben un sempre pensa en voltar.

 

Pero esta vez non contaba...

Non, a media tempada, é raro, pero xa son da casa e sei como van estas cousas. Igual o ano que vén estou no río de volta. E punto. Lembro que xogadores coma Amauri no seu momento non levaban ben a presión pero eu... balóns rasos e listo

 

E que opina de Pelé? Porque o que parece é que o problema non era el.

Señores, isto é o Torpedo, o problema SEMPRE é o dianteiro. Vino no aeroporto, falaba con Falçao "Pero joder, que non fixen nada malo, se ata gañamos unha liga!".

 

Falçao? Falouse de que ía vir neste draft

Non sei, estaba co de aduanas dicindo que tiña todo en regra pero non o deixaron pasar. Cousas dalgún comité, supoño. Fíxenlle un aceno pero non me viu. Estaba cabreado, lembroume ao meu avó. Tamén se cabrea.

 

É do Aberdeen, non é?

Si, e sempre me anda a marear con que me vendín cando marchei a Inglaterra a xogar... Estivo no caldeiro. Non lle faga moito caso, quedou un pouco traumado.

 

Preparado para ser criticado dende o primeiro minuto?

Pois si, claro, isto é Zagreb!

 

 


 "Home, home again. I like to be here when I can..."

 

 

1 comentario:

Comandante dixo...

Grande Kenny. Por fin or Torpedo ficha un dianteiro de garantías......