luns, 19 de maio de 2025

O Torpedo, campión da Kopa do Pollo T33

 

(Redacción)

 

 O equipo do pobo está de volta. Tras un decepcionante Apertura, volta polos vieiros da vitoria, esta vez na KP.

 

Un bo disparo de Prso no primeiro tempo, forte e cruzado, fixo inútiles os esforzos  de Isaksson para detelo. O encontro estaba moi igualado, e o Pollo non tardou en empatar por medio de Brolin, a pase dun defenestrado Ljunberg.

 

Moita tensión, con ocasións claras para ambos bandos, entre elas un man a man do Polaco e un disparo de Brolin que de milagre non remataron no fondo da rede.

 

Finalmente, Klasnic fixo unha condución por riba da liña de fondo, tras chegar a un balón no que só el tivo fe. Pase ao punto de penalti, onde Boniek fusilou a Isaksson para traer a Kopa para Zagreb.

 

 

 
O Pobo

 

 

 Platini, capitán do River, felicita a Boniek polo título na sala de trofeos do Torpedo

 

 

 

2 comentarios:

Comandante dixo...

Parabens ao campión

Mitea dixo...

Hvala! dende Zagreb