(Redacción)
Chega quentiño o informe dende Monte Alto. Sen máis, velaquí está.
Xornal do Pobo (Zagreb). As novas do noso clube, o Torpedo Zagreb, e tamén dos seus rivais. Tódalas novas da WIFA.
Monte Alto, Redacción
Segundo informou unha persoa cercana o Darwin United, Cubillas e outros dous xogadores do Darwin United poderían ter firmado un preacordo co MAG, co beneplacito do presidente do equipo austral, para incorporarse o MAG no caso de que este sexa exculpado e lle permitan participar na Kunka T32.
A cantidade acordada para o traspaso seria unha "cifra astronómica", que permitiría o Darwin mellorar o seu hospital para cocodrilos e unha "Escola de Infantil de Supervivencia en Ambientes Altamente Hostis".
A directiva do MAG non quixo confirmar a nova, pero aseguraron que están a traballar para preprarar o regreso do MAG, ben sea na Kunka ou na T33, e que todo se fará segundo as normas da WIFA e o sentido común.
El Chino Richi, Darwin, Enviado.
O equipo Australiano recibiu malleira tras malleira no seu estreo na LPU, deixando as claras que esta lonxe de ser o equipo top que se espera dos equipos da LPU.
Varios siareiros do resto de equipos da LPU expresaron a saida dos partido que "preferimos mallar no MAG", e dubidaron que houbese adulteración callil, "seguro que os deixaron fora da neveira" afirmou unha señora nas portas do Oza Park de Mälmo.
Os de Cubillas non foron quen de defender as arroladas do Pollo FC, levando sendas malleiras, ainda que lograron recompoñerse fronte a Torpedo e Babudos aguantando algo máis e incluso empatando a 0-0 con Torpedo, nun resultado que adiantou a victotoria do Pollo no clausura, e perdendo pola mínima contra o Babudos.
A falta de unha xornada para o fin do clausura, anti-dopaxe autorizou a analise por laboratorios independientes das mostras presuntamente adulteradas, polo que crece a incertidumbre de se o MAG podería reincorporarse a LPU e incluso xogar a Kunka, ante o clamor popular.
Ó respecto disto, Xurxo, presidente da Asociación de Veciños afirmou que faran todo o posible por devolver o MAG a LPU e que NUNCA MÁIS a abandone.
Monte Alto, Redacción
O comité de competición LPU decidiu afastar cautelarmente o MAG da competición debido os indicios de adulteración de callos, ante a indignación da directiva da Asociación de Veciños e do resto de presidentes da WIFA.
Os avogados do MAG expuxeron que se trata dun erro e exixiron un novo análisis independiente das mostras apañadas por anti-dopaxe. Pola sua banda anti-dopaxe declarou que investigará posibles erros no protocolo de recollida de mostras, a petición dos expertos do Babudos.
Na mentres, o Darwin United será o elixido para substituir o MAG no clausura da T32.
Os de Cubillas, procedentes da Liga River, terán que dar un salto de nivel para enfrontarse os clásicos da LPU.
O Presidente da Asociación de Veciños expresou a sua esperanza de arranxar este enredo canto antes e apunto a posibilidade de "participar na Kunka T32. Seguimos traballando en preparar os Kinitos e o primeiro plantel para a Kunka. Temos moi boa relación ca directiva do Darwin e veremos a que acordos poderemos chegar para non perxudicalos."
Camilo Cenlumes (Sierra Maestra)
Como o leen. A Besta Parda pide tempo. George Weah solicitou ao Comité de Xestión de Contractos e Recursos Humans poder tomarse un tempo para solucionar uns temas en Liberia.
Seica ten que arranxar uns papeis en Monrovia. Unha cousa que en calquera pais debería solucionarse en dez minutos pero que en Liberia, entre chegar, encher, arranxar e demáis, pode levar alomenos a duración do Clausura da T32.
Dende o clube so podemos desexarlle a George boa viaxe e que lle sexa leve.
Para xogar no seu lugar, o Comandante chamou a un rapaz arxentino, un tal Diego, que disque xoga bastante ben. Agardemos a ver que tal sae a cousa.
(Redacción)
Desputada vitoria do Torpedo, na que houbo que recurrir á diferenza de goles co Pollo AFC.
(Redacción)
Tras unha existosa cesión en Malmö, Jair volta para Zagreb. "Vai muito frío alá" dixo nada máis desembarcar. Lamentou a marcha de Sócrates "E que é moi bo, nalgún momento voltará. Entendo que se ten exames non pode xogar, pero cando aprobe todo...".
Popescu marcha polo río abaixo, tras unha fonda decepción. Un fracaso da dirección deportiva. "Menudo matao" asegurou o DD e adestrador, Mitea.
Jair, coa camisola do Pollo AFC no Torneo Apertura
(Redacción)
O Torpedo Zagreb vén de gañar o Torneo Apertura da WIFA. Outra vitoria máis para os croatas, nun final moi desputado co Pollo AFC. A diferenza de goles foi decisiva, e seguramente o 3-1 fronte aos suecos o mellor e máis importante encontro para O Pobo.
Boniek "Ese Polaco" "O Roxo", o noso capitán, expresou a súa ledicia "A rañala o capital". Asimesmo, amosouse encantado cos trofeus Shevsebio gañado por Pelé e o Dzajic gañado por Klasnic: "Boa dupla de ataque... Durará? Isto é o Torpedo. Nunca se sabe. E eu no mediocampo estouvos moi ben".