Monte Alto, Redacción
O comité de competición LPU decidiu afastar cautelarmente o MAG da competición debido os indicios de adulteración de callos, ante a indignación da directiva da Asociación de Veciños e do resto de presidentes da WIFA.
Os avogados do MAG expuxeron que se trata dun erro e exixiron un novo análisis independiente das mostras apañadas por anti-dopaxe. Pola sua banda anti-dopaxe declarou que investigará posibles erros no protocolo de recollida de mostras, a petición dos expertos do Babudos.
Na mentres, o Darwin United será o elixido para substituir o MAG no clausura da T32.
Os de Cubillas, procedentes da Liga River, terán que dar un salto de nivel para enfrontarse os clásicos da LPU.
O Presidente da Asociación de Veciños expresou a sua esperanza de arranxar este enredo canto antes e apunto a posibilidade de "participar na Kunka T32. Seguimos traballando en preparar os Kinitos e o primeiro plantel para a Kunka. Temos moi boa relación ca directiva do Darwin e veremos a que acordos poderemos chegar para non perxudicalos."
1 comentario:
Lamentable. Moi lamentable. Pobre Pituco. Vádelo matar nunha destas.
Publicar un comentario