Camilo Cenlumes (Sierra Maestra)
Como o leen. A Besta Parda pide tempo. George Weah solicitou ao Comité de Xestión de Contractos e Recursos Humans poder tomarse un tempo para solucionar uns temas en Liberia.
Seica ten que arranxar uns papeis en Monrovia. Unha cousa que en calquera pais debería solucionarse en dez minutos pero que en Liberia, entre chegar, encher, arranxar e demáis, pode levar alomenos a duración do Clausura da T32.
Dende o clube so podemos desexarlle a George boa viaxe e que lle sexa leve.
Para xogar no seu lugar, o Comandante chamou a un rapaz arxentino, un tal Diego, que disque xoga bastante ben. Agardemos a ver que tal sae a cousa.


1 comentario:
Estabas tardando, non sei porque o pibe de ouro, non estivera xa enrolado na revolución.
Publicar un comentario